Os nenos e nenas que nazan en Camariñas no ano 2020 chegarán ao mundo cun regalo baixo o brazo. Antes do comezo do Estado de Alarma o primeiro ‘bibliobebé’ do 2020, Hugo Rodríguez González, recibiu os seus agasallos por parte da alcaldesa, Sandra Insua, e a concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo, Encarna Liñeiro.
O pasado fin de semana tivo lugar en Culleredo unha nova edición do Parlamento Xove, na que 22 equipos de toda Galicia de 3º e 4º da ESO se enfrontaron entre sí en debates nos que tiñan que argumentar se era conveniente incrementar as sancións a empresas e particulares que cometerán delitos medioambientais.
Estes días deron comezo os traballos de renovación e mellora do parque infantil do CEIP da Ponte do Porto por parte do Concello de Camariñas. A través desta actuación, moi demandada polos pais e nais dos nenos porteños, instalaranse tres xogos que consistirán en un tobogán e dous balancíns así como tamén se habilitará unha zona de descanso para que os pequenos estudantes da escola da Ponte podan recobrar folgos despois dos seus xogos. Tamén se adecentou o firme cunha capa de pavimento pulido pola cal se distribuirán os novos xogos. O obxectivo do goberno local dirixido por Sandra Ínsua consite en continuar a mellorar as zonas de xogos dos máis pequenos sobretodo nos centros escolares de cada parroquia. E dende Camarinas.eu trataremos de seguir estas obras menores, eso si, pero que redundan inmensamente no benestar dos nosos pequenos.
Como xa vén sendo habitual desde hai unha década, tres exdiputados do Parlamento galego achegáronse este xoves ao IESP Pedra dá Aguia de Camariñas para explicar o funcionamento da institución a alumnos de 3º da ESO. E é de agradecer o seu esforzo por estar no Centro, sobre todo se se teñen en conta as condicións meteorolóxicas tan adversas.
Non sempre toca gañar. E iso é o que lles pasou aos 4 alumnos de 4º da ESO que recentemente participaron na II Olimpíada da Historia, que organiza a Universidade de Vigo no campus de Ourense. En todo caso, o seu concurso foi brillante xa que obtiveron un meritorio 5º posto a nivel autonómico. O evento celebrouse na Facultade de Xeografía e Historia da cidade das Burgas. O noso equipo, composto por Helena, Nerea, Carolina e José e coordinado polo seu profesor de Historia Jacobo Santos, foi de menos a máis durante toda a competición e por momentos liderou un dos grupos que daba acceso ás semifinais. Con todo, despois de 120 preguntas sobre historia mundial, na que se mesturaron imaxes e textos, non puideron alcanzar a meta desexada de estar entre os 4 primeiros. Representa, con todo, todo un éxito polo nivel dos outros representantes e polo feito de ser o único equipo de toda a Costa da Morte presente neste evento.
Espectacular posta en escena a levada a cabo o pasado venres no IESP Pedra da Aguia de Camariñas por todo o alumnado de 3ºESO. Coordinado polas profesoras Liliana Piñeiro, Susana Álvarez e Silvia Lijó, o alumnado mostrou a toda a comunidade educativa os traballos realizados ao longo do curso no programa “O Mundo que Queremos”, un Plan Proxecta da Consellería de Educación. O antedito programa ten como punto de partida, a difusión dos dezasete Obxectivos 2030 para o Desenvolvemento Sositible da ONU, así como o fomento nas xeracións máis novas, dun sentido de cidadanía global, consciente do seu papel para transformar a sociedade desde o ámbito local. O programa que durou seis meses, centrouse en dous dos obxectivos mencionados por escolla do alumnado: a igualdade de xénero (nº5) e a redución das desigualdades (nº10). Ao longo de todo ese tempo, ambas cuestións foron abordadas de maneira conxunta a través de diferentes obradoiros de radio, vídeo e teatro, así como de charlas e dinámicas pensadas para unha aprendizaxe máis activa. Así mesmo, o proxecto tivo unha vocación interdisciplinar sendo promovido desde as áreas de Xeografía e Historia, Lingua Castelá e a Biblioteca Escolar, e con colaboracións puntuais dos tres departamentos de lingua restantes. A actividade final deste programa consistiu nunha mostra de traballos comentados polo alumnado en intervalos de 20 minutos. Cada un deles ocupou unha estancia distinta do centro, facendo posible un percurso que seguiron todos os grupos-clase do instituto, e nos que o alumnado de 3ºESO, contou con todo o protagonismo para falar do traballo realizado semanas atrás.
Xa está todo preparado para que este domingo se celebre a tradicional procesión de Fátima na Ponte do Porto. As persoas encargadas da organización destes actos relixiosos fannos chegar o cartel e unhas imaxes nas que podemos comprobar todo o gran traballo que foi realizado altruistamente por estas xentes da Ponte do Porto. A rúa das Barrosas lucirá este domingo esplendorosa cando, despois da misa solemne en honor á Virxen de Fátima programada para as 10:30 da mañán, salgan en procesión os numerosos devotos por este importante vial porteño. Durante o tradicional percorrido polo que se leva en volandas á imaxe da virxe milagreira, os asistentes estarán acompañados pola Banda de Gaitas "Vai en Banda". Xa no alto da Pesqueira será celebrada por parte dos nenos da Ponte do Porto a representación da aparición da nosa señora de Fátima. E alí estará Camarinas.eu para dar conta de todo o que aconteza na nosa querida vila Porteña. Dende aquí queremos darlles a noraboa a toda a organziación da Fátima da Ponte do Porto.
Xa están de volta os 16 embaixadores junior do IESP Pedra dá Aguia de Camariñas que, durante 5 días, estiveron en Luxemburgo e Frankfurt coñecendo institucións da Unión Europea, que normalmente non son obxecto de visita por estudantes tan novos.
O xoves 31 de xaneiro visitaron o IESP Pedra dá Aguia da Ponche do Porto, tres ex deputados do Parlamento galego para explicar o funcionamento do mesmo a alumnos de 3º da ESO. Suso Veiga do BNG, Marisol Soneira do PSdG e Anxo Mesa do PPdG puxeron en valor o traballo que se desenvolve no Parlamento e o papel que xogan os políticos. Tras explicar a traxectoria do Parlamento desde os seus inicios alá por 1981, explicaron como se traballa e que competencias asume. Neste sentido, destacaron dous temas moi interesantes para a comarca como a pesca e a educación, que deben ser motores para o rexurdir desta zona. Tamén fixeron fincapé na necesidade dos políticos de traballar con honestidade e de usar como armas de debate a concordia e a negociación.
Páxina 1 de 2