• A presidencia de Pedro Sánchez pode ter repercusións positivas para Camariñas

    Si ben é certo que o Estado non ten moitas competencias nas infraestruturas do noso concello, maioritariamente competencia da Xunta de Galicia, hai algunhas que son moi atractivas dende o punto de vista político.Un bo exemplo é o paralizado paseo marítimo que deberá completar o desenvolvemento urbanístico da fachada marítima de Camariñas, dende o casco urbano ate a praia de Lingunde nun todo continuo. Esta obra figuraba nos plans do Goberno Zapatero como prioritaria xa que dispoñía de tódolos elementos para que fose unha realidade: proxecto técnico, informe de impacto ambiental, adquisición de terreos e posta a disposición do ministerio, informe favorable de Costas do Estado, etc.