• Avelina Mouzo Leis, 108 anos

    Non sabemos se debido aos efectos beneficiosos do curso do Río Grande, á recompensa a unha vida saudable e arranxada, como mandaban os antigos cánones, ou ao residir nunha vila tranquila como a Ponte do Porto pero o caso é que contamos no Concello de Camariñas ca segunda persoa máis lonxeva de Galicia, a vixésimo segunda de España, dacordo cos datos subministrados por Segunda Centena. A avoa do Concello de Camariñas non é outra que Avelina Leis Mouzo, unha veciña porteña de toda a vida que este luns 24 de decembro de 2012, Día dew Noiteboa, cumpría nin máis nin menos que 108 anos.
  • Xoán Curiel no IES Pedra da Águia

    O paso do grupo do cantautor Xoán Curiel por Camariñas onde milita o noso querido amigo Álvaro Trillo como batería e percusionista principal non só foi para demostrar a súa calidade musical no concerto celebrado na Casa de Pedra este sábado pasado se non que houbo algo máis. Os días anteriores a dito concerto, do cal tamén publicaremos un amplo reportaxe, os compoñentes do grupo estiveron cos rapaces do IES Pedra da Águia para realizar un taller sobre cómo facer música cos corpos dun grupo de xente perfectamente sincronizada  e a verdade é que todos quedaron contentísimos coa experiencia como ben podedes ler no espectacular blog do IES Pedra da Águia.
  • Excursion no IES Pedra da Águia ata Camelle e Soesto

    A verdade é que o ambiente cibernético que se respira en Camariñas (a pesar de algunha que outra mamarrachada que se publica por ahí adiante) está a ser cada vez máis grande e interesante e, a pesar da dificultade que ten esto de seguir tódolos días os numerosos blogs que inundan este ambiente, sempre existe un momentiño para descubrir por casualidade unha boa noticia publicada nun destes tantos blogs camariñáns de gran calidade. E atopámolo desta vez (outra vez) no blog que tan ben levan dende a biblioteca do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto dende o cal acaban de organizar unha excursión polo incomparable parace que descorre pola costa de Camelle ata Soesto. Alí os raparigos (e non tan raparigos) pasárono pipa desfrutando dun espléndido día de paseo entre a natureza e aquí, en Camarinas.eu, queremos mostrárvolo outra vez. Noraboa aos impulsores desta excursión. Noraboa aos profesores do IES Pedra da Águia.

  • Unha profesora exemplar na Ponte

    Desde Camarinas.eu procedemos a publicar unha nova leida no blog do IES Pedra da Águia da Ponte do Porto e que nos conmocionou profundamente. Trata esta nova sobre a marcha dunha profesora deste instituto que é xa para moitos de nos unha institución dentro e fora do Concello de Camariñas. Estamos a falar da nosa profesora Auri. Este é o homenaxe que lle fan os seus compañeiros de docencia dende o IES Pedra da Águia e no cal podemos ler unhas palabras dela mesma e que procedemos a publicar íntegramente. Ata Sempre Auri:
  • Resumen de Fin de Ano e Noite de Reis no Pincho da Ponte do Porto

    ¿Pensaba alguén en serio que aquí en camarinas.eu acabáramos co Fin de Ano? Faltaba, querido electorado, o na va más, o desiderátum, o acabose: faltaban as espeluznantes fotos directamente importadas polo Pub o Pincho dende a Ponte do Porto, capital mundial do dicharacherismo chiquitero. Uns festexos que non se quixo perder o máis bala perdida dos Reis Magos que, chegado a lomos dun deslavazado poni, ademáis de vir cargado de regalos fixo por ver si era verdade todo aquelo que oíra no seu camiño dende Oriente acerca dos apocalípticos festorrios que se montan no emblemático local da Ponte do Porto. Local que incluso se atreve a darlle unha oportunidade a  novos grupos e así o 22 deste mes de xaneiro organizará un concerto de "Lombardi", grupo que ten como baixista a Anxo, anterior guitarrista de Sobrecarga. Así, o mellor  que podedes facer é visionar as fotos e o vídeo enviados baixo os sons da banda sonora das versións en mp3 do grupo Lombardi.
  • Busqueda de Manuel Garcia Santos (e II)

    Hai pouco máis de un mes, concretamente o día 30 de setembro, camarinas.eu facíase eco da petición da nosa usuaria arxentina María del Carmen Rodríguez Lema e iniciaba a búsqueda frenética de Manuel García Santos, un porteño que trinta anos atrás exercera de capataz nunha fábrica do gran Buenos Aires e que un día desaparecío aparentemente sen deixar rastro... Ata que se cruzou no seu camiño camarinas.eu. Inmediatamente o mesmo día da publicación da noticia apareceron usuarios da web que deron razón dun ex-camioneiro, antigo emigrante en Arxentina e Suiza e que viviría no barrio do Outeiro, na Ponte do Porto, xusto a carón da Pizzería A Xunqueira. Desprazada a unidade móbil ata o lugar atopamos en carne e oso a un Manolo García Santos que actualmente con 65 anos cumpridos disfruta da súa xubilación no seu querido barrio de toda a vida e que recorda con agarimo e cariño a Mª del Carmen e a toda a súa familia dende aqueles vellos e preciosos días bonaerenses xa idos. Facilitounos encantado o seu actual enderezo para retomar aquela grande amistade interrumpida entre dous porteños, unidos ante todo pola súa querida ponte milenaria e a vila dos seus antepasados.
  • Busqueda de Manuel Garcia Santos

    Manuel García Santos. O capataz e amigo durante tantos anos nunha fábrica do gran Buenos Aires da década dos 60 e que un día hai cáseque 30 anos desapareceu para non deixar rastro. Anos de intensas búsquedas infructuosas que non consiguen dar ca pista certa do vello amigo e veciño da añorada e lonxana Ponte do Porto nunha das cidades máis grandes do planeta. A alma arxentina de camarinas.eu volve a dar mostras dun amor e morriña infinitos pola súa terra nai ca historia da búsqueda a través dos anos do vello amigo desaparecido por parte da familia da nosa usuaria María del Carmen Rodríguez Lema e ca que espera que alguén poida arroxar algo de luz acerca do destino dun home que hai máis de 25 anos desapareceu de forma inexplicable.
  • Materia, o grupo rock da Ponte do Porto actuará na Xunqueira de Cee 2008

    É ben sabido por todos os lectores de camarinas.eu que esta web non ten porque tirar de algúns grandes fotógrafos aparecidos de repente nesta costa e sin que ninguén sepa moi ben de donde veñen. Así e todo fan exposicións apoiadas por algúns con oscuros e extraños lazos que os unen. Lazos que tan pronto se unen como desaparecen sen deixar rastro. Bueno, a nos en camarinas.eu non nos fai falta tirar destas relacións interesadas e comenenciudas porque sólo cos reportaxes que fan os nosos usuarios alá donde se encontran superan en interés a toda esa parafernalia creada sabe dios donde. Desta vez unha querida usuaria de camarinas.eu residente na Ponte do Porto desprazouse este domingo pasado ata Cee donde se celebraba o último día da Festa da Xunqueira para realizar unha reportaxe da actuación do grupo  Porteño "Materia". Pulsa na foto para ver a reportaxe completa con fotos e videos incluidos.

  • Procesion da Virxen de Fatima na Ponte do Porto

    Este Domingo ás 12 do mediodía celebrouse na veciña e querida parroquia de A Ponte do Porto a súa tradicional procesión de Fátima, e ahí estivo camarinas.eu. A imaxe da Virxen foi paseada en procesión católica pola famosa Rúa das Barrosas acompañada por centos de fieles cristianos. Chegando ao alto da Pesqueira, ao final da citada rúa, a concurrida manifestación descansou un momentiño e puido ver a pequena pero ben traballada e ambientada obra de representación por parte duns nenos porteños dos milagres desta Virxen tan venerada e querida na Ponte. 

    Os organizadores da procesión de Fátima da Ponte do Porto presentaron este ano 2007 unha impresionante alfombra floral na Rúa das Barrosas

    En fin, como non podía ser menos con tal excepcionais actores, a representación foi todo un éxito e dende aquí damos a nosa máis calurosa felicitación aos rapaces participantes. Para rematar, como ben sabedes os usuarios de camarinas.eu, nesta web non vos estamos a facer promesas día tras día. Facémos o traballo e punto.

  • Fernando Toba Alonso, Medico de Urxencias

    Se ben ca invitada da semana pasada, Patricia Jove, inaugurábase a lista de doctores camariñáns licenciados, a parroquia da que provén o Top Camariñas desta semana, Ponte do Porto, conta xa cunha longa nómina de médicos de primer nivel: Gumersindo Rodríguez, Celestino Blanco e Eliseo Moreira Canosa, o cal chegou a estudiar mediciña co mesmísimo Castelao e foi o terceiro Presidente do Casino da Ponte do Porto, casino xa fundado alá polo ano 1914. A contribuir a perpetuar esta tradición ven o invitado desta edición, Fernando Toba Alonso, membro dunha histórica familia de fotógrafos da vila porteña que arranca co enlace entre Manolo do Churrero e Marité do Castellano, os cales durante largos anos fixeron as fotos que circulaban na Ponte do Porto cando a feira desta vila era o principal centro comercial da Costa da Morte; tradición que continuou a súa nai Isabel Alonso, casada cun bravo e honrado percebeiro muxián, Rogelio Toba e o seu tío Manolo, Pichurri, tamén fotógrafo na Vila de Camariñas.
  • Sociedade