Nos vindeiros días o Concello de Camariñas iniciará as obras de pavimentación na rúa Alto Penedo, na Ponte do Porto. Nelas está previsto rozar e limpar as marxes da calzada, demoler o pavimento xa existente en varios dos seus tramos e, finalmente, aplicar un novo aglomerado asfáltico xunto cun lastro rústico de pedra granítica.
As obras, cuxa duración se estima que será de 3 meses, teñen un orzamento total de 125.000 euros e están financiadas a través do Plan Único da Deputación da Coruña.
Dende o Concello de Camariñas licítase o proxecto para a pavimentación da rúa Alto do Penedo da Ponte do Porto. Os traballos inclúen o roce da e a limpeza das marxes da vía, a demolición do pavimento existente en varios dos seus tramos e, por último, a execución de un novo firme de aglomerado asfáltico e lastro rústico de pedra granítica.
Os traballos de reurbanización da rúa Ínsua na parroquia da Ponte do Porto están a piques de rematar. Esta obra incluíu a demolición do antigo firme, a substitución e ampliación da rede de saneamento, a instalación de unha rede paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais e, finalmente, a aplicación un novo pavimento de formigón armado cun acabado pulido e, no tramo final, a extensión de unha capa de zahorra artificial.
A actuación está valorada en 41.720,57 euros e serviu para pavimentar a vía e dotar de máis servizos a veciñanza. Para o seu remate so restan executar os últimos detalles: adecuación de tapas, arquetas, etc.
Hoxe, martes 23 de Febreiro, formalizouse a acta de reformula da rúa Insua, na parroquia da Ponte do Porto. Este é o último paso antes do inicio das obras que levaran a cabo a demolición do actual firme da rúa perpendicular as Barrosas e a substitución e ampliación da rede de saneamento existente, ademais da instalación de unha rede para a recollida e evacuación de augas fluviais.
Logo disto aplicarase un novo pavimento de formigón armado, similar ao xa utilizado previamente en lugares como a rúa Muiño do Vento na vila de Camariñas. No tramo final da rúa Insua estenderase unha capa de zahorra artificial (grava fina).
A obra ten un presuposto de 41.720,57 euros e pretende remodelar a zona para dotar de máis servizos a veciñanza. As obras duraran en torno aos dous meses.
Nos últimos días a preocupación polas obras programadas na ponte da Ponte do Porto foi en aumento polas dificultades que presentaban para o transporte escolar. Os autobuses que recollen aos rapaces e rapazas de Carnés, Tufións, Cereixo e a zona baixa da Ponte do Porto utilizaban este camiño para realizar o seu traballo. Co pechamento do tráfico as 7:30 da mañá isto resultaría imposible, trastornando os seus horarios.
Estes días deron comezo os traballos de renovación e mellora do parque infantil do CEIP da Ponte do Porto por parte do Concello de Camariñas. A través desta actuación, moi demandada polos pais e nais dos nenos porteños, instalaranse tres xogos que consistirán en un tobogán e dous balancíns así como tamén se habilitará unha zona de descanso para que os pequenos estudantes da escola da Ponte podan recobrar folgos despois dos seus xogos. Tamén se adecentou o firme cunha capa de pavimento pulido pola cal se distribuirán os novos xogos. O obxectivo do goberno local dirixido por Sandra Ínsua consite en continuar a mellorar as zonas de xogos dos máis pequenos sobretodo nos centros escolares de cada parroquia. E dende Camarinas.eu trataremos de seguir estas obras menores, eso si, pero que redundan inmensamente no benestar dos nosos pequenos.
Páxina 1 de 2