• A Praia de Arou renova no 2019 a súa merecida Bandeira Azul

    A praia de Arou, do Concello de Camariñas, está entre as 38 praias da provincia coruñesa galardoadas con Bandeira Azul este 2019. O distintivo garante que nas praias que o teñan exista información, educación e xestión ambiental, unha boa calidade da auga de baño, accesos sinxelos e seguros, e a presencia dun equipo de socorrismo axeitado. Este premio é concedido por un xurado internacional presidido pola Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE), e outorgado en España pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC-FEE).

  • Un verán 2018 para soñar: Tres Bandeiras Azuis para o Concello de Camariñas

    Como en tódolos aspectos da vida, en política tamén, hai quen é noticia permanentemente por nimiedades ou por accións puerís que carecen do mínimo interese social e económico para as nosas vidas. Ou polo recurso permanente a descualificación persoal e profesional do “inimigo”, sen aportar contribución algunha á mellora da sociedade onde vivimos.
  • Aberto o prazo para solicitar a instalación de chiringuitos nas praias do Concello de Camariñas

    Está aberto o prazo para que tódalas persoas interesadas en instalar un “chiringuito” en calquera das praias de Camariñas poida solicitalo no concello. Este é un servicio moi demandado por parte dos bañistas e sendeiristas que frecuentan as nosas praias, moitas delas moi alonxadas dos núcleos urbáns.
  • O Concello de Camariñas licita as obras da Rúa de Abaixo en Arou

    O Concello de Camariñas ven de anunciar a licitación das obras de pavimentación e saneamento da Rúa de Abaixo, de Arou, con cargo o Plan de Obras e Servicios (POS+) correspondente a este exercicio económico. O orzamento é de 106.992,13€ e o prazo para a entrega de documentación, por parte das empresas interesadas, é ata o 4 de decembro.
  • Arou súmase ás praias de primeira categoría de Galicia

    Acaba de escribirse unha páxina histórica para a nosa querida parroquia de Arou. Este ano cúmprense exactamente 30 anos dende que a Fundación Europea de Educación Ambiental concedera a primeira bandeira azul no vello continente, e como non podía ser doutro xeito, a praia de Arou no Concello de Camariñas terá o honor de recibir este importante galardón para celebrar eses 30 anos de bandeiras azuis en todo o mundo. Impresionante traballo do grupo de goberno do Concello de Camariñas coa adxudicación hai tan só dous días da primeira bandeira azul para unha praia pertencente á municipalidade camariñana. Unha bandeira que o mesmísimo presidente Alberto Núñez Feijoo entregaba en man ao alcalde Pichurri nunha ceremonia solemne diante do máis granado do sector turístico galego.
  • A fermosa praia de Arou consigue bandeira azul por primeira vez

    A praia de Arou, no Concello de Camariñas, acaba de conseguir bandeira azul por primeira vez. É a única praia do municipio que conta con este distintivo. O areal é moi concurrido durante o verán porque está abrigado dos fortes ventos e as súas augas son tranquilas. Conta con todos os sevizos e ao seu carón atópase un aparcamento para os vehículos e un parque infantil onde poden disfrutar os máis pequenos. Dende o Concello de Camariñas queren mostrar a súa satisfacción por acadar a bandeira azul para esta praia, o que mostra que se atopa en excelentes condicións para o baño, tal como se acaba de recoñecer con este distintivo. A praia tamén está dotada de bos accesos para os bañistas. A pesares de ser a única praia do municipio que conta con bandeira azul, o Concello de Camariñas está rodeado de excelentes areais, que se converten nun gran reclamo turístico durante o verán.
  • Cartel da Festa de San Bartolo 2014 en Arou

    Pois xa nestas datas de mediados do verán máis desapacible que se lembre nestes últimos anos todo o entramado festeiro camariñán parece encamiñarse cara un fin. Deste fin de semana que se aveciña en diante todo será unha costa abaixo veraniego ata que alá polos comenzos de setembro, en plena Barca de Muxía, poidamos dar por finiquitado outro calendario estival. Un preaviso do aserto que realizamos soen ser as festas de San Bartolo en Arou, que por aquelo do eterno retorno nitzscheano este ano veñen a caer os días 23, 24 e 25 de agosto. Ahí haberá de todo: unha gran churrascada, unha disco móvil, unha agrupación musical o sábado 23; as Orquestas Escaparate e Pasito Show o domingo 24 e Marimba e Nievla o luns 25. Todo elo acompañado de pasarrúas, bombas pirotécnicas, misas solemnes e a ledicia e o orgullo dos arouáns por celebrar un ano máis, ese eterno retorno nitzscheano, as súas queridas festas en honor ao seu Santo Patrón.
  • Limpeza e acicalamento total da Praia de Arou

    Parece que finalmente todo ven a dar o seu, nunca chovío que non escampara, e a praia de Arou lucirá un aspecto impecable para o verán que se aveciña. Certamente saltaran todas as alarmas e cundira certo pánico cando por mor dos temporais sucesivos que asolaron a costa galega este pasado curso invernal o areal arouán acabou convertido nun pedregal. A area leváraa o mar e un océano de pandullos inundaba o seu extenso firme. En estas, a natureza é sabia e pouco a pouco empezou a devolver o que non era seu e entón, para completar o cadro, fíxose necesaria a intervención do ser humano. Este transmutouse por uns días en ente administrativo, Costas do Estado, e a través de empresa contratada ao efecto comenzou a retirar as pedras da praia de Arou. Debío haber certo malentendido porque nun principio só retirou as do Paseo Marítimo e non as do areal, suceso que fixo necesaria unha reunión co xigante burocrático da que saío o compromiso deste de limpar tamén de bolos a praia. E así no día de hoxe podía contemplarse aos operarios procedendo a devolver ao virxinal estado unha das praias máis fermosas da Costa da Morte. O verán parece salvado.
  • Segue a fulminante desertización da Praia de Arou

    Na que era a máis productiva pesquería do continente centroasiático, o Mar de Aral, a que marchou fui a auga e deixou unha estampa desolada de oxidadas estructuras ferruxentas languidecendo baixo o implacable sol do deserto. En Arou a que se fui dun día para outro fui a area, roubada tal vez por ese mar desaparecido do Aral e deixounos a estéril imaxe dun areal de bolos. Se nun caso a explicación da hecatombe cabe buscala nuns dirixentes soviéticos empeñados en sobreexplotar os cursos hídricos da zona con destino aos sedentos cultivos de algodón da veciña República de Uzbekistán, noutro sinxelamente cabe achacar a desgraza a peor sucesión de temporais de todo tipo dos últimos cincuenta anos e así o que era un activo seguro do Concello de Camariñas cando chegaba o verán, unha das mellores e máis prácidas praias da Costa da Morte, luce agora moribunda sen proveito algún para ninguén. Postos a buscar solucións ao drama, poucas alternativas se nos ocurren para tratar de revertir unha realidade apocalíptica, máis alá de que a mesma natureza, tal esas mesmas augas roubadas por enxeñeiros rusos nas estepas desoladas do centro de Asia, reintegren pouco a pouco o sustraído. E sen embargo, ca alma encollida ante os restos pedregosos da praia onde un tanto desfrutou, algo haberá que facer.
  • Arou e Lobeiras un crudo día de inverno

    No mismo día no que nos enteramos de que supostamente o record da maior ola da historia rexistrada en 20 metros no Cabo Vilán foi superada en 4 metros por outra medida a 22 millas de Santander, en pleno Mar Cantábrico, e dada a ausencia estes días de noticias (interesantes, queremos decir) dignas de publicación,  pois decidimos irnos ata Arou ca chuvia pegándonos duro nunhas caras xa afeitas a todo e destruidas en gran medida polo paso do tempo, para ver si pescábamos alí algo. O resultado foi unha reportaxe sobre un crudo día de inverno en Lobeiras e Arou a tan só dous días da finalización das obras do seu Paseo Marítimo.
  • Todo preparado en Arou para continuar coa Festa de San Bartolo

    ¡¡ULTIMA HORA!!! O camión da orquesta Mar Azul que vai a tocar hoxe en Arou quedou atrancado no medio das calles de Arou Protección civil fai todo o posible para desastascar o tráfico, pero a solución aínda non está próxima. Polo demáis todo segue o seu ritmo habitual, ademáis da xente do concello habitual nesta festa, esta mañá Arou tivo unha visita especial pola mañá, xa que a Conselleira de Política Territorial estivo comendo na Praia de Arou co Alcalde de Camariñas. Meteremos algunha foto esta semana.