• O programa de TV Hundidos buscando o HMS Serpent en Camariñas

    O programa de televisión "Hundidos" do canle estatal La 2 estivo grabando hai cousa dunhas semanas unha reportaxe na que uns aguerridos buceadores trataban de atopar os restos do lexendario HMS Serpent afundido na noite do 10 de novembro de 1890 nos baixos da Punta do Boi. Para elo os protagonistas deste novo programa contaban coa inestimable colaboración do noso querido amigo Toñito de Chuca, experto percebeiro e buceador que indicou con datos casi quirúrxicos aos buceadores onde podían encontrarse os restos do malogrado buque escola da Royal Navy. Así, con estas indicacións, os mergulladores do programa foron caseque directamente á zona sinalada por Toñito e non tardaron moito en grabar o que consideraron os posibles restos do HMS Serpent, o naufraxio máis terrible da historia da Costa da Morte e que dou o nome a esta milenaria terra.

  • A serie Matalobos visita Camariñas

    Vivimos a gran era das series. Diferentes títulos que abraian por unha pasmosa calidade que se manten inalterable ao longo de varias tempadas, que se suceden sen solución de continuidade e que rivalizan e incluso superan ás películas. Esto, como todo o demáis, iniciouse nos Estados Unidos de América: a maiores das pioneiras de finais dos oitenta e principios dos noventa (The Simpsons, Futurama, Seinfeld, etc...), nos últimos tempos coparon as pantallas unha pléiade de series dunha calidade virtuosa: a das derrotadas peripecias do ex-beisbolista profesional Kenny Powers en "De Culo y Cuesta Abajo"; as da implacable xungla dos tempos da Lei Seca de "Boardwalk Empire", dirixida polo mesmísimo Scorsese; "Mad Men", na que o actor Jon Hamm recreou unha persoaxe digna de pasar á historia, o Don Draper das axencias americanas de publicidade dos anos 60 cas súas palmadas no cu das empregadas e o seu machismo desbocado; a aclamada "The Wire" segundo moitos a mellor da historia; a populosa "Game Of Thrones" e en xeral calqueira xoia ca que a cadea HBO ten a ben deleitarnos cada pouco tempo. Así poderíamos seguir cuns cantos títulos máis.
  • Dúas camariñanas no programa de televisión "Malas Pulgas"

    O pasado venres 28 de setembro de 2012 o programa de televisión presentado polo educador canino Borja Capponi "Malas Pulgas" emitido por Cuatro e adicado ao mundo dos cadelos tivo como protagonistas de excepción a dúas camariñanas: Isabel e Marina Campaña Blanco. Dende hai anos Isabel  é socia activa dunha das principais protectoras de animais madrileñas polo que que habitualmente a súa casa se convirte en fogar adoptivo temporal para aqueles cadeliños abandoados aos que se lle está a buscar uns donos definitivos e que por diversas razóns non poden vivir no Centro de Acollida. Un deles fui no seu día un canciño impertinente e ladrador que se chamaba Bénder e que por misterios do destino rematou como redactor de Camarinas.eu e outra fui a protagonista da edición de Malas Pulgas en cuestión: Pitita.