• O Concello de Camariñas aproba unha modificación puntual do PXOM

    O pleno do Concello de Camariñas aprobou este 21 de maio, en sesión extraordinaria, a modificación puntual nº1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente no noso municipio. O obxectivo desta modificación era resolver algúns erros detectados, actualizar puntos para adaptalos á normativa vixente e aclarar determinadas situacións. Agora remitirase ao órgano autonómico competente para a súa aprobación definitiva.

  • Aprobación definitiva do PXOM de Camariñas

    Día histórico para o Concello de Camariñas, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras aprobou definitivamente o PXOM de Camariñas. Por primeira vez en toda a nosa historia municipal unha regulación pormenorizada e axustada á legalidade vixente fixará as normas urbanísticas do noso concello. Estamos a falar sen dúbidas da resolución administrativa máis importante que afectou a Camariñas en toda a súa historia, cáseque dende o mesmo momento en que se creou o concello. Día grande tamén, de éxito pleno e indiscutible, en canto premio á tenacidade e ao tesón, para aquel home que ve cumprido así o seu gran sono político, a súa maior aposta persoal, aquel que pasará á historia como o máis importante dos alcaldes camariñáns: Manuel Valeriano Alonso de León, Pichurri, o gran valedor (tal vez o único) do PXOM camariñán.