• Comeza a tempada da batida de vespa velutina no Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultores, comezou a campaña de batidas de vespa velutina o pasado día 12 de febreiro, ca colocación de trampas piloto para facer unha sondaxe da situación actual. Procederase á revisión das mesmas cada quince días. Observáronse, a estas alturas de febreiro, varias trampas con velutinas dentro, debido ás temperaturas suaves que se deron durante todo o inverno. O insecto adiantou o seu ‘espertar latente’ e volve estar activo antes do habitual.

  • Alerta Roja: Abandono total da Xunta con respecto a praga de avespas asiáticas que asola Galicia

    O pasado 14 de decembro o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño trasladouse xunto ao veciño de Xaviña e experto na retirada de vespas asiáticas "O Padronés" a unha xornada sobre este insecto que está mascrando a avella do pais. O Padronés é o apicultor que o Concello de Camariñas contrata para a retirada de niños de velutina. A xornada era para dar a coñecer a situación desta praga que asola a Galicia e proporcionar información útil e actualizada aos concellos para que poidan loitar contra a súa expansión. Recordar que a vespa velutina debora insectos e froita. O insecto ao que máis ataca é á abella que é a encargada de polinizar as flores e imprescindible para que teñamos froito. A xornada tiña dúas partes, a primeira, para oír aos representantes da Xunta e a segunda para oír aos representantes da Asociación Galega de Apicultores (AGA). A tenor das palabras dos representantes da Xunta de Galicia odemos dicir que tanto Sergio Caamaño como O Padronés quedaron totalmente decepcionados e realmente alarmados coas opinións dos portavoces autonómicos sobre a situación de desamparo que viven os concellos afectados pola avespa asiática.