• Procesión de San Xurxo 2015 en Camariñas

    E outra ano máis chegou a festa que honra ao patrón de Camariñas. E chegou desta vez cun tempo primaveral que encheu Buría ata os topes de xentes ledas e coa visita tan inesperada como electoralista da  Delegada Territorial da Xunta de Galicia. EStreouse nestes menesteres unha tal chamada, segundo contan, Belén Do Campo, a cal pasaría totalmente inadvertida entre toda a muchedumbre que abarrotaba o atrio da Igrexa Parroquial de San Xurxo de non ser pola ridícula presencia dunha patrulla de mequetrefes autóctonos sen oficio nen beneficio que rebolotearon ao seu redor. Tarea penosa a que se lle está a facer pasar a estes mandados dende a dirección provincial do PP da Coruña para tentar evitar o colapso total e máis que seguro afundimento definitivo do seu partido na vila de Camariñas. Estas vindeiras eleccións municipais virían a supor, de ser certas as previsións que manexan altas instancias populares, unha verdadeira debacle con consecuencias fatales para un PP totalmente fracturado, especialmente dende as últimas e incomprensibles decisións tomadas dende esta desquiciada dirección provincial, que cedeu aos chantaxes favorecendo a un bando desertor que tentou publicamente organizar un partido independente e cachalote, decisión que sorprendentemente castigou a tódolos concelleiros electos polo pobo soberano nas derradeiras eleccións municipais.
  • Cartel da Cena Baile do San Xurxo 2015 en Camariñas

    Despois do éxito abrumador colleitado pola comisión da Virxen do Monte 2015 encabezada pola concelleira Mayte Castro Carril chega o turno do distrito de Buría e comeza a quentar motores xa a seguinte festa do calendario festivo camariñán. Este é o caso da nosa querida entrañable Festa do San Xurxo cuia comisión ven de presentarnos o cartel da que será a súa cea baile co fin de recaudar fondos a prol da festa do noso Patrón. Unha suculenta cea que se celebrará 18 de abril de 2015 ás 21:30 horas no Restaurante Catro Ventos de Camariñas. O menú que se servirá será todo un clásico deste tipo de enchentas e contará con entrantes de empanada, de seguido servirase unha sabrosa merluza á romana con patacas ao vapor e ensalada. Xa para finalizar o rancho servirase un suculento xamón de tenreira en salsa de champiñóns e para rematar, os camareiros do coñecido ristorante camariñán repartirán entre os asistentes un exquisito postre a escoller entre fresas con nata ou tarta xeada. Todo elo regado con viño, auga e refrescos. Xa despois, e antes de comezar a mover o esqueleto os asistentes poderemos degustar os consabidos cafés e chupitos para ir quentando motores para preparar o asalto ao bailoteo. Todo aquel que desexe asistir a esta gran cea a prol da Festa de San Xurxo poden facelo falando directamente cos integrantes da comisión ou ben chamando ao 687 64 13 08, eso si, terá que facelo antes do venres 17, data en que se cerrará o prazo para asistir a esta cea. Benvido San Xurxo 2015!
  • Procesión de San Xurxo 2014 en Camariñas

    Camariñas botouse á rúa este mércores 23 de abril de 2014, Día de San Xurxo, no atrio da súa Igrexa Parroquial. Centos de veciños acudiron á chamada do Patrón da súa vila e acompañárono un ano máis nas súas tradicionais voltas arredor do templo que o honra.Todo elo como prolegómeno da sesión vermouth que fixo que as ventanais e terrazas de Buría se inundasen de veciños satisfeitos de estar ao carón do Santo Patrón no seu día máis especial. Entre eles un ano máis destacou o importante continxente de emigrantes que facendo un gran esforzo non se quixeron perder a cita. E así, por un día, as alturas de Buría convertíronse no epicentro festeiro camariñán que se adianta ao todo o que queda por chegar.
  • Cartel da Festa de San Xurxo 2014

    Case recén rematada a Virxe do Monte arranca a Festa de San Xurxo. Non hai descanso no calendario primaveral camariñán. As alturas da Vila das Palilleiras rendirán un ano máis homenaxe ao seu Santo Patrón nunha edición para a que a Comisión de Festas elaborou un programa minucioso e completo na mellor tradición de Buría. Todo elo arrancará o martes 22 de abril cun repique de campás e a tirada de 21 bombas de palenque. Para o mércores 23, Día Grande das Festas, Banda de Música, Grupo de Gaitas, sesión vermouth e verbena a cargo das Orquestras Cinema e Aché. Ademáis obviamente da tradicional procesión ao redor do Templo Parroquial e unha espectacular traca artillera. O xoves 24, Día de San Roque e San Antonio, serán Fania e Philadelphia as que se encarguen de amenizar os dancings camariñáns mentras que o venres 25, Xornada de homenaxe aos nosos sagrados emigrantes, Pontevedra e Ciclón levarán a boa música á Praza de San Xurxo. Todo elo para que o sábado 26 se poña o broche de ouro a un cartel espectacular ca homeaxe floral a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa no Lugar do Cotro e sesión vermouth e verbena eminentemente xuvenil a cargo de Mosaico e Factory Móvil. Catro días de completo calendario que farán que Buría, e por extensión toda Camariñas, sexan unha festa.
  • Procesión de San Xurxo 2013 en Camariñas

    Hai uns anos, non tantos, un 23 de abril, con motivo do acto de homenaxe a Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o burián que sufragou a construcción da Igrexa de San Xurxo, Daniel Rego González subía á tarima instalada por operarios municipais no Lugar do Cotro e co beneplácito da Comisión de Festas daquel entón e ante un cariacontecido auditorio impartía un auténtico mitin político. Indiferente á sorpresa inicial do público asistente pola extemporaneidade e inoportunidade de semellante arenga partidista, micrófono en man comenzaba lembrando aqueles anos nos que seu proxenitor o ía a buscar puntualmente cada 23 de abril ao internado santiagués onde arrancaba unha carreira académica posteriormente tan exitosa e exemplar, rubricada con multitude de títulos e recoñecementos doctorais, para que deste xeito estivera presente na gran festividade do Patrón de Camariñas. Despois entraba xa en fariña política e censuraba ante o numeroso auditorio como nunha data tan importante para todo bo camariñán, na que ata a fábrica de Cerdeiras daba o día libre aos seus traballadores, a maior empresa de Camariñas, o Concello, non declarara o día festivo. Seguía despois o discurso por parecidos derroteros que un xa non atinou a escoitar ao retirarse, asqueado e escandalizado pola conversión e utilización dun acto en principio emotivo e desinteresado nun mitin partidista. A política, a maldita política, que acababa unha vez máis pudrindo ata a raíz co seu abrazo mortal un sinxelo acto de homenaxe ao maior mecenas da historia de Camariñas.
  • Programa da Festa de San Xurxo 2013

    Colaborando sempre desinteresadamente cas diferentes asociacións do Concello de Camariñas, desta volta procedemos a publicar o programa de festas e a convocatoria da Cea Baile de San Xurxo 2013. Froito todo elo do esforzado traballo dos membros da Comisión de Festas que foron quen de idear un programa completo e interesante para a edición deste ano que honrará ao Patrón da Vila das Palilleiras. Unha festa que arranca ás 21:30 horas deste sábado 13 ca Cea Baile recaudatoria e que reenganchará nas horas do sagrado vermout do sábado 20 cando a Orquesta Panamá armonice os compases musicais iniciais da gran festividade de Buría. Uns actos programados que se extenderán ata o mércores 24, cando a altas horas da madrugada, as Orquestas Fania e Marbella poñan o broche de ouro final á festividade adicada ao noso Santo Patrón. O calendario festivo 2013 xa está aquí.
  • Vídeo da Festa de San Xurxo 2012

    Un pequeno regalo para os nosos emigrantes buriáns espallados polo mundoComo sempre, ao igual que en anos precedentes, unha lexión de buriáns desperdigados polo mundo (Suiza, Bélxica, Alemania, etc...) buscaron un oco no calendario, fixeron a súa maleta e voltaron á súa terra polos sagrados días de San Xurxo. Agora, pasado un mes, todo parece moi lonxano, unhas épocas remotas, pero para estes emigrantes elo supuxo a batería na que recargar as pilas para longo ano de duro traballo. Por elo, Camarinas.eu consciente da labor social que como única web representativa de todo un concello ten entre o noso colectivo emigrante, réndelles unha humilde homenaxe publicando un vídeo grabado a cabalo de diversas sesións fotográficas durante a derradeira Festa de San Xurxo, ese abrevadeiro emocional no que tantos buriáns afastados da súa terra sacian a morriña de todo un ano.

     

  • Procesión de San Xurxo 2012 en Camariñas

    O clima dou un respiro e o Patrón de tódalas Camariñas saío en Santa Procesión sen maiores atrancos, rodeado da fe e da devoción das súas xentes. Multitude de camariñáns, maiormente procedentes dos distintos lugares do Distrito de Buría, inundaban o atrio da Igrexa Parroquial cando pasadas ás 13:00 horas San Xurxo facía a súa aparición polas portas do templo sagrado nunhas datas sempre a medio camiño entre unha recén fenecida Semana Santa e o verán pródigo en todo tipo de festexos que se aveciña. Así soe ser a festa do Santo Patrón, habitualmente azoutada por un duro e implacable nordeste ou polas inoportunas augas primaverais. Nembargantes, tal que decíamos, no Ano do Noso Señor de 2012 o clima dou un respiro, dende os ceos fíxose a luz e santo que terminou co dragón dun lanzazo poido saír a recibir o cariño, a devoción e a fe das súas xentes sen maiores atrancos.
  • Festa de San Xurxo 2012

    A festa en honor ao Patrón de Camariñas arranca este sábado 21 de abrilDende este sábado 21 de abril o Distrito de Buría e por extensión Camariñas están en festas. A edición do 2012 da Festa en honor do Patrón da Vila dos Encaixes arranca aos sons do baile vermouth e extenderase ata o martes 24 de abril. A comisión de festas organizou un completo programa de actuacións que inclúe ás orquestas Nueva Generación, Ciclón, Fania, Marbella, Abanico, Aché, Palladium e Cinema, ademáis da xa clásica e obrigada ofrenda floral no Cotro ao camariñán que construío desinteresadamente a finais do século XIX a Igrexa Parroquial. O día grande caerá este ano en luns e esperemos que as chuvias que están a caracterizar un mes ata o de agora pródigo en augas dea unha tregua e os camariñáns, especialmente aqueles que residen nos diferentes e antigos lugares de Buría, poidan honrar como se debe un ano máis ao noso Santo Patrón.
  • Reportaxe completo das Festas de San Xurxo 2011 en Camariñas

    Un ano máis, a cabalo dun calendario especialmente complicado, tiveron lugar impecablemente as Festas na honra do Santo Patrón do Concello de Camariñas. Tiveron que competir ao longo de catro días cas celebracións da Semana Santa, cas da XXI Mostra do Encaixe e cas da Virxe do Monte, pero finalmente cada un buscou o seu oco e houbo tempo para todo. Especialmente inquietos os corazóns buriáns volcáronse con tódolos actos adicados a San Xurxo e así durante as procesións de domingo e luns un hervideiro de veciños maiormente provinte das partes altas da parroquia da Vila das Palilleiras inundaban o atrio eclesial así como os arredores da Praza de San Xurxo. Vestidos cas súas mellores galas, henchido o corazón co seu mellor ánimo, celebrouse conforme á tradición os días máis importantes do ano no Distrito de Buría. Despois de cumprir co sagrado rito que inaugurara hai máis de 200 anos un natural do Cotro, D. Domingo Antonio Rodríguez Canosa, xa habería tempo para desparramarse a multitude festeira polos distintos locais na procura do imprescindible vermouth primaveral. Un ano máis, conforme á súa propia tradición, camarinas.eu asistío aos sacros actos da Festa de San Xurxo e publica a meirande reportaxe posible. Realmente, a única.
  • Preparativos de San Xurxo 2011

    Un operario do Concello limpa o monumento ao fundador da Igrexa ParroquialAs Festas de San Xurxo de 2011 xa quentan motores. Todo está listo e preparado para que o 22 de abril arranque por todo o alto a festa en honor ao Santo Patrón do Concello de Camariñas. O pistoletazo de saída dábase ao longo da presente semana con dous sucesos en principio alonxados entre si pero encamiñados a acadar un mesmo fin, un obectivo común. Por un lado, o Concello de Camariñas, como parte integrante da súa ofensiva contras as malas e alborotadas herbas que inundaban ata o último dos recunchos do noso término municipal, destinaba a un dos operarios da Patrulla Municipal de Obras para proceder ao desbroce e limpeza dos arredores do monumento a D. Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o burián ilustre que co producto de toda unha vida de duro traballo en México acometía a financiación da Igrexa Parroquial de San Xurxo.
  • San Xurxo 2010: Futbol no Campo do Cotro

    Os graderíos do mítico Estadio do Cotro quedáronse pequenos para ver unha auténtica exhibición futbolera
    Os graderíos do mítico Estadio do Cotro quedáronse pequenos para ver unha auténtica exhibición futbolera

    Cita ca Historia no Cotro

    Probablemente, xa con anterioridade á invención en 1863 do football e á súa posterior introducción en España a finais do s. XIX por traballadores británicos das Minas de Riotinto (Huelva), no Monte de O Cotro existía un descampado e nel algún camariñán lle daba patadas a un balón. E sen embargo ao longo de toda  esta dilatada e lexendaria traxectoria o máis antigo e histórico dos Estadios do Concello nunca vira un partido disputado con porterías oficiais e líneas reglamentarias. Ata que na soleada e calurosa tarde do domingo 25 de abril de 2010, último día das Festas de San Xurxo, os máis finos estilistas balompédicos do Distrito de Buría congregáronse, acompañados por unha entusiasta lexión de seguidores, para disputar un histórico partido de Solteiros contra Casados, que deixou para os anales un resultado tan estratosférico que non chegan os números do teclado do pc para plasmalo. Posteriormente, as seccións inferiores do futuro FCB (Football Club Buría) aproveitaron a ocasión que se lles brindaba para reivindicarse ante os seus maiores nunha serie de partidillos. Polo momento a falta de equipación propia fixo que se vislumbraran sobre a alfombra impecable de O Cotro unha variada constelación de camisetas con claro predominio das do Barça, unha camisola heroica do Real Madrid e incluso algunha daquel histórico FC Camariñas patrocinado por Empresas Grifomar. Instantes gloriosos que pasarán á historia gracias as espectaculares imaxes e impresionantes vídeos captados pola cámara privilexiada de camarinas.eu.

  • San Xurxo 2010: 23 de Abril

    Procesión e Ofrenda Floral de San Xurxo 2010

    As festas en honor a San Xurxo congregaron outro ano máis unha multitude de fieis camariñáns
    As festas en honor a San Xurxo congregaron outro ano máis unha multitude de fieis camariñáns

    Xentes da Millarenga, do Outeiro, de Mourín, do Cotro, de Pións, do Riás, de Tilleiro e o Cotariño tamén, das terras baixas de Camariñas, emigrantes chegados dende Suiza en avións repletos fletados especialmente para a ocasión: todos eles cara ás 13:00 deste venres 23 de abril de 2010 atopábanse ben no atrio da Igrexa de San Xurxo, ben nos seus arredores, para honrar ao Santo Patrón de Camariñas. O ambiente especial, distinto, que se apodera do epicentro do Concello de Camariñas cada ano nesta sinalada data volvíose a facer notar. E muitos dos anteriormente sinalados, preto das 19:00 dunha radiante e calurosa tarde encamiñáronse cara O Cotro para rendir os debidos respetos a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o camariñán que dende o corazón de Buría conquistou México para construir unha igrexa espléndida no pobo da súa alma. Camarinas.eu estivo presente nos dous grandes actos que conforman a gran festa patronal de Camarñas e captou unha impresionante galería fotográfica de 230 imaxes e tres vídeos.

  • San Xurxo 2010: Campo do Cotro

    Comenzan as obras de rehabilitación do Campo do Cotro

    O albor dos novos tempos parece por fin chegado ao Campo do Cotro ca instalación das porterías
    O albor dos novos tempos parece por fin chegado ao Campo do Cotro ca instalación das porterías

    Tras longos e escuros anos de total abandono, parece que as distintas administracións comenzan a dar os primeiros pasos para proceder a remodelar o máis histórico e antigo dos Estadios do Concello: o Campo do Cotro. Este xoves 22 de abril de 2010, víspera de San Xurxo, a redacción de camarinas.eu na súa puntual visita semanal ao gran santuario espiritual do fútbol camariñán, o Monte do Cotro, puido comprobar cáseque con bágoas nos ollos e un tremor de emoción agarrotando a gorxa como dúas porterías aptas para a práctica indistinta de futbito y/o balonmano  foran instaladas no mítico estadio propiedade da Federación de Buría e futura sede do FCB (Football Club Buría). O cal, obviamente, plantexa unha serie de inquedantes incógnitas: ¿constitúe este o punto de partida para o desembarco no auténtico templo futbolístico de Camariñas dunha inversión muchimillonaria destinada a paliar décadas de abandono administrativo? ¿Veranse estas porterías acompañadas da construcción dos indispensables graderíos? Neste último caso e dado o escaso do terreo dispoñible ¿optarase a semellanza do Estadio Vicente Calderón pola construcción dun túnel baixo a grada para facilitar o tránsito automovilístico cara ó centro urbano do Cotro? ¿O carácter unisex (futbito/balonmano) das porterías permite pensar nun estadio multiusos? ¿Veremos ao Conservas Boya xogar os seus partidos sobre o firme impecable do Buríastadium? Finalmente, e dado as datas nas que nos atopamos ¿quedará toda este despliegue nunha sinxela (aínda que necesaria) homenaxe ao noso Santo Patrón?

  • San Xurxo 2010: Programa e Actividades

    Comenzan as Festas de San Xurxo 2010

    As Festas de San Xurxo xa están aquí cun amplo programa de actividades a desenrolar durante catro días
    As Festas de San Xurxo xa están aquí cun amplo programa de actividades a desenrolar durante catro días

    Pois xa está todo o barrio de Buría debidamente engalanado, a herba dos arredores ao monumento a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa e da Igrexa Parroquial de San Xurxo, por el financiada, completamente rasurada e os corazóns das boas xentes de Camariñas cheos de ledicia e ilusión ante a chegada da grandes festas adicadas ao Patrón da vila. Para elo este ano completouse un programa de catro días que comenzará este xoves 22 de abril ca verbena a cargo das orquestas Océano e Aché e que rematará o domingo 25, San Marcos, ca actuación da orquesta Master. Entre medias un fin de semana  cun amplo cadro de actividades que inclúen grupos de gaitas, bandas de música, a ofrenda floral e verbenas e bailes vermouth coas orquestas Abanico, Ciclón, Galilea e Marbella. Aquí en camarinas.eu para honrar ao noso Santo Patrón, a semellanza do realizado ca Virxe do Monte, decidimos rescatar do noso arquivo fotográfico infinito e insondable unhas cantas fotos históricas de calqueira das festas grandes de Buría de comenzos dos anos 90 como forma de perpetuar a homenaxe secular das boas xentes de Camariñas a San Xurxo.

  • Reportaxe sobre a Igrexa Parroquial de San Xurxo

    Só a mente dun burián como JSG podías idear semellante homenaxe ao seu querido templo parroquial
    Só a mente dun burián como JSG podías idear semellante homenaxe ao seu querido templo parroquial

    San Xurxo dende os ceos

    Agora que se inicia un novo ano non está de máis recordar un dos principais edificios relixiosos da Costa da Morte que dende que fora solemnemente inaugurado alá a finais do século XVIII, o así chamado Século das Luces, gracias a aportación xenerosa e altruista do máis importante mecenas da historia do noso concello, Domingo Antonio Rodríguez Canosa, non deixou de erguerse maxestuoso en pleno corazón de Buría desafiando o paso dos séculos. O feito de que o ouro que había de financiala fose tan duramente conseguido nas terras mexicanas iniciaba xa hai máis de 200 anos a relación perenne e artística que había de unir a Camariñas co México lindo e querido. Quen sabe todo esto é o noso querido usuario e colaborador Juan Salvador Gaviota (JSG) que emerxío dende as profundidades do seu barrio amado de Buría para captar en 50 fotografías da máxima calidade as primeiras imaxes aéreas publicadas do noso querido templo parroquial das que se teña noticia.

  • San Xurxo 2009: Patron de Camarinas

    Galería fotográfica completa de San Xurxo 2009

    Só camarinas.eu nun esforzo sen precedentes podía traer para vos unha galería de preto 350 fotografías
    Só camarinas.eu nun esforzo sen precedentes podía traer para vos unha galería de preto 350 fotografías

    O xoves 23 de abril do ano do noso Señor 2009 camarinas.eu levou a cabo a máis impresionante e exhaustiva  cobertura informativa endexamáis feita das festas do noso querido Patrón de Camariñas San Xurxo. Para a historia quedará a presente galería fotográfica de preto de 350 fotografías que a pesar do virus de intencións mortais que lle inocularon ao xigante cibernético da Costa Atlántica, camarinas.eu vos sirve nunha reportaxe a cinco bandas na que puxemos a traballar para tódolos seguidores da web dos 5.000.000 de visitas a un auténtico repóker de ases, os nosos reporteiros festeiros máis acreditados: Diego Alonso Freire, Lucía Carril Ageitos, Alvito  Diéguez Jr., Mónica Pasantes e Zhúkov. Queridos usuarios: nada pode con camarinas.eu, mala hierba nunca muere.

  • San Xurxo de Camarinas 2009 Jueves

    Comezan as Grandes Festas de San Xurxo 2009

    Image

    As festas en honor ao noso Patrón San Xurxo comezaron onte mércores 22 de abril cun gran espectáculo por parte da orquesta Marbella na cal puidemos ver moitas caras coñecidas do particular mundillo orquesteril. Hoxe xoves é o día grande das festas e a 1 da tarde celebrarase a tradicional misa e a procesión ao arredor da nosa igrexa en honor ao Patrón de Camariñas, San Xurxo. Sobre as dúas da tarde comezará a sesión musical a cargo dunha banda de música que tocará unhas pezas clásicas na Praza de san Xurxo. Ao rematar esta será a Orquesta Versalles a que tomará o relevo para comezar xa co típico baile vermouth. As 7 da tarde realizarase a ofrenda floral a Don Antonio Domingo Rodríguez Canosa no lugar do Cotro en Buría e será de noite cando comece a espectacular gala musical coas orquestas Versalles e archicoñecida Panorama.

  • Resumen Final Maraton Futbito San Xurxo 2009

    Todas as fotos do Maratón San Xurxo 2009

    O Resumen Final do mellor maratón de futbito destes últimos anos só en camarinas.eu
    O Resumen Final do mellor maratón de futbito destes últimos anos só en camarinas.eu

    Pois mentras medio Camariñas atopábase na tarde deste domingo 19 de abril na Procesión que retornaba a Virxe do Monte cara a Igrexa de San Xurxo, o outro medio, despois dunhas fases previas presididas por un éxito impresionante de público e de organización, presenciaba no Pavillón Municipal a Gran Final do Maratón San Xurxo 2009 que enfrontaba aos camariñáns de Carpintería Alberto contra o Café Bar Guaraná de Ponteceso, equipo formado por xogadores reclutados nas mellores pistas polideportivas da Coruña. A súa calidade demostrárona sobradamente nun partido no que se impuxeron aos nosos por un marcador de 6 a 1, destacando a extraordinaria labor do porteiro do Carpintería Alberto, o noso querido usuario Peteke. En definitiva remata cun éxito rotundo unha iniciativa surxida da mellor xuventude camariñana  e que camarinas.eu reflexa para a posteridade cunha amplia galería fotográfica e tres impresionantes vídeos.

  • Video historico de San Xurxo 1995 en Camariñas

    Esta redacción nun esforzo sen precedentes estivo ata as 5 da madrugada pasando o vídeo da Festa de San Xurxo de 1995 a DIVX nunha dura loita contra ordenadores que non funcionaban e contando coa axuda inestimable de O SOCO que dende a lonxana Suiza arrimou o hombro para facer a milagre posible. E todo para que hoxe 23 de abril, día do Noso Patrón, poder honrar a San Xurxo como se merece cun vídeo impresionante de unha hora e media de duración que fará que vos vexades con 13 anos (e seguramente tamén uns cuantos kilos) menos. Agora a desfrutar.