• Visita de exparlamentarios galegos ao IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

    O martes 3 de abril visitaron o Instituto Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, tres ex deputados do Parlamento galego para dar unha charla a medio centenar de alumnos que cursan 3º da ESO, entre eles os 15 embaixadores junior do Parlamento Europeo que a vindeira semana irán a Estrasburgo e Bruxelas.
  • Nova comisión executiva municipal do PSdeG-PSOE de Camariñas

    Camarinas.eu recibía esta semana unha nota de prensa dende a Casa do Pobo de Camariñas, sede do PSOE na vila das palilleiras, na que se nos daba conta da nova executiva que terá que afrontar as próximas eleccións municipais para revalidar a alcaldía no Concello de Camariñas. Nesta misiva era Encarna Liñeiro, secretaria dos socialistas camariñáns a que nos comunicaba os nomes de todos e cada un dos integrantes deste equipo de traballo no cal podemos destacar a inclusión da figura do Presidente que recae na persona dun entrañable militante histórico como é señor Chuco de Xaviña que forma parte xa da cúpula desta poderosa agrupación da costa atlántica. Compre lembrar a todos os usuarios e lectores desta web que Camarinas.eu sempre estuvo a disposición de todos os partidos políticos de Camariñas para que nos mandaran as súas notas de prensa. A algúns incluso se lles mandou unha petición expresa para que nos mandaran esas notas de prensa para informar a todos os nosos lectores das súas actividades. Lamentablemente o desprecio foi a única resposta dos partidos políticos con representación no salón de plenos do concello e tan só o PSOE de Camariñas tivo en consideración aos máis de 1000 lectores diarios desta web mandando sempre as súas notas de prensa como esta que procedemos a publicar nesta noticia.
  • Politica

  • Eleccións europeas en Camariñas

    A labor abnegada e patriótica do funcionariado sorteou todos os obstáculos e fixo posible que a festa da democracia  chegara ao distrito camariñán de Buría. Para elo foi necesario o decomiso dunha carretilla de obras propiedade da empresa de construcción José Martínez Rial, necesaria para carrexar ata o Colexio de O Areal por un firme impracticable en obras a urna, as pesadas papeletas de 35 candidaturas  e demáis documentación. Todo elo nas eleccións que supoñían a segunda victoria consecutiva do PP no anteriormente feudo inexpugnable do socialismo e nas que a pesares da ínfima participación, a caravana europea de camarinas.eu percorreu todas as parroquias. En definitiva ahí vai unha análise desapasionada do acontecido, a táboa de resultados e unha galería fotográfica dos vocais, interventores e presidentes máis dicharacheros da Costa Atlántica.
  • Eleccions europeas 2009 en Camariñas - Mitin do PSOE na Casa de Pedra

    ¡¡Ay, Europa, queridos usuarios!! Europa queda moi lonxe. Llanuras insondables, altas montañas e  seguramente algún pantano perdido que haberá por ahí sepárannos dos mullidos e confortables sillóns da sede da Eurocámara en Estrasburgo. Porque con motivo das vindeiras eleccións ao Parlamento Europeo os tambores electorales volveron a redoblar, pero neste caso a un ritmo cadencioso e atemperado, prácticamente inaudible para o oído humano. Nada que ver co retumbe atronador que estourou tantos tímpanos durante as últimas e estruendosas eleccións municipais de 2007.
  • Entrevista a Daniel Rego, lider do PP de Camariñas

    Remarcando o carácter independiente, obxectivo e imparcial que define a camarinas.eu, os redactores do principal diario on-line camariñán elexiron para a segunda entrevista da sección de análise "Claves" ó Presidente do PP de Camariñas, Daniel Rego González. O líder da oposición municipal pasou revista a actualidade política do Concello de Camariñas nunhas explosivas e contundentes declaracións, nas que ademáis de axustar contas co anterior alcalde, Juan Bautista Santos Ramos, deixa clara a súa vontade de permanecer como líder dos populares Camariñáns ó menos catro anos máis.