• Camariñas desenvolverá actividades para fomentar a Igualdade de cara ao Día da Muller

    A área de Igualdade do Concello de Camariñas, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller que terá lugar o 8 de marzo, levará a cabo durante o mes de febreiro unha serie de actividades para fomentar a igualdade dirixidas aos estudantes do municipio.

  • Camariñas tínguese de negro contra as violencias

    O Concello de Camariñas súmase un ano máis a campaña ‘En Negro contra a violencia’, e tinguirá o municipio de negro para tratar de concienciar e erradicar da sociedade a lacra da violencia de xénero, polo ‘Día Internacional Contra a Violencia de Xénero’ do 25 de novembro. Neste ano a campaña está centrada nos establecementos hostaleiros do municipio, que están a tinguir os seus espazos de negro coa cartelería aportada polo Concello. Por outra banda, este venres 23 de novembro, o Concello de Camariñas levará a cabo unha manifestación en cada centro educativo da contorna. Ás 11:00 da mañá terá lugar no CEIP Ponte do Porto, ás 12:45 no IES Plurilingüe Pedra da Aguia e finalmente no CEIP O Areal ás 13:30.
  • A oficina OMIX ao servizo da xuventude de Camariñas

    Moitos de nos descoñecíamos da existencia da Oficina Municipal de Información Xuvenil,  OMIX, do Concello de Camariñas. Este importante servizo que o concello ofrece aos xoves camariñáns vai a solicitar toda unha serie de interesantes obradoiros dentro da amplia oferta formativa da Dirección Xeral de Xuventude:
  • Desfiles da Mostra do Encaixe 2012

    A pasarela privilexiada de desfiles de modelos da Mostra do Encaixe voltou caracterizarse na edición do 2012 polos seus cheos apabullantes. Un sold out continuo que permitía albiscar unha e outra vez visitantes apoiados nas paredes da sala de desfiles ante a imposibilidade de facerse cun so asento baleiro. O mellor do panorama estilístico galego expoñendo as súas máis preciadas confeccións nun escaparate mediático de luxo. A impresionante procesión de belezas habituais que por unha semana fan var a imaxinación de adolescentes. E como aportación particular da edición vicuaxésimo segunda do máis importante certame encaixeiro a nivel mundial tres rapazas autóctonas, as camariñanas Sara e Amelia e a porteña Jessica, que a base de gracia, beleza e unha profesionalidade cáseque innata se fixeron dende o primeiro día ca pasarela e abraiaron ao numeroso público, o que permite anticipar un futuro con mulleres de Camariñas ao outro lado do espello: vila de palilleiras, terra de modelos.