• Cartel da Festa de San Pedro 2018 na Ponte do Porto

    A incombustible comisión da útimamente tan exitosa festa de San Pedro da Ponte do Porto veñen de facer público o cartel da próxima edición das festas parroquias da nosa querida viña porteña. Un cartel repleto de días de troula no que a novidade principal desta edición será a continuidade nos días festivos. Así dende o 29 de xuño ata o 1 de xullo poderemos desfrutar ininterrumpidamente e día tras días dos nada máis e nada menos que cinco días de festa. Esta non será a única diferencia con respecto a outras edicións desta tradiciónal cita verbeneira da Costa da Morte, se non que outra das importantes novidades do San Pedro 218 constitúe o traslado por mor do calendario da tradicional sardiñada que se celebra dende tempos inmemorias na Ponte o día 28 de xuño poderemos disfrutala o día 27. E xa despois desta xornada de véspera chega un auténtico batallón de días festivos acompañados polas respectivas misas e procesións diarias dunha das festas máis importantes do Concello de Camariñas que inaugura, como caseque todos os anos, a xornada estival da Costa da Morte. E alí estaremos para contarvos todo canto na Festa de San Pedro da Ponte do Porto 2018 aconteza.
  • Cartel da Festa en honor a San Pedro da Ponte do Porto 2017

    E chegou outro ano máis a impresionante festa de San Pedro da Ponte do Porto. Unha data festeira que se está asentando novamente no top das mellores citas verbeneiras de toda a Costa da Morte despois dos éxitos acadados tanto o ano pasado como nos anteriores. Como novidades desta edición citar o nomeamento dunha nova e heroica comisión que recolle o exitoso testigo do noso querido amigo Alfonso Castro. Desta volta veñen a conformar o novo equipo directivo os veciños porteños Juan de Dor como presidente e Laura Rial como vicepresidenta. Martína Martínez, Sebastián e Miguel son os que reforzan esta nova e prometedora comisión que conta coa axuda e colaboración da concelleira porteña Sandra Ínsua Rial. Un total de cinco días cheos de festa, actividades e devoción hacia o Patrón Porteño que dará comezo este mesmo mércores 28 de xuño coa consecución da tradicional e famosa sardiñada na véspera de San Pedro. Un cartel espectacular tanto no conseguido este ano polo novo grupo de xente ilusionada que tomou as rendas da comisión como no mesmo deseño en si, obra  orixinal do fotógrafo de bodas Diego Alonso que tamén costeou o importe do cartel tal e como o fixo o ano pasado. Dende Camarinas.eu queremos desexar a todos os nosos veciños da Ponte do Porto unhas felices festas e tamén esperar o maior dos éxitos a esta nova comisión que comeza. Viva San Pedro!
  • Cartel da festa en honor a San Pedro na Ponte do Porto

    Non podía ser menos e tamén a Ponte do Porto terá un ano máis un cartel solvente para as súas queridas festas patronais. Éstas comenzarán alá polo 27 de xuño de 2014 co pistoletazo de saída do San Antonio cunha impresionante churrascada e sardiñada amenizada pola mellor gaita galega para que ao día seguinte, o sábado 28, e depois de celebrar a tradicional misa en honra do santo, a Orquesta Estrellamar acometa unha sesión vermouth que terá a súa continuación á noitiña ca verbena na que tamén amenizada pola Orquesta Gran Parada. O domingo 29 serán Nueva Imperial e Combo Dominicano os encargados de levar a mellor música ata as ribeiras do Río da Ponte do Porto. Unha semana despois, en xornadas de 5 e 6 de xullo, volve a festa en forma de homenaxe ao Perpetuo Socorro e ao Santísimo Sacramento cun programa completo de misas, pasarrúas, sesións vermouths e verbenas a cargo das Orquestas Foliada, Samba e Fania Show. Todo elo gracias á labor continua e desisnteresada dunha Comisión de Festas que una no máis soubo estar á altura.
  • Resumo das Festas de San Pedro na Ponte do Porto 2009

    As Festas de San Pedro sempre son unhas datas mui sinaladas na Ponte do Porto: unha celebración máxica para a que unha pequena e coqueta parroquia pertencente a un concello remoto e olvidado prepárase con esmero durante todo un ano. Sempre pendentes de que a cuestión climatolóxica non falle, os veciños porteños poñen todo da súa parte para honrar ao santo milagreiro, aquel sobre o que Cristo xurou que ía construir a súa igrexa.  Mortificado e torturado vilmente polas huestes dunha Roma aínda pagana, o santo que mora ás mesmísimas Portas do Ceo sen dúbidas dende as súas alturas celestiais observa (e protexe) orgulloso e agradecido aos veciños daquela pequena vila que pegados a unha ponte milenaria cada mes de xuño honran ao seu Santo Patrón. 
  • Impresionante Sardiñada do San Pedro 2008 da Ponte do Porto

    Como é habitual ano tras ano, a temporada de festas de verán ten o seu punto de arranque nas festas de San Pedro da Ponte do Porto. Alí todos aqueles festeiros que veremos desfilar polas distintas romarías e festas dos contornos ao longo dos dous meses seguintes quentan motores e fan a súa particular pretemporada. En San Pedro están aquelas caras da xuventude que animarán as milenarias festas desta Costa da Morte nosa.