Camarinas.eu, sempre activa colaboradora coas comisións de festas do noso pobo (aínda que a veces non nos axuden moito a nos) fará un seguimento especial a estas festas para que todo camariñán que se encontre fora do seu pobo poida ver coma se estivera aquí unha das últimas festas do verán na Costa da Morte, porque o noso compromiso é e será sempre ca xente do Concello de Camariñas. Pulsa na imaxe para ver o programa completo e ver unha galería das Festas de San Ramón do ano pasado.
Xa podes ver un pequeno avance das fotos que estivemos sacando polo palco da festa de San Ramón: a última festa do Verán na Costa da Morte, e que como tódolos anos acolleu a numeros visitantes no seu día grande, o 31 de agosto. Para ver as primeiras fotos PULSA AQUÍ