• IV Certame de Corais Costa da Morte

    O Coro Municipal de Camariñas durante unhas das sús canciónsHai exactamente unha semana, o sábado 5 de maio de 2012, a Casa de Pedra voltou encherse ata a bandeira ca celebración do IV Certame de Corais Costa da Morte. Organizado pola Asociación Neria, ca colaboración do Concello de Camariñas cinco dos mellores coros galegos déronse cita nun encontro de alto voltaxe musical. Destacou a presencia do secretario de Neria Xan García así como a dun alcalde Pichurri que ata o de agora non se perdeu unha soa cita do marathón coral que está a caracterizar esta primavera. Ao final do acto entregáronse por parte de Neria os regalos ás corais participantes ademáis dun agasallo de recoñecemento ao Concello de Camariñas pola súa colaboración pero si por algo destacou este certame foi pola canción que a profesora da nosa coral municipal, a corcubionesa Charo, agasallou ás súas alumnas e que se chama "Camariñas, un balcón cara o mar" que tan só se ensaiou tres veces pero finalmente non salío mal. A outra das súas interpretacións foi unha versión maxestuosa do clásico do mestre xornalista José Luis Blanco Campaña "Serpent". Dúas delicias musicais que Camarinas.eu reproduce en sendos vídeos para solaz e divertimento do accionariado máis numeroso da Costa da Morte.
  • IV Certame de Corais Costa da Morte

    A Casa de Pedra volverase vestir de gala para acoller un certame coralDespois do éxito apabullante do 1º Encontro Coral de Camariñas celebrado recentemente, a Casa de Pedra de Camariñas acollerá este sábado 5 de maio de 2012 a partires das 20:00 outra novo encontro de alto voltaxe musical: o IV Certame de Corais da Costa da Morte. Organizado pola Asociación Neria ca colaboración imprescindible do Concello de Camariñas a través da Concellería de Asuntos Sociais, o departamento dirixido con pulso firme por Mari Carmen Linares Chica, a muller que traballa duro sen ter un soldo, constituindo o reverso daqueles que cando cobran non dan pau (léase Deputación Provincial) e cando non teñen salario nin cotizan un mísero peso mexicano á Seguridade Social sí que traballan (¡¡ay pero que vidas as do noso querido cociñeiro naviero!!). Ca participación da Coral Polifónica Neria Costa da Morte, a Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme, a Asociación Coral A Oliveira do Monte Branco, a Coral de Malpica e as voces potentes, maxestuosas, entonadas da Coral Municipal de Mulleres de Camariñas o espectáculo musical está asegurado este sábado na polifuncional Casa de Pedra.
  • Encontro de Coros en Camariñas‏

    Unha emocionada Mari Carmen Linares recibe o homenaxe das asistentes ao encontro

    O pasado sábado 14 de abril de 2012 a Casa de Pedra asistío á celebración dun evento novedoso: a celebración do 1º Encontro Coral de Camariñas. Ca asistencia dalgunhas das mellores agrupacións galegas (a Coral Polifónica Endesa As Pontes, Coral "Airiños de Nós" de San Pedro de Nós, Coral Polifónica O Peirao do Freixo, e o Coro Municipal de Camariñas) o edificio multiusos quedouse pequeno e unha avalancha de público propio e de alén das nosas fronteiras inundou ata os seus pasillos nunha auténtica festa da música popular organizado polas nosas mulleres do Coro Municipal. Pero se sobre algo destacou o evento foi pola merecida e espontánea homenaxe por parte da organización a unha muller, malagueña de nacemento, camariñana de corazón, que dende que arribou ao mundo municipal en xuño de 2007 non deixou de loitar infatigablemente na área de asuntos sociais que lle tocou en sorte: María del Carmen Linares Chica. Unha concelleira ademáis que a diferencia do que acontece na Deputación Provincial onde se cobra por non dar pangada (ou o que é peor para a saúde pública: por exercer de cociñeiro náutico) renunciou voluntariamente á dedicación parcial no Concello sen que elo menoscabase o máis mínimo o seu compromiso de traballo infatigable a prol da súa xente. O derradeiro exemplo: a novedosa, multitudinaria e exitosa organización xunto coas mulleres do Coro Municipal do 1º Encontro  Coral de Camariñas.
  • Desfiles da Mostra do Encaixe 2012

    A pasarela privilexiada de desfiles de modelos da Mostra do Encaixe voltou caracterizarse na edición do 2012 polos seus cheos apabullantes. Un sold out continuo que permitía albiscar unha e outra vez visitantes apoiados nas paredes da sala de desfiles ante a imposibilidade de facerse cun so asento baleiro. O mellor do panorama estilístico galego expoñendo as súas máis preciadas confeccións nun escaparate mediático de luxo. A impresionante procesión de belezas habituais que por unha semana fan var a imaxinación de adolescentes. E como aportación particular da edición vicuaxésimo segunda do máis importante certame encaixeiro a nivel mundial tres rapazas autóctonas, as camariñanas Sara e Amelia e a porteña Jessica, que a base de gracia, beleza e unha profesionalidade cáseque innata se fixeron dende o primeiro día ca pasarela e abraiaron ao numeroso público, o que permite anticipar un futuro con mulleres de Camariñas ao outro lado do espello: vila de palilleiras, terra de modelos.
  • O Coro Brisas do Mar en Carballo

    As nosas mulleres cantan hoxe en Carballo na Igrexa da Milagrosa

    Hoxe ven sendo para Camariñas un día do máis musical porque ademáis da presentación do disco dos Panchos do Jolfendro no Casino ao cal fomos moi amablemente invitados hai cousa de dúas semanas por un dos seus responsables, este sábado outro grupo musical formado únicamente por mulleres do noso concello realizará unha importante actuación un pouco máis lonxe do que o farán os nosos queridos Panchos. Estamos a falar da actuación do Coro Municipal de Mulleres "Brisas do Mar de Camariñas" que, con motivo da concesión dun ano xubilar á Capela da Milagrosa de Carballo por parte do Papa Benedicto XVI, realizará nesta importante parroquia a eso dos 11 da mañá unha actuación con motivo do centenario da construcción da súa capela. E para alá foron gran parte das nosas mulleres cheas de ilusión e ánimos para deixar o pavillón ben alto diante dos representantes desta parroquia, os cales xa quedaron abraiados pola forza musical deste coro camariñán noutras actuacións e, en parte foi por eso polo que as nosas mulleres foron invitadas especialemente para conmemorar este Ano Xubilar concedido polo Papa (non Papá, non vaia a ser que algún desvergonzado fora de todo raciocinio e que anda agazapado queira entender mal) con motivo do centenario da construcción da Capela da Milagrosa de Carballo. Noraboa ás nosas mulleres!
  • Ensaio do Coro Municipal de Camariñas

    A profesora do coro nun ensaio este venres 3 de febreiro

    Un novo piano para ensaiar o seu repertorio habitual pero tamén para interpretar algunha peza de Rajmáninov ou calquera dos concertos para piano de Piotr Ilich Chaikovski se algún valiente osa acometer semellante desafío ven de ser estreado recentemente polo Coro Municipal de Camariñas. Trátase dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña, se dos tempos de Salvador Fernández Moreda como presidente ou dos do recente Diego Calvo, eso xa non o sabemos nin, sinceiramente, nos importa, nin imos perder un segundo do noso escaso tempo investigando o proceder da financiación da pianola que permitirá aos nosos amigos do Coro Municipal afinar as impecables e cuasiexactas interpretacións do seu amplio repertorio. Ao fin e ao cabo os cartos que financiaron a citada subvención que nos saibamos non saíron dos bolsillos de ningún político senón do sufrido, exprimido, enganado e depauperado contribuinte español: aquel levado a unha situación de ruina polo actuar lamentable, incompetente e corrupto desos mesmos políticos que venden calquer subvención ou inversión como si da victoria das Termópilas se tratara. Alleos a estas divagacións dun sábado noite os nosos queridos amigos do Coro Municipal esta semana comenzaron os ensaios co seu flamante novo piano e, obviamente, a web que fai da plasmación do día a día de todo un concello nos albores do século XXI un arte non podía deixar de estar alí. Sobre todo porque oír ao noso coro en acción musical sempre constituirá un deleite e un honor.
  • Karina Tajes: unha estrela de Camariñas que pide paso

    Aínda baixo o impacto que para moitos supuxo ver a unha fermosa rapaza camariñana codeándose de ti a ti enriba dun escenario cunha estrela da canción da talla de Rosana, camarinas.eu, coñecedera da aspiración de Karinas Tajes de formar un grupo musical, propúxolle un ambicioso proxecto. Este pasaría pola realización dun book fotográfico no que a través da colaboración de tres xoves negocios da Vila das Palilleiras se resaltase toda a beleza de Karina Tajes. E así Diego Alonso encargouse das fotografías e do seu tratamento posterior; Montse Mosquera (Peluquería Montse, Travesía Muiño do Vento) brindouse para encargarse dos peiteados e Ana Soneira (Centro de Estética Ana, Rúa Casadillo) maquillou soberbiamente a Karina. O resultado: un fantástico e artístico book, con distintas paraxes de Camariñas como inmellorable telón de fondo que esperemos que axuden a esta talentosa e xove promesa da canción a atopar aos compañeiros que a axuden a abrirse paso no implacable e competitivo mundo musical. Condicións para elo, sóbranlle.
  • Un gran premio ao Colexio O Areal pola súa implicación no programa O Mar na Escola

    O Colexio O Areal de Camariñas ven de colleitar hoxe un dos seus máis grandes recoñecementos. En toda a historia deste entrañable colexio camariñán nunca (que nos recordemos) se lle concedera un premio de tal calibre como o "Premio Anual do Deporte Galego 2011-12" como mellor centro educativo de Galicia pola súa promoción do deporte en idade escolar gracias ao Proxecto Mar na Escola. Proxecto que foi realizado conxuntamente co Concello de Camariñas e no cal tamén colaboraron entidades como o Club Náutico ou tamén (¿por qué non dicilo?) Camarinas.eu publicando e apoiando esta iniciativa dende o seu inicio alá polo ano 2007. A canteira deportiva de Camariñas está a acadar uns niveles nunca vistos gracias a iniciativas como esta do Colexio O Areal e ao apoio incansable dun concello volcado no máis importante: a educación dos nenos. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todo o persoal do Colexio O Areal de Camariñas polo premio que acaban de recibir e ao Concello de Camariñas polo seu apoio incondicional a esta iniciativas. Noraboa e a seguir sendo exemplo!!
  • 577 palillieras na Festa da Palilleira 2011 de Camariñas

    Espectacular a acollida que tivo esta edición da Festa da Palilliera celebrada no Pavillón Muncipal de Camariñas. Caseque 600 palilleiras de toda Galicia déronse cita no pobo que foi, é e debe de seguir sendo o centro natural do encaixe mundial. Como moitos de vos intuides estamos a falar de Camariñas, o auténtico berce desta antiga tradición en Galicia que con iniciativas coma esta de seguro que se conseguirán moitos máis logros e afianzarase a nosa artesanía aínda máis no resto de España e Europa. O caso é que con unha ponte tan larga e un tempo tan inestable nos non tiñamos moitas espectativas de trunfo con esta festa, pero foi chegar ao pavillón e xa se esvaeceron as dúbidas con tanta xente que alí se concentraba. Como decíamos ao principio da noticia foron caseque 600 palilleiras e un bo puñado de expositores que fai desta Festa da Palilliera unha estupenda antesala da Mostra do Encaixe que, ainda que supoñemos que recibirá moitas menos subvencións que outros anos, augura moitos éxitos. Ao final desta xornada celebrouse un desfile de moda no que as modelos eran nin máis nin menos que un grupo de rapazas do noso pobo. Pero esto mostrarémovolo noutra noticia especial que adicaremos a este desfile con máis de 200 fotos. De momento deixámosvos con outra supergalería fotográfica do que aconteceu este sábado 10 de decembro en Camariñas: A capital mundial do Encaixe.
  • As nenas palilleiras de Camariñas na TVG

    Nova recalada televisiva no Concello de Camariñas, desta volta para firmar unha estupenda reportaxe sobre a labor exemplar que dende hai uns cantos anos levan a cabo a Escola Municipal de Palillo. Recalou si, este mércores 16 de novembro, no edificio do Centro de Iniciativas Empresariais sito na Rúa do Prado, un equipo da Televisión de Galicia e alí puido comprobar nunha aula repleta de neniñas chegadas das distintas partes do concello, como se perpetúa a arte que dou renome mundial a Camariñas. Por todo elo, non cabe senón agradecer a TVG este interese amosado polos esforzos deste numeroso grupo de rapaciñas que farán posible que xa ben adentrados no século XXI, percorrendo frenéticos os camiños do postmodernismo, Camariñas siga a ser a Vila das Palilleiras.
  • Xoán Curíel na Casa de Pedra

    Chegaba o cantautor Xoán Curiel á Casa de Pedra despois de realizar xunto ao camariñán Álvaro Trillo unhas xornadas educativas cos chavales do IES Pedra da Águia e chegaba acompañado dunha banda de músicos espectacular na que destaca o noso querido amigo Álvaro Trillo á batería. E foi este pasado sábado 8 de outubro cando saudando a Álvaro éste lle recordaba a un redactor que escribe: "¿acórdaste? Este foi o noso primeiro local de ensaio xuntos". E era verdade aínda que xa non lembrábamos esto, pero ahí estaba Álvaro para recordárnolo como si dunha calculadora humana se tratara. A evolución musical que este gran músico camariñán experimentou dende aqueles tempos onde tantos afeccioados á música o comezamos a admirar foi meteórica. Tanto daba o estilo musical onde Álvaro se involucrara. A súa peculiar forma de entender o ritmo musical vai máis alá do que a moitos nos gustaría imaxinar e a súa visión do grupo como un todo é espectacular. Así, despois de todos os grupos nos que Álvaro colaborou chegoulle a hora de conectar cun grande da música como o grupo do comprometido cantautor Xoán Curiel no cal desvorda a calidade e a imaxinación de tódolos seus compoñentes. Deixámosvos cunha prova delo no concerto que este grupo bordou na Casa de Pedra este sábado 8 de outubro. Para camarinas.eu foi todo un placer e unha alegría inmensa volver a escuitar ao noso amigo e compañeiro Álvaro Trillo na súa batería. Noraboa Álvaro.
  • Historia de Luis Martinez Sierra

    Hai xa uns anos que dentro da crecente lexión de amantes de Camariñas contamos con Luis Martínez Sierra e a súa familia. Residente en Zaragoza, caío un día rendido aos encantos da Vila dos Encaixes e dende entón non falta á súa cita veraniega ca mesma, superando durante o resto do ano a saudade pola nosa terra co repaso diario de camarinas.eu. Ata ahí todo normal: o modus operandi típico de tantos e tantos visitantes de Camariñas con ansias de estar ben informados sobre todo o que acontece no día a día do concello. Nembargantes, Luis Martínez Sierra porta dentro de si unha historia peculiar, distinta, exemplo de superación e esperanza,  cargada cos valores do sacrificio e amor extremos, unha historia que ensina a  non rendirse nunca e a loitar  sempre ata o final. Loitar por aquelo máis preciado que posuimos: a vida, a nosa propia vida e a familia, a nosa única familia, como ben soubo apreciar o gran escritor e xornalista César Vidal. Pero mellor que deixemos que sexa Luis o que nos conte esa historia, emocionante e vitalista, na que a web camarinas.eu quen sabe si poderá contribuir a escribir algunha que outra humilde nota a pe de páxina.
  • Coro Municipal de Camariñas

    O Coro Municipal de Camariñas estreou unha fermosa vestimenta financiada pola Deputación da Coruña

    Foi exactamente o 28 de maio deste ano 2010 cando as mulleres de todo o noso concello que compoñen o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas estrenaban as súas novas blusas que lucirán en tódolas súas actuacións as cales foron financiadas pola Deputación da Coruña. E foi en Muxía, a vila máis costeira que forma parte indivisible da Ría de Camariñas onde realizaron a súa primeira actuación lucindo as súas novas vestimentas. Unha actuación que deslumbrou aos nosos veciños sureños non só polo colorido das súas orixinais roupas se non polo espectacular repertorio que fixo explotar de aplausos e bises o local muxián onde actuaban. E é que este Coro Municipal está colleitando uns éxitos sen precedentes en Camariñas dos cales gran parte destes son fruto do gran traballo que está a realizar a profesora que dirixe os chorros vocales das nosas. Un coro que tamén levantou grandes aplausos noutro encontro coral celebrado en San Pedro de Nós este pasado 12 de xuño e no cal as nosas deixaron o nome de Camariñas ben alto. Como debe ser.
  • Captación de socios de Abondou

    O pasado sábado 16 de abril de 2011, a Asociación Abondou celebrou a asamblea xeral anual de socios, e acordouse realizar unha campaña pa a captación de socios, ( dado que o mantemento das actividades actuaís, ademais de algún poxecto novedoso, supoñen un elevado custo para a entidade), incluindo socios protectores para todo aquel que estivese interesado. O teléfono de contacto para calqueira dúbida ou aclaración é o seguinte: 981-736424
  • Reencontro entrañable na Arxentina

    Todo comenzou ca publicación en camarinas.eu un 30 de setembro de 2009 dunha anguriante petición de axuda por parte da nosa usuaria doblemente porteña (Buenos Aires & Ponte do Porto) María del Carmen Rodríguez Lema: había xa cáseque corenta anos, principios da década de 1970, que un gran amigo da familia, antigo capataz da fábrica onde traballaban os tíos e o irmán de Mari Carmen, desaparecera sin deixar rastro. Anos de intensas búsquedas infructuosas non deran resultado. Tan só 45 días despois camarinas.eu publicaba a imaxe dun radiante Manuel García Santos, xubilado e residente na casa de toda a vida no seu barrio da Ponte do Porto e disposto a recuperar a amistade truncada un malhadado día cáseque catro décadas atrás. Unha vez recobrado o fío vector entre estes dous grandes porteños tan só quedaba desprazarse un deles, ben á terra dos seus antepasados (Mary Carmen) ou ben ao país austral onde tan fortes amistades cuaxou e onde tan gran recordo deixou (Manolo). Finalmente, este foi o caso e Mari Carmen, fiel á web da súa terra nai, fainos chegar as imaxes e a historia do feliz reencontro entre dous vellos e grandes amigos. Un reencontro trinta e oito anos despois.
  • Confirmacions en Camariñas 2010

    O mazazo saltaba na misa de 12:00 do domingo 30 de maio: hondamente afectado, Don Jesús daba a coñecer á estupefacta multitude de feligreses que nese intre ateigaba a igrexa parroquial de San Xurxo que con posterioridade ao acto de confirmación levado a cabo na tarde do venres 28, cando se procedía a efectuar as labouras de limpeza do templo, foran atopadas no chan, tiradas na zona dos bancos onde anteriormente estuveran sentados os xóvenes participantes no acto de confirmación, dúas das sagradas hostias que foran impartidas aos mesmos. Dende o punto de vista da doctrina católica elo equivalía nen máis nin menos que a un sacrilexio e así o fixo saber Don Jesús, quedando dende ese momento as dúas sagradas formas, o Corpo de Cristo, baixo a custodia cunha veliña a cada lado das nosas queridas monxas e un letreiro na porta do templo parroquial comunica aos seus visitantes que tódalas tardes ás 19:30 horas, como acto de desagravio en reparación pola ofensa inxustificada e incomprensible inferida ao máis sagrado dos símbolos cristianos, procederase á Adoración do Altísimo. Aquí en camarinas.eu non saímos do noso asombro e entendemos que os dous presuntos responsables da ofensa non son representativos do amplio grupo de xóvenes camariñáns que respetuosa e alegremente participaron este venres no acto de confirmación da fe cristiana polo que non parece xustificado que unha sospeita indiscriminada recaía sobre todos eles. Os responsables serán sempre e ante todo culpables ante si mesmos. En fin, un acto deleznable que non debe enturbiar para nada a devoción e catolicismo característicos do pobo camariñán, tal e como puidemos comprobar este derradeiro domingo co descenso da Virxe do Monte. Con todo, non se deberían olvidar as palabras de vez en cando repetidas aquí en camarinas.eu: estamos ante unha España non só arruinada económica senón tamén moralmente...
  • II Festa da Zorza de Camariñas: Máis de 500 racións vendidas na Festa da Zorza

    Como era de preveer confirmouse de maneira rotunda o éxito desa inxeniosa iniciativa da Comisión das Festas do Carme chamada Festa da Zorza e que neste 2010 cumpría a  súa segunda edición. Sen dúbidas, dentro do conxunto de ideas postas en marcha ao longo destes últimos anos para tratar de diseñar un programa de actividades paralelo que complemente e impulse á vital e imprescindible Mostra do Encaixe, esta foi a máis exitosa. Iniciativa surxida da xuventude camariñana representada pola Comisión máis xoven que se recorde e tamén a máis animosa e decidida. Porque dende as 19:00 deste sábado 3 de abril puxéronse a carrexar de forma inxente ata 500 racións deste manxar humilde a un público voraz e afameado. Camarinas.eu mandou un destacamento comandado por un experimentado gourmet como Luis Esteiro Ramos cara ás 22:00 cando o epicentro do furacán gastronómico que invadío a Praza do Mercado xa era calmado para poder degustar sen apreturas, con calma e fruición, dun auténtico bocati di cardinale. Preparado sabia e concienzudamente polas expertas mans culinarias dos membros da Comisión e servido por outras mans, delicadas e fermosas, dunha das maiores belezas de Camariñas, a nosa querida Maytiña ¿Qué más se puede pedir?
  • Entrega da recaudacion do Mercado Solidario

    Pois tal e como estaba previsto ás 12 horas deste sábado 27 de marzo tivo lugar a entrega da recaudación acadada polo Mercado Solidario de Camariñas ás asociacións agraciadas: Abondou e as entidades integradas en COGAMI de A Coruña. Foron 1.200,00 euros resultado das ventas producidas por unha labor mercantil solidaria desenrolada durante tres días de clima infame e participación respetable.  E no acto que poñía o punto final a esta iniciativa pioneira na Vila das Palilleiras non podía faltar a gran protagonista da mesma: unha Beatriz Mas que ca venta en tempo récord duns cuadros de alta calidade pictórica pintados por unhas mans de artista contribuío a engordar a recaudación final. Diñeiro que servirá para boas causas como os do cheque de 625,00 euros recollido por Isabel de Iberia representando a Abondou. Por elo camarinas.eu tiña que estar presente neste importante acto e dar fe do que alí sucedeu cunha galería fotográfica e un vídeo.
  • Mago de Oz visita o Cafe Bar Arnela

    camarinas.eu sigue ca cobertura da viaxe que tras o concerto do venres 14 nas Festas da Xunqueira de Cee levou a recalar en Xaviña durante uns días a Carlos Prieto "Mohammed" e Fernando Ponce de León, membros de Mägo de Oz, o multitudinario grupo de rock duro con influencias celtas orixinario do barrio de Vallecas (Madrid). Nesta ocasión, acompañados dun dos mellores gaiteiros do noso concello, David de Xaviña, non quixeron perderse a espectacular festa que tiña lugar o sábado 15 no Café Bar Arnela para celebrar o 17º cumpreanos de Francisco Barcia Trashorras, outro músico virtuoso se ben do acordeón,  e na que coincidiron cas potentes e aterciopeladas voces dunha Coral de Camariñas que se quixo sumar á celebración, montándose un impresionante espectáculo musical no que tamén tomaron parte activamente estes dous músicos profesionais, integrantes dunha das bandas rockeiras máis famosas de España. En fin, o que non pase no Arnela...
  • Cumpreanos camarinas.eu: Luis Rodriguez Luaces

    Decía unha canción de Ilegales dos seus bos tempos "20 años de lucha solitaria son suficientes para reventar". Non vinte, senón trinta anos de lucha solitaria leva a redacción de camarinas.eu ao carón de Luis Rodríguez Luaces, Kecho. Toda unha vida xuntos dende que alá entre finais da década dos setenta e comenzos dos anos oitenta, un grupo de rapaciños camariñáns que tiñan a agora tan esquencida Praza Maior como fío vector se xuntaban dando lugar ao que o tempo convirtiría na mítica e desprestixiada "Vieja Guardia".