Nos últimos días a Consellería de Sanidade notificou ao Concello de Camariñas que a praia de Camelle acadou a cualificación de “Boa” nos últimos controis efectuados. Estes realizáronse durante a tempada de baño do ano 2020 e veñen a ratificar a efectividade das medidas que esta a levar o goberno para reverter os malos resultados dos últimos exercicios que cualificaban a auga desta praia como “non apta para o baño”.
Onte, luns 29 de Marzo, tivo lugar a apertura institucional da II edición da Mostra do Encaixe Virtual xunto coa presentación do cupón da Once dedicado a trixésima edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. O acto tivo lugar na aula de palillo “Raquel Moreira” do Museo do Encaixe. Nel a alcaldesa do municipio, Sandra Ínsua, dou o discurso que puxo en marcha os numerosos acontecementos que se irán levando a cabo ao longo desta semana até o próximo domingo, como son a presentación das coleccións dos participantes do concurso “Jovenes deseñadores” ou a inauguración da exposición “Palilleiras: presente e futuro” entre outros.
Este martes 12 de Marzo iníciase a segunda fase do “Camariñas Composta” co reparto dos composteiros aos participantes deste proxecto. Esta acción realizarase catro puntos nas catro parroquias que compoñen o municipio. O primeiro deles será dende a casa de Pedra en Camariñas pola mañá (dende as 10 horas), o segundo esa mesma tarde na Casa da Cultura da Ponte do Porto (dende as 16 horas). Xa no martes 16 na Casa da Sociedade en Xaviña na quenda de mañá (dende as 10 horas) e por último no museo Man de Camelle ese mesmo día no horario de tarde (dende as 16 horas).
O Concello de Camariñas iniciará o reparto de composteiros, formación e asesoramento individualizado aos novos participantes do programa municipal “Camariñas composta” a vindeira semana, cando rematará a primeira fase de difusión e captación de participantes.
A semana pasada o Concello de Camariñas contactou cun enxeñeiro industrial e unha xeóloga para que realizaran unha inspección na zona de ribadas da Punta da Ínsua en Camariñas e avaliar o seu estado. As conclusións constataron que os últimos temporais aceleraron o proceso de erosión que se estaba a dar no lugar empeorando a súa situación xa de por si precaria.
Estase a instalar a máis pura desolación no Muelle Novo de Camariñas. Primeiro, foron as inversións muchimillonarias prometidas no seu día a bombo y platillo por Álvarez-Campana (¡¡ay, xa decíamos nos: si de Presidente de Portos de Galicia estuvera un Campaña!!) xunto aos seus mariachis locais para ver si estes por unha vez lograban gañar as eleccións municipais e que nin para eso serviron, inversións que ninguén nunca verá, volatilizadas na máis pura farsa, despois o intento de golpe de estado no que anda enfrascada unha minoría radical e violenta nesa mesma explanada do Muelle Novo (mesmos cans pero con distintos collares, con perdón para os cánidos), aferrados desesperados como un cravo ardendo a un bar-restaurante, e agora o despido de seis traballadores e o peche dun servizo básico para o sector do marisqueo en Camariñas e en Galicia. Non, polo que se ve non corren moi bos tempos para a explanada do Muelle Novo. En todo caso, aquí en camarinas.eu procedemos a publicar a nota de prensa remitida polo Concelleiro de Urbanismo, Desenvolvemento Empresarial, Mar e Traballo, Sergio Caamaño: