• O calendario 2020 do Carme de Camariñas, pola artista Porteña Purificación Lema

    O próximo xoves, 28 de novembro, as 17.00 horas, terá lugar a presentación da exposición da obra da pintora porteña Purificación Lema del Río, no faro Vilán. A artista porteña expón as láminas que creou para o calendario que a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” pon a venta para recadar fondos para as festas patronais do Carme de Camariñas de 2020. Esta exposición faise en colaboración coa Asociación de Empresarios de Camariñas, quen cede as instalacións que administra no entorno incomparable do faro de Cabo Vilán. A obra está composta por 13 láminas pintadas con distintas técnicas que reflicten acontecementos e espazos da vila e do concello de Camariñas e poden ser adquiridas por un prezo non inferior a 50 euros cada unha. Os fondos obtidos serán dedicados, coma os calendarios, a achegar recursos económicos para as festas do Carme.