• Don José Mouzo Tajes, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

    Outra vez volve a golpear a traxedia na vila de Camariñas nunha teerrible crónica que se repite semana tras semana e non ten vilos de anunciar o seu final. Na mañán deste luns 18 de marzo de 2019 esta redacción recibía incrédula a noticia da repentina defunción do noso querido amigo Don José Mouzo Tajes aos seus 77 anos de idade. Ao parecer foi un fulminante paro cardíaco o responsable da morte do noso compañeiro Pepe da Cabreira, tal e como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas. Persoa afable, moi querida e sempre cun sorriso para todo o que se cruzase no seu camiño, vaise un camariñán sempre disposto a colaborar en todo o que lle propuxeran. Especial foi a súa labor no ámbito musical formando parte activa no Coro Parroquial de Camariñas ou no grupo Os Panchos do Golfendro por poñer un par de exemplos. O corpo sen vida de Don José está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá ás 16:15 horas deste martes 19 de marzo para dirixirse a igrexa na que tantas veces o escuitamos cantar e onde será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais de Don José terán merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolenciasasí como un forte abrazo a toda a familia e amigos de Don José, especialmente á súa dona Maruja e seus fillos María José e Alejandro nestes duros momentos que están a atravesar. Descanse en Paz.

  • Camariñas no programa da TVG No Bico un Cantar

    En tempos revoltos nada mellor que unha patriotada. E para facer patria en Camariñas hai que acudir aos catro-cinco iconos que unen a todos os veciños por enriba de calquer outra cuestión problemática e que ninguén discute: o Faro, Reira, o Encaixe... e o folklore nacional. Aquí, como resulta obvio, destaca sobor de todo o demáis o auténtico himno oficioso do Concello, un deses cantares, emocionais e definitorios, que si che collen con mal corpo acabas chorando como unha magdalena, tal é a forza de "O Pasar por Camariñas", unha bala de diamante directa ao centro da alma. Nestas o programa da Televisión de Galicia "No bico un cantar" decidío adicarlle unha edición ao gran himno musical da Costa da Morte e ahí Camariñas enviou ao combate a toda a súa potencia de fogo: os irmáns Barcia Trashorras, Os Panchos do Jolfendro, a Coral Municipal de Mulleres, José Luis dende Puerto Rico... para tratar de render a debida homenaxe a un cantar que si non che pon a pel de galiña, unha de dúas: ou non tes sangue no corpo ou non eres camariñán.