• A pista de Reira, coma tódolos invernos, un perigo para a seguridade dos visitantes

    Despois dunha vaga de temporales de vento, chuvia e frío que asolaron a costa de Camariñas estes dous derradeiros meses comezan a vislumbrarse máis polo miúdo todos os destrozos ocasionados polas inclemencias do tempo. E eso que aínda non chegamos a inaugurar o inverno, pero aquí xa estamos completos en canto a temporales se refire. O caso é que esta tarde a redacción desta web procedía a realizar un pequeno paseo dominical pola pista de Reira e cal foi a sorpresa que estaba cáseque impracticable. Tan só pasando polo traxecto que descurre dende a praia de Area Longa ata a Pedrosa o camiño resulta impracticable para un vehículo de clase suv, case un todoterreno, así que non nos queremos imaxinar si vamos cun simple utilitario. 
  • Recreación das antigas batidas no Foxo dos Lobos de Reira en Camariñas

    O vindeiro día 30 de decembro no foxo dos lobos nas praias de Reira (Camariñas) desenvolveremos unha recreación da batida do lobo neste tipo de trampas que se facían dende a Idade Media. Para elo, queremos contar coa participación de mulleres e rapaces que traian calquera trebello que faga ruído (tellos de potas, carracas) e un calzado axeitado, tipo botas, para camiñar polo monte. E tamén homes encargados de ir batendo no monte para levantar o lobo. Dende a praza do concello as 11:00 sairá un autobús para tódolos participantes.
  • Veran 2009 en Camarinas: Invasión playera en Reira

    Foi despertarse un (sobre todos aqueles que non saímos de movida o sábado) e marchar disparado como un cohete para Reira. Sol radiante, temperatura idónea, nin a máis mínima racha de vento, baixamar oceánica: era evidente que estábamos ante un día de Praia Grande. Alí voltamos a vernos as caras os fieles que ano tras ano non faltamos á cita ca máis paradisíaca, polivalente e máxica praia do mítico areal camariñán. Difícil é describir con palabras a paz e regocixo interior que se apoderan da alma. Mellor unhas cantas imaxes.
  • Turismo ilegal en Reira

    As caravanas de turistas inundan toda a paisaxe de Reira un verán máis. Como ven sendo unha constante ao longo de todo este verán (e de tódolos veráns anteriores) as caravanas e as acampadas ilegais de turistas, tanto nacionais como extranxeiros, son o pan noso de cada día en Reira. Temos que ter en conta que estas caravanas e tendas de campaña encóntranse en Reira, espazo natural protexido dentro da Rede Natura, e que despois dos tráxicos incendios que asolaron o noso Concello de Camariñas o verán pasado, a zona verde onde se encontran estacionados os devanditos vehículos está en fase de rexeneración, como mostran os carteis do Ministerio de Medio Ambiente que inundan toda Reira.
  • Demarcacion de Costas da informacion en Reira

    Tres rapazas, Unha de Camariñas, outra de Camelle e outra da Ponte do Porto se ocupan de atender o punto de información de Reira. Xa fai unhas semanas que Demarcación de Costas ten en Reira a tres rapazas (nesta foto só saen dúas porque a outra estaba libre ese día) do Concello de Camariñas para atender calqueira suxerencia e pregunta dos turistas que se acercan e, de paso, controlar que non se incumpra ningunha das normas que se impoñen en Reira:
  • Traballos de limpeza nos camiños de Reira

    En Reira están a limpar as praias e preparar un pouco millor o entornoEsta tarde pasamos por Reira para grabar un pequeno video de como estaba o ambiente por reira e comprobamos que estaban traballando uns operarios de mantemento do Concello de Camariñas limpando o camiño e as praias de Reira. O cámara foi Luis de Kecha e o que levaba o coche Diego Alonso. As imaxes están algo movidas debido ao estado da senda que pasa por Reira, pero esperamos que sea do agrado da xente que está fora de Camariñas. 
  • Os nenos de Camarinas visitan Reira

    Dentro das actividades organizadas para este verám de 2007 polo Concello de Camariñas para os nenos estaba incluida esta excursión. Os nenos que participan nas actividades deportivas que organiza o Concello de Camariñas tiveron a oportunidade de visitar as praias de Reira onde xogaron a divesos xogos e despois degustaron unhas cantas caramiñas, que a pesar de non estar maduras xa van collendo o seu sabor característico.
  • As praias de Camariñas recuperan o seu esplendor

    Coa chegada de Agosto, coma sempre, chegou a calor e o bo tempo a Camariñas. Nas praias do Concello de Camariñas estase a experimentar un aumento de bañistas. Moitos destes son xente do propio Concello de Camariñas, pero tamén hubo un notable aumento de turístas que se acercaron a Camariñas para disfrutar das "mellores praias da Costa da Morte"