• Se vende solar edificable na Rúa Sofía Rivas de Camariñas

    He aquí outra oportunidade para todos aqueles inversores que desexen apostar por un valor sempre en alza como é o mercado inmobiliario dunha vila costeira. A poucos metros daquela ganga inmobiliaria que publicáramos nesta web hai unhas semanas adxuntamos outra gran ocasión á oferta inmobiliaria de Camariñas. Trátase da posta en venta dun coqueto solar hai uns días por parte do seu propietario, moi ben situado e en pleno casco urbán da vila das palilleiras, con todos os papeis en regla para comezar a construir a casiña dos soños de calqueira cidadán. Situado este terreo nunha das zonas máis tranquilas de todo o nucleo urbán camariñán, alexada dos inclementes ruidos da axetreada actividade do noso porto pesqueiro, que se pon a venda recentemente por un prezo moi asequible. Así que todo aquel que desexe cumplir o soño da súa vida e comezar a facer a súa casiña nunha vila como Camariñas non ten máis que poñerse en contacto co teléfono do dono deste inmoble no 660 32 03 10 onde o atenderán moi cordialmente. Non deixedes pasar estas oportunidades únicas!!

  • Oportunidade única: se vende piso e faiado na Rúa Milleira de Camariñas

    Vamos agora coa publicación nesta web dunha oportunidade única de compra para todos aqueles que queiran invertir no sector inmobiliario en Camariñas. Hai uns días púxose oficialmente en venta un inmoble dunhas magníficas características a un prezo realmente ridículo. Trátase dun piso duns 92 metros cadrados cáseque totalmente rematado no seu interior e exterior e que conta tamén cun baixo cuberta na súa escritura. Ou sexa que polo valor que pide o seu dono estase ofrecendo un inmoble de preto duns 200 metros cadrados por un sorprendente prezo de 42.000 euros. Consultados pola nosa parte algúns expertos do sector conclúen que, invertindo unha cantidade de 10.000 euros máis neste inmoble, estaría totalmente apto para entrar a vivir nel. Toda unha ganga que pode ser aproveitada tanto por todos aqueles rapaces novos que desexen ter a súa primeira vivenda en propiedade como por estes outros que desexen invertir en bens inmobles dentro dunha vila como Camariñas cun gran auxe turístico. Unha oportunidade única que seguro se esfumará nun abrir e pechar de ollos.

  • Oportunidade: Véndese edificio na Praza de San Xurxo de Camariñas

    Vamos agora con unha oportunidade de inversión única, de gran interese para aqueles que desexen facer negocio cunha inversión segura. Trátase da posta en venta por parte dos seus propietarios e residentes nas Illas Canarias dun inmoble sito en plena Praza de San Xurxo. Dito edificio consta de planta baixa duns 105 metros cadrados na cal está ubicado un negocio que ten o local alquilado. A primeira plata ten unha superficie que a planta baixa e consta de 125 métros cadrados. Ademáis disto, a construcción ten permitida outra planta máis co cal o inversor que se faga con este inmoble poderá obrar unha segunda planta sen nengún tipo de problema. Para todos aqueles interesados neste oportunidade de inversión única poñemos a súa disposición o teléfono dos propietarios para calqueira tipo de información: 657 34 71 06
  • Véndese parcela edificable na Avda Juan Carlos I de Camariñas

    Vamos agora con unha excelente oportunidade para estas persoas que están buscando onde facer unha inversión rentable a largo prazo. Trátase da posta en venta dunha parcela en pleno casco urbano camariñán, exactamente entre a Avenida Juan Carlos I e a Rúa do Cotro, con unha superficie catastral total de 1188 metros cadrados. Dito terreo encóntrase catalogado como URBANO no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas e será subastada próximamente de forma telemática. Para todos aqueles que queiran informarse máis polo miúdo das condicións de venta desta boa oportunidade de negocio poden porse en contacto cos seus propietarios no teléfono 689 66 71 02.
  • Se vende casa na Praza de Insuela de Camariñas

    Pois procedemos a publicar este luns 23 de marzo de 2015 a recente posta en venta por parte dos seus propietarios no mercado inmobiliario dunha coqueta casa nun dos míticos barrios de Camariñas. É esta unha grandísima oportunidade para todo aquel que desexe realizar a compra da súa vida ou ben invertir nun valor seguro. Esta casa está situada en pleno centro neurálxico de Camariñas a escasos metros da Casa do Concello así como de farmacias, supermercados, garda civil, bancos, etc... Para contactar cos propietarios do inmoble que se poñe á venta na sección inmobiliaria de Camarinas.eu os interesados poden poñerse en contacto con eles no seguinte número de teléfono: 981 73 09 78
  • Se vende coche modelo Kía Sportage en Camariñas

    Seguimos en Camarinas.eu a axudar aos nosos veciños anunciando todo aquelo que necesitan poñer á venda. Desta vez publicamos a posta en puxa dun fabuloso todoterreno Kia Sportage. Matriculado no ano 2000, este vehículo conta con 137.000 kilómetros rodados. Seu motor turbo-diesel está dotado con unha cilindrada de 2.000 centímetros cúbicos que logran sacar unha gran potencia de tracción 4x4. O aspecto tanto interior como exterior deste precioso todoterreno é impecable e, como ben pudo comprobar a redacción de Camarinas.eu, non ten nin unha sóa raiadura no seu impoluto capó. Así que, si queredes un coche perfecto para o monte, fácil de aparcar e xeitoso para andar pola cidade non tendes máis que chamar ao 671 27 94 31.
  • Se vende Casa con vistas ao Porto de Camariñas

    Camarinas.eu, o grande e único medio de comunicación independente e veraz e que ten como misión fundamental levar a voz dos veciños do concello ata o último recuncho do globo, procede a publicar este caluroso mércores 11 de setembro outra oportunidade inmobiliaria única na Costa da Morte. Trátase desta volta da posta a venta dunha vivenda completamente amueblada situada en pleno barrio de Corea e a tan só uns escasos metros das tranquilas augas da Ría de Camariñas. Unha construcción que consta con cáseque 200 metros cuadrados habitables divididos en dúas plantas máis baixo cuberta. Unha edificación que conta con dúas entradas posuíndo a principal delas un aplísimo patio que permanece soleado durante case todo o día e con unhas envidiables vistas ao porto pesqueiro camariñán. Unha oportunidade única o deste inmoble que se poñe á venta. Para contactar cos propietarios os interesados poden poñerse en contacto no seguinte número de teléfono: 619 62 97 63
  • Véndese casa a restaurar en Camariñas

    Nunha das zonas máis céntricas de Camariñas ponse a venda por parte dos seus propietarios unha casa de pedra a restaurar. Unha construcción herdeira da antiga arquitectura popular e mariñeira das típicas vivendas camariñanas. Situada a poucos metros da Praza Maior da Vila das Palilleiras, concretamente na Rúa da Paz, conta esta casa con un total de 90 metros cuadrados aos cales se pode acceder mediante dúas entradas. O prezo non deixa de ser unha oportunidade única para todo aquel que desexe obrar no centro de Camariñas. Estamos a falar dunha cantidade de 55.000 euros aos que os propietarios acceden a negociar. Para calqueira consulta, os interesados poden chamar ao seguinte número de teléfono: 619 62 97 63.
  • Véndese casa en Buría - Fotos interiores

    Ante a avalancha de solicitudes e con vistas a que todos os postores teñan a mellor información, Mari Carmen Linares Chica decide facer público o interior da súa vivenda unifamiliar posta á venda. Cómpre lembrar que se trata da súa vivenda sita no privilexiado Lugar da Millarenga, en plena Buría, e que por mor da súa decisión de desplazarse coa súa familia ata a súa Málaga natal, buscando esos aires quentes do sur así como para facerse cargo dos seus pais anciáns, puxo a venta recentemente. Asemesmo Mari Carmen a Malagueña, tal e como era coñecida cariñosamente en Camariñas, acaba de poñer precio de saída a vivenda, situando éste no importe de 180.000,00 € para unha vivenda amplia, dotada dun oceánico patio e completamente amueblada. Os interesados poderán dirixirse ao número 699 90 26 69 e preguntar polas condicións da compraventa. Poucas veces unha casa así sairá a venta.
  • Véndese Casa en Buría totalmente amueblada

    Despois de sete anos de impecable labor como Concelleira de Asuntos Sociais, todo apunta a que en xuño deste ano María del Carmen Linares Chica deixará o seu cargo. A Malagueña, tal e como popularmente é coñecida en Camariñas emprenderá viaxe definitiva xunto ao seu esposo e os seus fillos cara a súa terra natal, onde entre outras cousas farase cargo do coidado dos seus pais anciáns. Por elo, visto o irremediable da decisión tomada, decide poñer en venta a súa casa sita no Lugar da Millarenga, en pleno Barrio de Buría. Trátase dunha amplia casa unifamiliar de dous plantas e fallado, completamente amueblada, dotada dun espacioso patio e de garaxe. Como todo o mundo sabe esta casa foi obxecto de coidados e arranxos constantes que fan que o seu estado actual sexa impecable. Os interesados en formular ofertas poden dirixirse a esta muller que despois de coñecer ao seu esposo camariñán en Suiza, convertíose nunha veciña máis da Vila das Palilleiras, querida e respetada, feito que motivou que dera o salto á políica estreando cargo na Concellería de Servicios Sociais alá por xuño de 2007. Agora, sete anos despois, e ca conciencia do gran traballo realizado, decide voltar cara a súa Málaga natal, onde esperamos que todo lle vaia ben a unha muller que deixa un recordo imborrable. Sorte, Mari Carmen.
  • Véndese o proxector Cine do Campo

    As butacas do palco do Cine de Abaixo ainda se conservanHai agora un programa nun destes canales de documentais no que dous tipos percorren Estados Unidos de arriba a abaixo comprando chatarra de todo tipo para despois, unha vez convenientemente restaurada, vendela a precios desorbitados. A vista dos precedentes se por unha causalidade dos destino decidiran achegarse polo antigamente denominado Cine Rialto, o popularmente coñecido durante décadas como "Cine de abaixo" entón si que se ían a facer millonarios. Porque o noso querido amigo e auténtico Presidente fundador do FC Camariñas Vicente Carril decidío poñer á venta o que foi o proxector cinematográfico máis prolífico da historia fílmica da Costa da Morte.
  • Véndese o mítico Goma de Camelle

    Á venta un dos locais míticos da noite da Costa da MorteUn dos locais míticos da movida da Costa da Morte, o Goma de Camelle, sae á venta. Emblemático pub polo que pasaron unhas cantas xeracións desta Franxa Atlántica, inesperado afterhours do que foron rescatados por un emblemático barman camariñán a mui altas horas dun sábado de festa perdido a comenzos da década dos 90 os redactores que o presente subscriben, sempre haberá un resquicio na memoria colectiva para este local hosteleiro onde tan bos momentos pasamos prácticamente a maioría dos que asomamos pola presente crónica.
  • Véndese licencia de taxi en Camariñas

    Camariñas pódese quedar con único taxi de servizoNos bos tempos do servizo tampouco era que houbera moitos taxis en Camariñas pero é que das dúas únicas licenzas de taxi actualmente en servizo unha delas sae á venda por xubilación do seu titular. Os interesados en adquirir a citada licencia e evitar deste xeito que a Vila das Palilleiras quede cun único taxi operativo poden chamar aos teléfonos 639 96 74 50 e 981 73 64 46. Nestes tempos e crise agónica e terminal e de paro desbocado, vendo que temos aos mandos da nave española á mesma clase política desvergonzada culpable de desvalixar o país e levalo á ruina, en principio non parece mal negocio, sobre todo se temos en conta que o que é competencia non vai haber moita, e ademáis á vista da caída en picado das ventas de automóviles...
  • Véndese casa na Praia de Camelle

    Unha casa nunha posición privilexiada ao carón da Praia de CamelleAgora que a cita veraniega está recén comenzada hai unha casiña á venta en Camelle ideal para pasar estas datas nun entorno idílico. A pe da restaurada recentemente praia da vila máis septenrional do noso concello, alí onde comenza un dos paseos marítimos máis fermosos de toda Galicia, ao abrigo das ladeiras dun entorno montañoso ponse á venta un refuxio vacacional idóneo. Os interesados en consultar as condicións polas que se levaría a trámite a transacción poden chamar aos números 687 92 81 54 e 664 78 24 47 e preguntar por Bruno, o cal amablemente responderá a todas as cuestións dos interesados na casa. Cómpre sinalar que os propietarios da vivenda comprométense a entregar aos posibles adquirentes todos os documentos que ratifiquen a indiscutible adecuación da mesma á legalidade urbanística vixente, con todos os permisos e autorizacións. En definitiva, unha casa situada en primeira liña de praia, nun dos conxuntos naturais máis impresionantes da Costa da Morte, na vila elexida por un xenio iconoclasta alemán para abraiar ao mundo co producto da súa arte e con todos os permisos en regra. Un vivenda en definitiva que cunhas pequenas reformas convertirase nun refuxio vacacional de primeiro orde.