• Viaxe ao corazon das tinieblas: O Ézaro

    A terrible vinganza do Monte Pindo sobre Camarinas.eu

    Sábado, 21 de febreiro, 2009. O caos descendío sobre a redacción ao completo de camarinas.eu no Ézaro, a única cascada na que desemboca un río en Europa Continental. Sobre as cinco da tarde tres redactores  da web que fixo posible que o Faro Vilán fora elexido o lugar máis fermoso da Costa da Morte estiveron practicamente a piques de morrer afogados nunha masacre. Os Deuses Celtas do Monte Pindo non puideron controlar a brutalidade dos seus poderes. Atraeron cara os seus dominios aos principais responsables de que os paraxes veciños de O Ézaro e do Monte Pindo non foran os gañadores dunha enquisa organizada por un periódico autonómico e desataron sobre eles a súa terrible vinganza. Uns acontecementos que case acaban de forma definitiva con Camarinas.eu.