• O Concello de Camariñas destina 119.000 euros á mellora de estradas e do alumeado público

    Proximamente o Concello de Camariñas sacará a licitación tres proxectos de mellora de estradas e alumeado público valorados, en total, en 119.933,09 euros dos que 114.206,08 euros están financiados con cargo ao POS+ adicional da Deputación da Coruña e 5.727,01 euros proveñen das arcas municipais.
  • O Concello de Camariñas renova 102 luminarias na parroquia de Xaviña para mellorar a eficiencia enerxética

    Finalizan os traballos de renovación dun total de 102 luminarias nos núcleos da Grela, Tasaraño e Costa, na parroquia de Xaviña. Unha actuación valorada en 33.068,61 euros que está financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. Hoxe tivo lugar a recepción de obra por parte do Concello de Camariñas, á que asistiron a alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Urbanismo, Juan Carlos Canosa e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño.
  • O Concello de Camariñas licita as obras de mellora das rúas A Paxariña en Xaviña e Tras Hortas en Camariñas

    O Concello de Camariñas ven de licitar dúas obras que, aínda que en apariencia modestas, van a contribuír a mellorar considerablemente a calidade de vida dos veciños que viven na súa contorna. Son o camino do paraxe dás Paxariñas e a rúa Tras das Hortas no emblemático rueiro do Campo.
  • Continúa a cruzada polo medio ambiente e o aforro enerxético do Concello de Camariñas

    A Xunta de Goberno do Concello de Camariñas ven de adxudicar a substitución de luminarias e a instalación doutras novas en varios puntos do concello por outras moito máis eficientes, mais económicas e menos contaminantes. En concreto son 105 luminarias novas, de tecnoloxía LED, que van a supoñer un aforro con respecto as actuais do 80.3%. En términos medioambientais esta mellora significa unha redución do consumo en 64,520 KWH, e a redución de CO2 á atmósfera en preto de cuarenta e dúas mil toneladas. Xeograficamente estas luminarias serán instaladas 68 nás rúas Rampa, Castelo, Tomás Artaza, O Bico, Atalaia, Churruca, Curro Santa Ana e Portocelo, da capital municipal. En Xarás, A Ponte do Porto, instalaranse 20, e as 17 restantes instalaranse en Prado, na parroquia de Xaviña. Continúa deste xeito o programa do concello de disminuir o consumo de enerxía eléctrica e, polo tanto, a cuantiosa factura da luz que pagamos polo alumeado público verase reducida significativamente.
  • Importantes melloras nas pavimentacións de varios nucleos rurais de Xaviña

    Quen poidera percorrer día tras día todas e cada unha das obras que afloran cáseque cada semana por tantas esquinas do noso concello! Pararse frente a elas con palillo nos beizos,  apoiarse co cu para atrás e as patas cruzadas nun deses valados amarelos que avisan ao viandante da inminente obra pública e discutir con calqueira que pase por alí a viabilidade da obra. Eso sería a mellor vida para un redactor de Camarinas.eu... pero como aquí temos tamén que traballar para gañarse o pan e visto que a política nos importa un pepino pois é o que hai. Esta foi unha das causas de que sexa agora, despois de varias semanas da súa finalización, cando nesta web nos enteramos de que o Concello de Camariñas ven de acometer unha mellora significativa no firme do tramo que une os nucleos rurais de O Cruceiro coa Covadiña. Unha obra financiada en parte polo AGADER que foi adxudicada á empresa Padrosán Construcciones S.L. por un importe de 43.557,58 euros. Os traballos consistiron na limpeza e acondicionamento das cunetas, entubado de varias zonas da zona nas cales se permitía esos traballos e onde non se pudo fíxose media caña de cemento e pavimentouse todo o tramo cunha capa de asfalto. Unha obra que terá continuidade en breve según nos contan dende o concello e que será o prolegómeno para outras inminentes actuacións na parroquia de Xaviña. E nos aquí estaremos atentos para non perdernos nin unha destas obras.
  • Unha espectacular praza para o milenario templo xaviñán

    Non hai moito un consumado usuario de Instagram subía a súa conta unha foto da Igrexa de San Xiao de Moraime e en menos de 24 horas recibía catro mencións de outras tantas prestixiosas galerías. A beleza sobrecolledora, a simetría das formas, a sinxeleza da arte románica máis excelsa abraiaba e abríase paso sen maiores atrancos na globalizado e super competitivo mundo das hubs do Instagram. Porque aínda que non o pareza, a pesares de que as diversas administracións non fagan moito por publicitalas, un puñado de templos románicos esparcidos por diversos puntos da Costa da Morte cando se abren paso, impresionan pola súa beleza. Dous albergamos no Concello de Camariñas, un en Xaviña, outro en Santa Mariña, incluso un par de carteis indicativos seriamente destartalados detrás dunhas silvas furtivas, duns toxos inevitables, alertan sobre a súa existencia. Haberá uns cinco anos, Camarinas.eu adicaralles unha extensa reportaxe gráfica e escrita. O templo parroquial xaviñán funde as súas raíces nas entrañas da historia. Agora o Concello de Camariñas da man da empresa de construcción Antonio Pereira Fernández ven de tratalo de poñelo mínimamente en valor adecentando uns arredores que certamente non lle facían xustiza. Ese é un conto vello na Costa da Morte, en toda Galicia: a duns pobos en guerra consigo mesmos, ata que se arruinou a beleza dos entornos urbanos non houbo tregua. Costará décadas, tal vez séculos, arranxar aquelo que nuns poucos anos, apenas unha xeración, arruinou todo.
  • Obras varias do Concello de Camariñas en Brañas Verdes

    Vamos agora con noticias das que sempre gustaron á redacción desta web. Chimpíns a rebosar de terra conducidos marcha atrás acompañados de estalidos de motor estruendosos, palas cheas de cemento cos seus mangos desgastados, formigoneiras rodando frenéticamente, operarios da construcción enlamados con rastrillos e sachas esparcindo cemento por doquier. Noticias que colman a nosa alma de xubilado ata desbordala. E todo elo gracias a que dende este mércores 16 de xaneiro anda o noso querido e coqueto lugar de Brañas Verdes inmiscuido nun pequeno ainda que necesario acicalado das súas rúas e espazos comúns. O caso é que estes días estase a remodelar a que era a Calle Rosada e a praciña de Brañas Verdes, xusto no lugar que non era máis que un terreo común que daba entrada ao pobo. A calle Rosada foi pavimentada novamente despois de comprobar que o antigo solo estaba xa deteriorado e a praciña foi tamén recheada por primeira vez con formigón para poder dar un servizo aos veciños como lugar de reunión e xogos dos rapaces. E estas pequenas obras que se están a realizar resultaron froito dunha reunión cos veciños de Brañas Verdes por parte do Alcalde Pichurri e o Concelleiro Sergio Caamaño na cal foron recollidas as suxerencias dos veciños e pouco despois levadas a cabo.
  • A nova imaxe da Rúa do Sixto en Xaviña

    Este domingo 8 de novembro a eso das 12 da mañán reuníanse en Xaviña, concretamente nas obras da rúa do Sixto, o Alcalde de Camariñas Pichurri, o constructor responsable da obra Antonio Fernández Pereira e o ingeniero redactor do proxecto Juan Carlos Canosa Marcote. O obxectivo de dita reunión era o de comprobar in-situ os últimos remates na mellora viaria da Rúa do Sixto enclavadas dentro do Plan-E do goberno central e promovida polo Concello de Camariñas. A mellora sustancial desta calle transversal xaviñana resulta evidente xa que ésta ancheouse de forma considerable mellorando o tránsito dos coches por esta concurrida vía xaviñana.