• Recollidas 6 toneladas de roupa en todo o Concello de Camariñas no 2018

    O Concello de Camariñas xa recibiu os datos da recollida de roupa que se efectuou durante todo o 2018 nos puntos habilitados para tal fin. Foron un total de 6.472,30 quilos de residuo téxtil os que se depositaron nos colectores de Camariñas (fronte ao Concello), Xaviña (na praza da Igrexa) e en Camelle (na Area do Bote).

  • O Concello de Camariñas e Cáritas Diocesana de Santiago colaboran na recollida de roupa

    O Concello de Camariñas ven de asinar un convenio con Cáritas Diocesana de Santiago para a recollida e tratamento do residuo textil.  Así, instaláronse tres contedores onde os veciños interesados poderán depositar a roupa que queiran doar. Esta despois será clasificada por Arroupa, unha empresa colaboradora de Cáritas. Se a roupa é reutilizable entregarase a persoas que a necesitan, enviarase a terceiros países ou venderase nas tendas de segunda man. Se non é reutilizable enviarase a plantas de reciclaxe. Os contedores están situados en Camariñas, fronte a Casa do Concello, en Xaviña, na praza da Igrexa e en Camelle, na Area do Bote. Estes complementarán aos outros puntos que xa existen no Concello de Camariñas, como son o da casa do Cura de Camariñas, tamén de Cáritas, e na Ponte do Porto o de Equus Zebra preto da gasolineira e o do Eroski.