• O Concello de Camariñas aproba un orzamento de preto de 5 millóns de euros e aumenta a súa aposta polos servizos sociais

    O goberno local de Camariñas continúa a apostar por mellorar os servizos sociais, a promoción e a mellora do municipio. Así se desprende do orzamento municipal para o 2019, aprobado onte no pleno do Concello de Camariñas cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e en contra do PP. O documento, equilibrado en gastos e ingresos, ascende este ano a 4.911.330’34 euros, só 89.669’66 euros menos co do ano pasado. O goberno fai así un importante esforzo para manter esta cifra xa que en 2018 os ingresos foron maiores como consecuencia da revisión catastral, polo que se cobrou o padrón dos catro exercicios anteriores.