• 15 anos do Prestige: A negra sombra que, aínda hoxe, nos asombra

    13 de novembro de 2002. Son as 6 da mañá e un cheirume a fuel invade, pouco a pouco, Santa Mariña. As 6.30 os primeiros mariñeiros e mariscadores que baixan ata o Casoliño e Ríos, enseadas naturais que facían de porto á brava flota destes auténticos lobos de mar, atopáronse cun fedor insoportable e un manto negro coma morte que todo o cubría: os petóns que emerxían do mar, as chalanas fondeadas ao abrigo dos temporais, os areais, o mar todo era negro como a noite mais escura. Negro todo, como un pesadelo, coma un desgarro da alma.
  • Entrega de Medallas Nacionais para o Voluntariado do Prestige en Camariñas

    O próximo 13 de novembro cúmprese o XV aniversario da catástrofe ocorrida nas costas de Camariñas como consecuencia do afundimento do buque petroleiro Prestige. Con este motivo, a Asociación Nacional de Agrupacións e asociacións de Voluntarios de Protección Civil, ANAV, vai facer entrega en Camariñas das Medallas de Recoñecemento ás persoas que participaron no operativo de limpeza das costas do municipio naqueles tempos de gran dificultade, pero tamén de xenerosa solidariedade.
  • 15 anos desde a catástrofe do Prestige en Camariñas nunha exposición do fotógrafo Javier Tarazaga

    O fotógrafo Javier Tarazaga abre este venres 8 de setembro, a exposición 'Nunca máis: 2002-2017', que reivindica o papel dos voluntarios na Costa da Morte tralo naufraxio do petroleiro Prestige o 13 de novembro de 2002. A exposición leva como nome o slogan 'Nunca máis', que mobilizou a opinión pública contra a maior catástrofe ambiental en España neste século. En 35 imaxes significativas, o fotógrafo recorre varias xornadas traballando codo con codo con varios equipos de voluntarios de "Ecoloxistas en Acción", unha organización que se implicou fortemente na traxedia fletando autobuses desde diferentes puntos de España, favorecendo o traballo desinteresado de miles de persoas para eliminar as 77.000 toneladas de chapapote que verteu o Prestige.
  • Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige II

    Imos ca segunda e derradeira parte do gran traballo de Daniel Rogero acerca do afundimento do Petroleiro Prestige, aquel no que distintos persoeiros da Costa da Morte son entrevistados por este gran camariñán da diáspora e aportan o seu particular punto de vista acerca do que foi ata o momento o último gran drama vivido nestes apartados recunchos atlánticos. Aquel no que centos de toneladas de fuel extraídas do seo da Nai Terra en xeadas paraxes siberianas, fletadas non lonxe do San Petersburgo dos zares por Mijaíl Fridman, un daqueles oligarcas rusos nacidos do súpeto doutro afundimento non menos estruendoso (o da URSS), acabaron por desparramarse nunha masa viscosa e nauseabunda ao longo de todo o litoral atlántico, irmanando portos tan dispares como os da Bretaña francesa ou os da Galicia española. Agora que once anos pasaron nun suspiro, recén dictada unha sentencia que deixou a petroleiras piratas e  compañías fletadoras destartaladas libres de todo mal, ca necesaria perspectiva que da o tempo, co rigor inherente á persoalidade de Daniel Rogero e ca minuciosidade propia de toda reportaxe de investigación, Camarinas.eu repasa en segunda e definitiva tandada o que non deixou de ser un grandioso drama que tivo á Costa da Morte como zona cero.
  • Un paseo pola Ría de Camariñas once anos despois da Catástrofe do Prestige

    Daniel Rogero é fillo do noso habitual colaborador Tino Rogero Figueiras. Dani é un xoven que estuda cuarto curso de Dereito e Xornalismo na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, e é por riba de todo un namorado do mar, de Galicia e de Camariñas. Gústanlle os deportes, o footing, o Karate, nos veráns practicar a vela, e cando encontra un compañeiro, o que non sempre e doado, practicar a pesca submarina nas augas da nosa costa. Dende pequeno amosou interese polos idiomas en xeral e en especial pola nosa lingua. Daniel é da estirpe dos Gaiteiros do Ponte do Porto, e pódese dicir que é un galego, un camariñan, nacido en Madrid.
     
    Co permiso de Don Benito Pérez Galdós, como de tanto outros mozos da súa xeración, pódese dicir que Daniel "entra na idade viril coa firmeza e a seguridade dun corazón cheo, dun entendemento rico e non gastado, dunha alma vigorosa e sa, á cal non falta senón ancho mundo”
  • Fotos Históricas:Voluntarios Prestige II

    Fruto da cooperación co fillo dun dos nosos colaboradores históricos, Beldoña, Camarinas.eu procede en exclusiva á publicación dun material gráfico de valor difícilmente evaluable. Trátase de arredor de 200 imaxes captadas durante as duras labouras de limpeza de fuel derivadas da Catástrofe do Prestige acometidas polo importante, amplio, vital destacamento de voluntarios enviados polo Concello de Cambre. Entre os mesmos, e na súa doble condición de empregado municipal do Concello colaborador e camariñán, arribaba naquelas datas fatídicas nas que se xogaba o futuro de toda unha costa para as seguintes décadas o noso gran amigo Ricardo Puertas. A semellanza do seu ilustre proxenitor, sempre disposto para colaborar desinteresadamente en todo aquelo que supoña un ben para o seu pobo, Ricardo empregouse arduamente á fronte dos voluntarios cambreses na recuperación de algo que, naquel intre, parecía morto. Cando a día de hoxe, contemplamos a costa de Camariñas esplendorosa e deslumbrante como debío ser dende aquelas datas remotas nas que se creou o mundo e gracias á colaboración desinteresada de xentes anónimas como Ricardo Puertas. Por elo, agora máis que nunca, constitúe un acto de xustiza e recoñecemento plasmar gráficamente toda aquela marea blanca que anegou a base de coraxe, altruismo e rabia, a marea negra que ameazaba con sepultar para sempre toda unha Costa.
  • Fotos Históricas: Voluntarios do Prestige

    Os que estivemos alí, lembramos a Catástrofe do Prestige como un fronte de guerra. Camións do exército estacionados nas cunetas dos camiños, batallóns de soldados pala ao hombre diríxíndose á batalla contra o enemigo, lexións brancas de voluntarios, alegres e ilusionadas, destinadas a completar o operativo militar, todo elo nunha eterna paisaxe gris de días de temporal, fríos, humidades, terras embarradas e praias enchapapotadas. Eran outras épocas, na prehistoria da revolución informática, e os redactores que o presenten susbscriben estiveron alí e nin unha foto das súas xornadas voluntarias, da súa loita extrema e fatigosa contra o chapapote, quedou para o recordo.
  • Con motivo do quinto aniversario da catastrofe do Prestige

    O Goberno da Xunta de Galicia, con todos os seus Conselleiros e encabezado polo seu Presidente, desprazarase o próximo xoves 15 de novembro a Muxía para celebrar o seu consello semanal, con motivo de recorda-lo  5º aniversario do naufraxio do Prestige e, en palabras do Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, constituir "un xesto de compromiso de futuro coa Costa da Morte."