• Reciclaxe no Concello de Camariñas

    A única maneira que temos a maioría para cambiar o mundo son as pequenas accións e a reciclaxe está a ser, a día de hoxe, unha das máis importantes para loitar contra o cambio climático. Deste xeito, e para facilitar esta práctica, o Concello de Camariñas ven de asinar un novo convenio coa empresa Collecting Oil S.L. Esta empresa percorrerá as rúas das vilas do municipio a recoller diversos elementos de refugallo para o seu reciclado como son: aceites domésticos (fritidos, conservas, caducados), graxas e manteigas, pilas e baterías, lámpadas (mesmo as de baixo consumo e de tipo LED), electrodomésticos de pequeno tamaño (microondas, torradoras, teléfonos, radios, etc.), consumibles de impresoras, téxtiles e roupa e restos metálicos como, por exemplo, tixolas, moldes, cazarolas, entre outros. O servizo realizarase porta por porta unha vez cada catro meses cun mínimo de tres ao ano polo menos.

    Os veciños e veciñas interesados en este servizo deberán deixar na porta dos seus domicilios un recipiente de plástico cos aceites e graxas e unha bolsa pechada cos residuos domésticos no día fixado.

     

    FolletoTriptico_recollida_aceite_2021_page-0002.jpg

  • Cifras positivas no ámbito da reciclaxe no Concello de Camariñas

    Na última semana o concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Camariñas, Sergio Caamaño, mantivo unha reunión cos técnicos da entidade medioambiental sen ánimo de lucro Ecoembes. Nela os datos que se achegaron sobre o municipio foron realmente positivos. O primeiro foi relativo a recollida de envases lixeiros que ascende a 14.10 quilos por habitante no Concello de Camariñas, unha cifra superior a media galega que está en torno aos 12,90 quilos por habitante. A outra é relativa a taxa de impropios, é dicir, a cifra de residuos que se depositan nun colector equivocado. Neste caso a media galega sitúase nos 26,20 quilos por habitante e española nos 26,30 fronte a do municipio camariñán que baixa 5 quilos con respecto a estas cifra até os 21,63 quilos por habitante.

  • Inicio da segunda fase do "Camariñas Composta"

    O Concello de Camariñas iniciará o reparto de composteiros, formación e asesoramento individualizado aos novos participantes do programa municipal “Camariñas composta” a vindeira semana, cando rematará a primeira fase de difusión e captación de participantes.

  • Xornada para concienciar sobre a reciclaxe en Camariñas

    O Concello de Camariñas acollerá este sábado, 12 de xaneiro, unha xornada formativa organizada por Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para concienciar a cidadanía sobre a importancia da reciclaxe de residuos titulada ‘Separar con xeito para reciclar a feito!’. De 10:30 a 14 horas, no Mercado de Camariñas, instalarase unha carpa informativa para orientar e axudar á cidadanía a recoñecer correctamente os residuos que son obxecto de reciclado a través dos contedores amarelo (envases lixeiros) e azul (papel e cartón), así como animalos a realizar o seu depósito nos contedores correspondentes que atoparán no punto de información.
  • Novo servizo de recollida de cartón desde o Concello de Camariñas para os establecementos comerciais

    A partir deste mércores 24 de xaneiro, o Concello de Camariñas vai a poñer en funcionamento un novo servizo municipal de recollida de papel e cartón porta a porta a demanda nos establecementos comerciais do noso concello. A recollida realizarase cada 15 días, sempre en mércores. 
  • OBRADOIRO DE RECOLLIDA SELECTIVA NOS COLEXIOS DE CAMARIÑAS

    O martes pasado 80 escolares de primaria dos colexios Camariñas e A Ponte do Porto participaron en dous obradoiros impartidos polo Grupo Soil, a empresa contratada polo Concello de Camariñas para a recollida selectiva dos contedores amarelos e azul.
  • CAMPAÑA MEDIOAMBIENTAL NOS COLEXIOS DE CAMARIÑAS O DIA 12 DE MAIO

    O Grupo Soil en colaboración co Concello de Camariñas desenvolverá o 12 de maio a campaña “Recicla con Grupo Soil”nos colexios de primaria de Camariñas ás 10h e de Ponte do Porto ás 12:10h.
  • Camariñas amplía o seu programa de compostaxe a todo o Concello

    Tras a boa experiencia iniciada hai catro meses coas 25 primeiras familias de Camariñas, o Concello decide aumentar as participantes. O obxectivo deste proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no Concello, obter un abono de calidade, e concienciar á cidadanía da problemática asociada aos residuos en xeral, incentivando ademais na importancia da separación dos residuos.