• Naufraxio dunha embarcación en Santa Mariña

    Era sobre a media mañá deste mércores 17 de decembro de 2014 cando a embarcación de nome "Rosal" con base en Santa Mariña e con dous tripulantes abordo volcaba inesperadamente por mor dunha forte ola que os sorprendeu arroxando ao mar aos seus dous tripulantes a media milla do seu porto base, na zona coñecida como O Capelo. Foron os nosos amigos Cristian e Francisco rescatados rápidamente dende outra embarcación que se atopaba preto do lugar do sinistro. Gracias a esta rápida e provindencial intervención os mariñeiros da embarcación afundida non levaron máis que un gran susto non sendo así os danos materiais xa que todos os instrumentos e maquinaria da lancha quedaron totalmente inservibles debido ao afundimento total da embarcación. O drama na mar estivo a piques de cobrarse un novo tributo en Santa Mariña non moito despois de que non lonxe de alí, en Boiro, tres mareiñeiros galegos naufragasen ca súa embarcación ermañecendo desaparecidos nos intres nos que se escribía a presente crónica.
  • Arranxo de desperfectos no Porto de Santa Mariña

    Os elementos son así: desencadeados, arramblan con todo. Unha vez incluso, acabaron ca máis grande armada nunca antes vista. Era esta a Invencible, posta en marcha por Felipe II con vistas a unha posible invasión de Inglaterra e que, como ben é sabido, acabou malbaratada polas costas británicas despois dunha sucesión de temporais recurrentes. Entón foi cando o posiblemente mellor expoñente en toda a súa historia da Monarquía Española (quien te ha visto y quien te ve) soltou aquelo de "Yo no mandé mis naves a luchar contra los elementos". O que non é tan sabido e que tan só un ano despois creouse unha armada aínda maior, a Invencible Inglesa ou "Contraarmada", co obxectivo declarado de vengar a intentona anterior, independizar Portugal do dominio español e asestar un golpe definitivo a situación de supremacía absoluta no plano político e militar de que gozaba o Imperio Español naquel entón. Os seus resultados foron un conxunto de hecatombes militares (Lisboa, A Coruña) que remataron co afundimento ou captura de 30 buques, 13.000 mortos e 6.000 desertores e a revelación da incompetencia inaudita dun tal Francis Drake. Un dos maiores desastres militares da historia, moi superior ao intento que o antecedera. Pero ahí, precisamente, é onde entra en xogo a propaganda e a desinformación, que fai que hoxe pasados 425 anos se fale da primeira armada e non da segunda e se teña a un vulgar sacamantecas náutico polo máis grande corsario de tódolos tempos.
  • Efectos do temporal Becky en Santa Mariña

    A amenaza doutro forte temporal, este vendavalado, recibe ao visitante que na mañán do sábado 13 de novembro de 2010 vislumbra dende as alturas que dominan Santa Mariña un mar perennemente encabritado. Pedras esparcidas por doquier, enormes trozos de asfalto arrancado, obrigan a pensar na paisaxe resultante de manifestacións de estudiantes contra a policía, de 100.000 obreros en paro, cabreados e frustrados, aqueles niñatos de 1968 en París, no Cojo Manteca, quen sabe... Nin rastro das nasas supostamente arrasadas por unha orxía de auga e vento. Segundo a prensa, os técnicos do Concello (¿?) cifran os danos ocasionados pola Tormenta Becky en 620.000 euros. O día de autos un percebeiro santamariñán laiábase a quen quixera escoitalo que o temporal ocasionáralle danos nos seus pertrechos valorados en "máis de 8.000 euros" e un non pode evitar recordar ao tristemente falecido Luis García Berlanga e a súa profética, visionaria, "Bienvenido Mister Marshall". Entón só  queda darlle gracias a Deus de que os danos non foran valorados polos citados técnicos en 6 ou en 60 millóns. A chuvia azota xa duro na cara cando o visitante en ruta itinerante chega ao Porto de Arou e contempla un escenario propio de calqueira dos periódicos terremotos da cuenca andina. Unha carretera no altiplano boliviano, un camiño na sierra que rodea Cuzco, un grupo terrorista, unha banda paramilitar, quen sabe si o exército, agazapado tras unha roca desprendida no recodo dun camiño incerto. Chegamos xa cun temporal desatado a Camelle, estación terminal do vía crucis camariñán cun cartel que da a benvida ao visitante ás portas mesmas do que un día fui o Museo do súbdito de nacionalidade xermana Manfred Gnadinger: "Camelle esixe ás administracións implicadas o arranxo do Museo do Alemán. A.A.V.V. A Pergoliña" e aquí tamén o visitante non pode evitar recordar o premonitoria, visionaria, que foi a enquisa organizada, hai anos xa, por unha web entón de recente fundación na que os seus lectores para solventar a cuestión de que facer co legado de Man decantáronse nunha porcentaxe próxima ao 25% pola opción "Deixar que o mar tire con todo". E entre tanta desolación, entre tanta ruina, tanta aflicción, tanto recordo, surxe unha pregunta:  e de todo esto ¿a quen se lle pode botar a culpa?