• Grave agresión física ao director de Camarinas.eu

    Houbo un tempo non tan lonxano en que imaxinar ao presidente dunha das institucións máis prestixiosas do noso concello deambulando, sen máis compañía que a pesada sombra de sí mesmo, en elevado estado de intoxicación etílica polos bares de Camariñas insultando, acosando e agredindo a veciños, sería algo sinxelamente inimaxinable. Houbo un tempo en que imaxinar como secretario da mencionada institución a un superviviente sen oficio nen beneficio, un buscavidas fracasado, que nos seus ratos libres (todos) escribe viles calumnias en notas de prensa nauseabundas para tratar de revertir as fatales consecuencias derivadas de borracheras como pianos, sería tamén inimaxinable. A aureola de nomes inmaculados, élites dun concello, que naqueles día dourados puxeron o seu bo saber e entender ao servicio dunha institución antigamente respetada e querida e cuio legado está sendo tan lamentablemente arrastrado polo fango, máis ben pola barra dos bares, nestes tempos escuros...
  • Victor Vigo, redactor de balonman de camarinas.eu

    Con motivo da presentación en sociedade do histórico encontro que, dentro dos eventos previstos no Trofeo "125 anos Conservas Boya", este domingo 23 de maio enfrentará a partir das 19:00 no Pabellón de O Areal ás seleccións de balonmán de Galicia e Inglaterra, procedemos a dar a coñecer unha noticia que sen dúbidas aledará sinceiramente a tódolos aficcionados camariñáns e que redobra a aposta de camarinas.eu por este deporte: a fichaxe da maior perla surxida da prolífica canteira camariñana, Víctor Vigo, como redactor balonmanístico da web líder da Costa Atlántica. Dita colaboración desenrolarase a partir da próxima tempada 2010-2011 cunha crónica semanal que pasará revista ao realizado polo seu equipo, o Naturhouse Logroño, na Liga Asobal e ás xestas do Conservas Boya na competición rexional. E como aperitivo do que está por vir publicamos, xunto á nota de prensa remitida dende o C.B. Camariñas, as primeiras impresións de Victor Vigo como redactor de camarinas.eu referidas ao previo que enfrontaba ao seu equipo co Octavio Pilotes Posada na derradeira xornada da mellor liga do mundo, partido no que á postre venceu o Naturhouse Logroño e no que acadou unha meritoria quinta plaza final na Liga Asobal. Desta forma a sección de deportes de camarinas.eu queda configurada como unha das mellores do xornalismo galego, tendo como redactores aos dous mellores xogadores de toda a historia da Costa da Morte no ámbito do fútbol e do balonmán. Porque todo o mellor surxido de Camariñas acaba en camarinas.eu, a web obxectiva, imparcial e apolítica: a web feita día a día polas xentes dun Concello único. 
  • Benvido a Camarinas.eu !!

    Nova web adicada a Camariñas e o seu Concello. Benvido a esta nova web que hoxe abrimos oficialmente. Este é un proxecto colaborativo no que pode entrar calqueira persona pertencente ao Concello de Camariñas tanto se reside no propio Concello coma se está en calqueira parte do mundo (coma moitos Camariñáns). A base de esta web será crear un espazo colaborativo entre todos os usuarios que se rexistren nesta web e no que eles mesmos podan incluir noticias ou comentarios sobre estas novas e así conseguiremos un clima de total libertade de expresión e unha illa de crítica constructiva para poder (dentro do que cabe e na nosa humildade) contribuir para unha Camariñas millor.