Non sabemos si por causa do éxito internacional do programa "Eu Son Camariñas" ou debido ao talento deste gran gaiteiro xaviñán. O caso é que o noso querido amigo David Carril nos envía dende a lonxana cidade de Londres a noticia de que está sendo obxecto dun documental por parte do antropólogo Alessandro Bordin. O filme básase na vida deste carismático veciño de Xaviña que vive da súa pasión na cidade do Támesis xusto no puente de Westminster. Alí, día a día, podemos ver a David coa súa característica vestimenta de gaiteiro escocés tocando a súa gaita. E tanto lle da a temas populares galegos, propiamente folclóricos da nosa terra como se atreve con grandes clásicos da tradición gaélica. Sen dúbida David representa todo un exemplo de amor pola música que cambiou a súa vida para facer con ela o que realmente o fai feliz. E aquí en Camarinas.eu felicitámolo por todo o que está conseguindo. A continuación vos amosamos o texto que nos envía dende o Reino Unido o antropólogo encargado de realizar este documental que publicaremos en Camarinas.eu próximamente.
Páxina 1 de 2