• Juan Camariñán: Historias do Mar Vol. II - Siempre Meju

    Camarinas.eu sección Cultura segue a facer historia e plasma por vez primeira literariamente a fala típica de Camariñas da man do talento anárquico e autodidacta de Juan Camariñán, o rapsoda que mellor comprendío o valor artístico intrínseco da nosa linguaxe. Neste segundo volumen, Juan pasa revista a un feito que aconteceu en Camariñas hai moitos anos e que puido haber convertido a Vila dos Encaixes nunha metrópoli industrial, nun xigante tecnolóxico, nun prototipo pioneiro do Seattle de Microsoft ou Boeing, da Atlanta da Coca-Cola e a CNN, ou do Detroit de General Motors.