• Dous pilares fundamentais: Resume da tempada de Fabian Canosa e Cristian Vigo no OAR Coruña

    Este sábado 10 de abril no Pabellón San Francisco Javier cunha victoria por 31 a 28 ante o Toscaf Avilés remataba o OAR Coruña a tempada 2009-2010 na 1ª División Nacional A, exercicio no que acadou un excelente e meritorio cuarto posto e no que destacaron as actuacións sobresaíntes de dous xogadores saídos da prolífica canteira de Camariñas: Cristian Vigo e Fabián Canosa.  Neste senso hai que indicar que si fantástico foi o primer ano no cuadro coruñés do porteiro camariñán, facéndose ca titularidade tras unha dura competencia con Abel Valcárcel, Álvaro Couceiro e o xuvenil Ignacio Santos, de impresionante hai que describir a segunda tempada no conxunto dirixido por Pablo Aguirregabiria dun Fabián Canosa, que ben como pivote ben como lateral dereito, foi con diferencia o xogador con máis minutos disputados chegando a cuaxar actuacións portentosas. Unha progresión meteórica e fulminante corroborada pola propia páxina web do OAR que chega a afirmar que "quizá lo más relevante ha sido la participación masiva de Fabián Canosa en todos los puestos. La progresión del jugador ha sido espectacular, con todas las virtudes que precisa un jugador universal para luchar en el pivote, primera línea y, sobre todo, dirigiendo al equipo desde el centro". En definitiva, o xusto recoñecemento á gran tempada desenrolada por estes dous camariñáns na capital herculina e que de seguro repetirán nun vindeiro exercicio que botará a andar alá polo mes de agosto.

  • OAR Coruña: Presentacion dos camariñáns Fabian Canosa e Cristian Vigo

    Mentras uns disfrutan das súas vacacións paseo arriba paseo abaixo ao longo do novo Boulevard Marítimo do Campo, outros enfúndanse o mono de traballo e inician as súas duras e nunca ben remuneradas obrigas laborais. Esto é aplicable especialmente ao mundo do deporte, e así esta semana víamos como o  mércores 13 de agosto Juanillo xa disputaba os seus primeiros minutos co seu novo equipo, o Cerceda de 3ª División, ou como Fabián Canosa e Cristian Vigo presentábanse co OAR Coruña este luns as 21:00 no Pavillón San Francisco Javier (ao lado de El Corte Inglés) e disputaban un amistoso contra o seu filial.