• JM Souto na Rúa dos Viños de New York: Stone Street

    Case tan antiga como aquel muro de madeira e terra construido polos holandeses cando a cidade aínda se chamaba Nueva Amsterdam, érguese nun recuncho de Manhattan Stone Street. Un anaco de historia enclavado no principal centro financieiro do mundo e que cando é chegada a hora, por moi estrano que poida parecer, convértese á semellanza de calqueira rúa do noso país nun concurrida zona de terrazas coa única peculiaridade de que chiquiteros e demáis ralea hispana son substituidos aquí por brokers e altos executivos das firmas que dirixen o mundo. E postos a imaxinar, un pensa en Don Draper, Bertram Cooper, Roger Sterling, Pete Campbell..., os principais creativos da empresa de publicidade Sterling Cooper, aos que previamente algunha das sufridas e manoseadas secretarias da firma gardaran as mesas, fumar, beber e rirse con chistes machistas naquela tan ben evocada New York dos anos sesenta ¿Alguén pode citar algún episodio da Serie Mad Men ambientado en Stone Street? O broker porteño e corresponsal de Camarinas.eu nos USA, José Manuel Souto Bello, fiel á súa cita periódica ca web do seu concello, escribe un novo e impresionante artigo sobre unha das principais rúas da gran capital do planeta.