A violencia de xénero e os seus perigos sempre estiveron aí, pero nos últimos anos os datos están a ser cada vez máis preocupantes. Pensar que na pasada corentena (14 de Marzo a 15 de Maio do 2020) un total de 18.700 mulleres foron atendidas mediante o número de teléfono especial dispoñible para estes casos ou mediante consulta vía correo electrónico, segundo Noemí López Trujillo para Newtral.es. A situación empeora na xente nova, naquela que supostamente debería mellorar. Durante o 2019 as denuncias por violencia de xénero nos menores de 18 anos aumentou un 21,4% segundo o INE (Instituto Nacional de Estatística) elevando o número de rapazas afectadas até o 1,5 de cada 1.000.
Por todo isto é cada vez máis imprescindible atallar o problema dende a educación e crear espazos que inculquen os valores da igualdade de xénero nos máis novos para solucionar o problema. Con este propósito nacen no Concello de Camariñas unha serie de actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos centros educativos e que se levarán a cabo durante este mes de Marzo que está a piques de dar comezo.
A primeira delas será a campaña “A Biblioteca Violeta”. Nela, dende a biblioteca municipal, realizarase unha selección de libros, manuais e materiais audiovisuais que tratan e educan en materia de igualdade. Estes resumiranse nun folleto que será repartido entre todo o alumnado do concello.
Nos centros de educación infantil e primaria propoñerase unha adaptación do conto “A Ratiña Presumida”. Nel trátanse temas como as relacións saudables, o amor propio e a igualdade de xénero a través dunha narración cun formato similar ao da fábula. Outra das actividades será o obradoiro de ilustración “O Lapis Violeta”. Destinado ao alumnado de 5º e 6º de primaria terá lugar nos días 5 e 12 de Marzo e nel afondarán nos valores e fundamentos da igualdade de xénero a través do debuxo. Unha vez rematado o obradoiro levarase a cabo unha exposición virtual co traballo desenrolado polos alumnos participantes.
Por último, se as condición climatolóxicas o permiten, o día 8 de Marzo presentarase no CEIP Ponte do Porto un mural en homenaxe a todas as mulleres. Con el irá tamén un vídeo onde os artistas encargados de pintalo explican o proceso de deseño e elaboración, así como os medios cos que contaron para levalo a cabo.
Estas actividades serán maioritariamente de carácter virtual para manter a seguridade dos seus participantes fronte a situación sanitaria actual.
O Concello de Camariñas celebrará este ano o “Concurso de disfraces de entroido de Camariñas”, un certame de modalidade telemática con máis de 1.600 euros en premios en forma de vales para consumir en establecementos da vila. Deste xeito búscase dinamizar e promover a economía dos comercios locais, un sector especialmente afectado polas consecuencias da COVID-19.
Segue Radio Nordés Cadena Ser a interesarse polo proxecto "Eu son Camariñas" adicando entrevistas semanais a algúns dos artistas camariñáns que forman parte do elenco deste video clip. E seguen os seus protagonistas a desvelar con contagotas algunhas das claves deste traballo que sairá proximamente á luz. e hai un par de semana o que atendía a chamada de Radio Nordés era o gaiteiro xaviñán David Carril, este xoves 14 de marzo o encargado de manter o suspense nas ondas radiofónicas da Costa da Morte era Fran Barcia, o virtuoso acordeonista camariñán que, xunto a seu irmán Carlos, representan á parroquia de Camariñas neste proxecto audiovisual. Fran contáballe a Josiño de Radio Nordés algunhas das claves do video que se está a preparar, pero sen dar moitas máis pistas e mantendo a incertidume sobre este sorprendente traballo audiovisual. E nos dende aquí seguimos con esta tensión de saber algo máis deste proxecto audiovisual que ten a todo o Concello de Camariñas sumido nunha profunda intriga.
Poucas veces se víu a todas as parroquias do concello de Camariñas revolucionadas de tal maneira como na mañá deste luns 11 de marzo. O motivo de tal sobresalto popular non era outro que o regreso das grabacións dun proxecto que marcará un antes e un despois na promoción do concello. Os integrantes do equipo de producción do proxecto audiovisiual "Eu son Camariñas" comezaban moi cedo as labouras dixitais que veñen a poñer o broche final a esta serie de grabacións que se sucederon ao longo de todo o concello. Entre os protagonistas desta historia que está chamada a quedar xa na memoria colectiva de todos os veciños do consistorio tivemos a oportunidade de rexistrar nas súas cámaras a esencia de todo o mellor que este gran concello e as súas xentes teñen para ofrecer: houbo dinámicas empresas de diferentes sectores, profesionais dos ámbitos máis caracterísiticos da nosa terra, emprendedoras do sector textil, as paisaxes máis impresionantes, as nosas máis representativas artesás, deportes e un largo etcétera que tivo o seu cumio na tarde cando se deron cita na lexendaria praia de Area Longa en Reira preto de un cento de nenos e nenas das diferentes escolas deportivas do Concello de Camariñas. Porque eso foi o máis emocionante para un redactor que a presente subscribe, ver a alegría e a ilusión que este proxecto provoca nos máis pequenos que ven como a súa terra, o seu fogar, e sobretodo eles mesmos son os protagonistas da historia que lles marcará para sempre. #EuSonCamariñas
O Concello de Camariñas deseñou un completo programa de actividades para o Entroido. O acto central será outro ano máis o Concurso de Comparsas, que se celebrará o luns, 4 de marzo, e que nesta edición aumenta a contía dos seus premios repartindo 2.800 euros en total. No certame poderán participar as 12 primeiras comparsas que se inscriban no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica. As restantes quedarán nunha lista de reserva. O prazo está aberto desde mañá, 19 de febreiro, ata o vindeiro xoves, 28 de febreiro, e as comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 10 persoas.
Páxina 1 de 2