• Obras no polideportivo O Areal de Camariñas: A mellor pista deportiva da provincia da Coruña

    Camarinas.eu, sempre atentos á actualidade do noso concello, visitou o estado das obras da nova pista polideportiva do Areal. E aquí van as primeiras fotos dos traballos que, de non mediar problema, quedarán rematados nesta semana ou a principios da próxima. Unha verdadeira pasada de pista! Iso é o que puidemos observar nesta fase das obras. Unha cancha onde os nosos xogadores de primeira poderán desenvolver todo o seu talento deportivo nunha superficie homologable a calquera dos mellores equipos da ASOBAL. Das características técnicas e do resume de orzamentos e outras características xa falaremos ao remate das obras de remodelación da mellor pista da provincia da Coruña. Hoxe queremos deixar aquí a testemuña de como van os traballos dunha das principais infraestruturas deportivas do concello de Camariñas.
  • Camariñas aposta polas enerxías limpas nas instalacións deportivas

    O concello de Camariñas foi pioneiro na instalación no seu territorio de proxectos innovadores e pioneiros en materia de enerxías limpas. O parque eólico de Cabo Vilán foi o segundo parque desta natureza instalado en España e, a parte de producir enerxía eléctrica limpa, serviu para investigar e experimentar melloras espectaculares no campo da produción de enerxía procedente do vento. Hoxe Camariñas da un paso mais alá e dota a dúas instalacións deportivas emblemáticas do concello de paneis solares que suporán un grande aforro na factura eléctrica e contribuirán a frear o cambio climático que hoxe xa ninguén cuestiona.
  • Mellora do Pavillón Municipal de Camariñas: Unha pista de primeira para un equipo de primeira

    O mítico pavillón polideportivo do Areal en Camariñas vai ver mellorada a súa vella pista dun xeito espectacular coa consecución dunhas impotantes obras acometidas polo Concello de Camariñas. Cunha subvención da Deputación Provincial da Coruña véñense de adxudicar as obras á empresa GALITEC, especializada neste tipo de traballos. O orzamento da obra é de 100.739 euros e o técnico redactor do proxecto é Victor Hermo.