Pois xa están aquí as Eleccións Municipais 2019 e os partidos políticos con representación en Camariñas comezan as súas respectivas campañas para tratar de atraer o voto dos veciños. Moitas son as novidades nas listas dos ous principais partidos que se presentan con renovadas candidaturas a estes comicios. No PSOE de Camariñas, despois da demisión de Pichurri, renóvase case totalmente súa lista con un marcado perfil xuvenil nos seus representantes e cun programa sólido e moi ambicioso. Hai uns días que tivemos oportunidade de darlle un vistazo a este programa socialista na súa impresionante nova páxina web do PSOE de Camariñas. No PP finalmente ocorreu o que tiña que pasar, houbo unha parcial purga cachalotil (non completada definitivamente) que podería dar unha imaxen renovada, aínda que ao final volven coma sempre as vellas costumbres de confrontación e de crispación que tan poucos resultados deron a esta formación política. Deste partido non temos constancia do seu programa electoral nin coñecemos propostas concretas así que para os dirixentes deste partido poñemos (non sabemos cantas veces o fixemos e non tivemos resposta) a súa disposición o noso formulario de contacto para que nos envíen seu programa. Como dicíamos ao principio desta nota, xa chegaron as elección municipais 2019 e aquí en Camarinas.eu trataremos de dar unha cobertura independente e veraz, tal e como sempre o fixemos, de todo canto aconteza nestas decisivas Eleccións Municipais 2019 en Camariñas.
PD: Procedemos a publicar a nota de prensa que nos envían dende o grupo de goberno do PSOE no Concello de Camariñas. Esta redacción poñe a disposición de TODOS OS PARTIDOS POLÍTICOS do concello este formulario de contacto para que nos envíen as súas notas de prensa que serán publicadas na única web independente de información xeral de Camariñas.