• Cartel da Festa de San Bartolo 2014 en Arou

    Pois xa nestas datas de mediados do verán máis desapacible que se lembre nestes últimos anos todo o entramado festeiro camariñán parece encamiñarse cara un fin. Deste fin de semana que se aveciña en diante todo será unha costa abaixo veraniego ata que alá polos comenzos de setembro, en plena Barca de Muxía, poidamos dar por finiquitado outro calendario estival. Un preaviso do aserto que realizamos soen ser as festas de San Bartolo en Arou, que por aquelo do eterno retorno nitzscheano este ano veñen a caer os días 23, 24 e 25 de agosto. Ahí haberá de todo: unha gran churrascada, unha disco móvil, unha agrupación musical o sábado 23; as Orquestas Escaparate e Pasito Show o domingo 24 e Marimba e Nievla o luns 25. Todo elo acompañado de pasarrúas, bombas pirotécnicas, misas solemnes e a ledicia e o orgullo dos arouáns por celebrar un ano máis, ese eterno retorno nitzscheano, as súas queridas festas en honor ao seu Santo Patrón.
  • Cartel da Festa de San Bartolo en Arou 2013

    Este venres 23 de agosto dan comezo as Festas de San Bartolo de Arou 2013

    Á espera de que o San Ramón camariñán poña o telón final ao verán festeiro municipal o San Bartolo arouán xa está aquí. A costa de grandes esfrozos os membros da comisión de festas desta coqueta poboación costeira foron quen de continuar a tradición nestos tempos de dura crise e aseguraron unha edición máis desta festividade típica de finais de agosto na Costa da Morte. Tres días de festa por todo o alto que comenzan este mesmo venres 23 e que se extenderán no medio dun xolgorio e ledicia incontrolados durante o penúltimo fin de semana de agosto.
  • Festa de San Bartolo Arou 2012

    Este xoves 23 de agosto de 2012 arranca unha nova edición da Festa de San BartoloNon sabemos si tamén contando ca xa clásica ausencia dos principais representantes do PP no Concello de Camariñas, pero o caso é que este xoves 23 de agosto arranca en Arou unha nova edición da Festa de San Bartolo. Bufff, Arou, alá arriba e esta xente siempre tan okupada... en verdade non sabemos, pero admítense apostas. No caso de que finalmente algún destes dous cráneos navieros decida asomar os fuciños pola nosa coqueta poboación norteña atopará unha xigantesca sardiñada de balde o xoves (o cal non está mal para ir enchendo o bandullo ante o negro futuro que se lles aveciña), e a actuación da Orquestra Trole. Para o venres, atoparían unha desas misas solemnes que se soen pasar polos forros tan católicos eles e unha sesión vermú e unha verbena pola que poderán andar a tombos e finalmente caer espatarrados cos pes para arriba estilo noite de San Juan a cargo das orquestras Gran Parada e Marbella.
  • Festa de San Bartolo de Arou 2009

    O sábado 22 gran churrascada e o luns e martes sesión vermouth e verbena en Arou
    O sábado 22 gran churrascada e o luns e martes sesión vermouth e verbena en Arou

    A churrascada que faltaba: Arou

    Pois agora si que xa están todas: cada parroquia do noso concello ca súa correspondente Gran Churrascada. E tamén todas elas visitadas por camarinas.eu na súa Semana Grande. Nesta ocasión foi o noso querido amigo Germán Mouzo, Presidente da Comisión das Festas, o que nos conta que de sábado a martes (con descanso o domingo) están preparadas en Arou unhas impresionantes festas en honor a San Bartolo, o santo que supostamente predicou o cristianismo nas caucásicas terras de Armenia, sendo lamentablemente martirizado por elo. Unhas festas que serán as primeiras co novo Paseo Marítimo e ca recentemente renovada Rúa da Praia, o que evitará sucesos como os acaecidos o ano pasado e que reproducimos no interior desta noticia a través dunha galería fotográfica. Orquestas do mundo: xa podedes achegarvos tranquilas pola nosa querida Arou.

  • Churrascada de San Bartolo 2008 en Arou

    Esta é unha das frases máis repetidas por esta redacción nestes últimos días porque, se ben todos sabedes que os redactores de camarinas.eu son  uns festeiros por naturaleza, a verdade é que neste verán non demos abasto en publicar festas, bodas, bautizos, cenas e comelladas, comunións, concertos, etc.. aos cales tivemos que asistir e, claro, xa se sabe... todo cansa. Incluso as festas.
  • Todo preparado en Arou para continuar coa Festa de San Bartolo

    ¡¡ULTIMA HORA!!! O camión da orquesta Mar Azul que vai a tocar hoxe en Arou quedou atrancado no medio das calles de Arou Protección civil fai todo o posible para desastascar o tráfico, pero a solución aínda non está próxima. Polo demáis todo segue o seu ritmo habitual, ademáis da xente do concello habitual nesta festa, esta mañá Arou tivo unha visita especial pola mañá, xa que a Conselleira de Política Territorial estivo comendo na Praia de Arou co Alcalde de Camariñas. Meteremos algunha foto esta semana.