• Exdeputados do Parlamento de Galicia visitaron o IES Pedra da Águia

    O xoves 31 de xaneiro visitaron o IESP Pedra dá Aguia da Ponche do Porto, tres ex deputados do Parlamento galego para explicar o funcionamento do mesmo a alumnos de 3º da ESO. Suso Veiga do BNG, Marisol Soneira do PSdG e Anxo Mesa do PPdG puxeron en valor o traballo que se desenvolve no Parlamento e o papel que xogan os políticos. Tras explicar a traxectoria do Parlamento desde os seus inicios alá por 1981, explicaron como se traballa e que competencias asume. Neste sentido, destacaron dous temas moi interesantes para a comarca como a pesca e a educación, que deben ser motores para o rexurdir desta zona. Tamén fixeron fincapé na necesidade dos políticos de traballar con honestidade e de usar como armas de debate a concordia e a negociación.

  • Este xoves o Parlamento de Galicia visita o IES Pedra da Águia

    A Asociación de Exparlamentarios do Parlamento de Galicia desenvolve todo un programa de actividades para achegar a realidade da primeira institución de Galicia ao conxunto da cidadanía, moi especialmente as xeracións mais xoves. Mañá xoves, as 11 da mañá, acudirán ao instituto Pedra da Aguia tres exparlamentarios para trasladarlle aos alumnos deste centro educativo a realidade do Parlamento de Galicia dende a visión de quen estivo representándonos alí a todos nos.

  • Visita de exparlamentarios galegos ao IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

    O martes 3 de abril visitaron o Instituto Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, tres ex deputados do Parlamento galego para dar unha charla a medio centenar de alumnos que cursan 3º da ESO, entre eles os 15 embaixadores junior do Parlamento Europeo que a vindeira semana irán a Estrasburgo e Bruxelas.
  • Ex-deputados do Parlamento de Galicia visitan o IES Pedra da Águia

    O mércores 18 de xaneiro, o IES Plurilingüe Pedra da Aguia, de Camariñas, recibiu a visita de tres exdeputados do Parlamento galego, o que se está a converter  nunha constante nos últimos cinco anos.
  • Entrevista a Marisol Soneira, unha camariñana presidindo o Parlamento de Galicia

    En datas recentes a traxectoria política de Marisol Soneira chegaba ao seu punto máis alto. Se ben era algo que xa se viña dando con certa regularidade dun tempo a esta parte: a de presidir o mesmísimo Parlamento de Galicia. Unha situación que marca o cume máis elevado ao que chegou un veciño de Camariñas dentro da carreira política durante os derradeiros cincuenta anos polo baixo e da que Camarinas.eu, o gran medio de comunicación do noso concello, non podía deixar de facerse eco. Alí sempre que un persoeiro da nosa terra, neste caso das fértiles alturas de Buría, destaque no seu eido profesional e contribúa a difundir a base dun traballo serio e unha recoñecida competencia o nome de Camariñas polo mundo adiante, constitúe unha satisfacción e unha obriga publicar unha noticia que recolla o novo éxito dun camariñán neste competitiva e despiadada sociedade dos nosos días. E se elo é cunha entrevista a toda unha Presidenta do Parlamento Autonómico Galego, pois que vos imos a contar.