• O mal tempo obriga a aprazar a ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ de Camariñas

    O forte temporal que afectará a toda Galicia durante esta fin de semana obrigou ao Concello de Camariñas a aprazar para a próxima semana as actividades programadas para a ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ que finalmente se levará a cabo do venres 16 ao domingo 18 de novembro. Só se manterá para o sábado, 10 de novembro, ás 22 horas a ofrenda floral aos náufragos da Costa da Morte e do Serpent que terá lugar no Cemiterio dos Ingleses e que correrá a cargo da Real Liga Naval Española, da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e do cura de Camariñas.
  • Ruta das Tapas "Coma o Outono" en Camariñas

    O Concello de Camariñas co cofinanciamento da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e a colaboración da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, organiza unha campaña de INCENTIVACION AO CONSUMO 2014 con actividades que se desenvolveran dende novembro co mercado e os comercios de Camariñas.
  • Sardiñas Frescas no Café Bar Victoria de Camariñas

    O Café Bar Victoria reparte sardiñas todos os días do Veran. Xa non temos desculpa para non ir a tomar uns viños ao Victoria xa que Mario, veciño de Camariñas de todos nos coñecido queda desde este Verán recoñecido oficialmente como "Asador de Sardiñas do Bar  Victoria" (quen lle dera a Arguiñano) Este verán colleu o seu traxe de Chief e púxose "mans á obra" para asar as sardiñas máis sabrosas.