• ¿Pantasmas no Cemiterio dos Ingleses de Camariñas?

    Imos cunha historia de pantasmas e non estamos a falar dos mortos vivientes do PP camariñán que vemos deambular de a cotío polas nosas rúas precisamente. Así en El Blog de Karkallón, un dos colaboradores do programa do canal propiedade do Grupo Prisa (e agora de Berlusconi tamén) "Cuarto Milenio", puidemos comprobar un tanto atónitos como se certificaba sen a menor dúbida a existencia dunha serie de psicofonías no entorno do Cemiterio dos Ingleses. Trataríase dunha noticia publicada en novembro do 2010, a cal tras un pequeno destartalamiento introductorio a conta do Serpent ("Algunas versiones indican que llevaba oro para las posesiones que la corona británica tenía en ultramar y que fue desviado por raqueros gallegos alertados por los raqueros británicos que conocían la carga del buque"), advirte que "los resultados(serían as probas) parafónicos que hice en este lugar fueron muy escasos", para posteriormente pasar a afirmar que "hubo un registro que me dejó realmente sorprendido". Consistío esta sorpresiva constatación paranormal en que "en un momento dado se registra en mi grabadora una frase en la que también va incluido una especie de disparo",a cal inevitable e  irremisiblemente da lugar a unha interpretación un tanto collida polos pelos: "Una salva de reconocimiento a estos valientes marineros hecha desde el otro lado???"
  • Exclusiva: Ovnis avistados nas proximidades do Faro Vilán en Camariñas

    O 25 de novembro de 2008 camarinas.eu publicou unha reportaxe sobre un temporal que durante dous días asolou a costa de Camariñas e que foi aderezado con 126 fotografías da máxima calidade.  En elas aparecían zarandeadas á vontade dos ventos o que nos creíamos que eran sinxelas gaivotas ou uns araos que teñen no entorno do Vilán o seu único asentamento na Europa Continental. Sen embargo, sempre ollo avizor para captar a exclusiva, dende Arxentina o noso querido usuario Toxo creío ver algo máis. Algo inquedante e ameazador. Despois duns extenuantes meses de intensas e exhaustivas búsquedas perante os maiores expertos arxentinos en Ufoloxía, a ciencia encargada da investigación do fenómeno ovni, no interior desta noticia procedemos a publicar os resultados do "Dossier Toxo", o novo e inexplicable expediente x camariñán acompañados das fotos orixe da polémica.