Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Óscar Freire
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
O Restaurante A Marina de Camariñas recibe a Medalla de Ouro dos Premios Nacionales de Gastronomía
Este mércores 13 de decembro o
Restaurante A Marina de Camariñas
recibía a Medalla de Ouro dos Premios Nacionales de Gastronomía que concede a organización Radio Turismo de Madrid. A gala na que se concedeu este importante galardón ao reputado restaurante camariñán foi celebrada no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela, á cal asistiron Óscar Freire, xerente de A Marina, xunto a súa compañeira Dolores Barreiro que, emocionados por tan importante recoñecemento tiveron palabras de agradecemento por tan significativa distinción dun restaurante de Camariñas. Súmase este premio á ola de recoñecementos dende varias entidades a este exitoso local hostaleiro da vila das palilleiras, tales como o premio "Xantar el Plato de Oro" que recibíu a xerencia do Marina hai caseque catro anos.
A Marina, un restaurante de Camariñas na prestixiosa Guía Repsol
Importantísimo distintivo o acadado polo Restaurante La Marina, que fala ben ás claras dunha manera profesional e eficiente de facer as cousas. O local rexentado por Oscar Freire e Lola Barreiro ven en datas recentes de ser distinguido co ingreso na prestixiosa e elitista Sociedade Gastronómica de La Chaine des Rotisseurs. Ésta, con sede na cidade de París, cuna innegable e orixinaria da excelencia culinaria que acabou por extenderse por todo o planeta, recoñece deste xeito ao que se está a convertir por dereito propio nun dos referentes gastronómicos da Costa da Morte. A este importantísimo e prestixioso galardón debe sumarse o que o precedera en datas pretéritas: o do ingreso na Guía Repsol, para o cal foi igualmente seleccionado un templo do bo comer que a base de traballo, sacrificio, bo producto e atención profesionalizada está a a escalar postos a pasos axigantados no esixente mundo da hostelería. Todo elo o podía comprobar a redacción de Camarinas.eu recentemente ca presentación da nova carta do Restaurante La Marina, acto ao que asemesmo asistiron o Alcalde camariñán Pichurri, numerosos veciños e unha nutrida representación da Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte.
Video da TVG da Mostra do Encaixe de Camariñas 2014
Este mercores 16 de abril de 2014 inaugurabase unha edicion mais da Mostra do Encaixe, un evento de importancia tal qu soe concitar unha gran presencia de medios de comunicacion. Foi por elo que para ir quentando motores un equipo da Television de Galicia desplazouse ata a Vila das Palilleiras para pulsar o ambiente entre os camarinans ante a inauguracion do maior certame encaixeiro a nivel mundial. Unhas xentes ilusionadas, felices, por poder mostrar a fermosura e a arte da sua vila ao mundo enteiro e que reciben algarazados a importante remesa de visitantes que se achegara dende o 16 ata o 20 de abril. Por elo, como documento historico, vaia este video da TVG para ilustrar o ambiente que se sentia polas ruas de Camarinas o dia da inauguracion da sua XXIV Mostra do Encaixe.
A serie Matalobos visita Camariñas
Vivimos a gran era das series. Diferentes títulos que abraian por unha pasmosa calidade que se manten inalterable ao longo de varias tempadas, que se suceden sen solución de continuidade e que rivalizan e incluso superan ás películas. Esto, como todo o demáis, iniciouse nos Estados Unidos de América: a maiores das pioneiras de finais dos oitenta e principios dos noventa (The Simpsons, Futurama, Seinfeld, etc...), nos últimos tempos coparon as pantallas unha pléiade de series dunha calidade virtuosa: a das derrotadas peripecias do ex-beisbolista profesional Kenny Powers en "De Culo y Cuesta Abajo"; as da implacable xungla dos tempos da Lei Seca de "Boardwalk Empire", dirixida polo mesmísimo Scorsese; "Mad Men", na que o actor Jon Hamm recreou unha persoaxe digna de pasar á historia, o Don Draper das axencias americanas de publicidade dos anos 60 cas súas palmadas no cu das empregadas e o seu machismo desbocado; a aclamada "The Wire" segundo moitos a mellor da historia; a populosa "Game Of Thrones" e en xeral calqueira xoia ca que a cadea HBO ten a ben deleitarnos cada pouco tempo. Así poderíamos seguir cuns cantos títulos máis.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Sandra Ínsua Rial
2
Sociedade no Concello de Camariñas
1
Violencia de Xénero
1
Igualdade
1
8 de Marzo
1
Historia do Concello de Camariñas
1
Lendas de Camariñas
1
Mouros
1
Fonte de Portocelo
1
Sergio Caamaño
1
Segunda fase do Paseo Marítimo
1
Punta da Insua
1
Ángel Muñoz Cubillo
1
Lei de Costas
1
Ministerio de Transición Ecolóxica
1
Artículos aleatorios
Novena Xornada da Copa da Liga de Veteranos
Argentina estará por primera vez en la Mostra do Encaixe de Camariñas
Felicitación Navideña da Comisión do Carmen de Camariñas
Xuntanza de Sandra Insua coa subdelegación do goberno
Misa de Agonia por Divanir