• Video dos Percebeiros Santamariñáns

     Dentro da memoria audiovisual do Concello de Camariñas se hai documento de valor excepcional, filmado no seu momento cunha profesionalidade exquisita, montado na fase de posproducción ca dilixencia propia dun orfebre e cun contido, en definitiva, inmortalizador dunha profesión, dun lugar e dunha época, ese foi o documental dos percebeiros de Santa Mariña grabado pola TVG alá polo ano 1999. Vinta e oito minutos de reportaxe que indaga na alma e conviccións que animaban nun coqueto recuncho da Costa da Morte a un pequeno grupo de profesionais a xogarse o pelexo ante o máis terrible dos mares.
  • Percebeiros de Camariñas, unha reportaxe de Camarinas.eu

    Camarinas.eu inicia unha serie de reportaxes adicada a cada un dos grupos profesionais que viven directamente do mar en Camariñas e que convertiron a nosa vila nunha das maiores potencias pesqueiras de Galicia. E como inicio desta xeira, unha reportaxe sobre o máis peculiar destes grupos: o dos percebeiros, a través dunha reportaxe que só podía facer a web líder da Costa da Morte, aderezada cunha impresionante reportaxe gráfica e un vídeo documental, tendo as sabias palabras dun percebeiro histórico de Camariñas, Manuel Pasantes García, como despedida.