• Esta fin de semana inaugúrase a Área de Autocaravanas do Ariño en Xaviña

    A praia do Ariño conta dende hai un tempo cunha area de servizos para autocaravanas. Está é un área pública e gratuíta, aberta todo o ano, que acolle a familias e visitantes que utilizan este medio de transporte para coñecer Camariñas e a Costa da Morte.
  • As novas tecnoloxías fan de “Camariñas, o mar todo” un voceiro virtual dos recursos turísticos
 do litoral camariñán

    O Concello de Camariñas presentou esta mañá os proxectos “Camariñas, o mar todo” e “Desenvolvemento da zona costeira da praia do Ariño”, executados con fondos europeos dos Grupos de Acción Costeira- GAC3 Costa da Morte. O obxectivo de ambas iniciativas foi valorizar os recursos turísticos de Camariñas co mar e a cultura mariñeira como eixo central. 
No acto estiveron presentes a tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Encaixe, Sandra Insua Rial; o xerente do GAC3-Costa da Morte, Guillermo González Díez; o concelleiro de Turismo, Sergio Caamaño Fernández; Eugenia Juncal e Pedro Tasende, representantes, respectivamente, de Valora Consultores e Aporta Comunicación, empresas responsables da execución dos proxectos.
  • Visitas guiadas por mariscadoras para os turistas que visiten Camariñas

    Decididos a por en marcha os valores turísticos de Camariñas, dende o Concello e dentro do proxecto do GAC, para o desenvolvemento da zona costeira do Ariño,veñen de idear unha atractiva proposta ca que achegar os paraísos naturais así como a realidade socioeconómica aos cada vez máis numerosos visitantes que se achegan pola terra das palilleiras. Chámase este innovador proxecto "Rutas guiadas por Mariscadoras", que fomentará as visitas guiadas polos nosos bancos marisqueiros baixo o superior maxisterio de calqueira das mulleres que se afanan día tras día apañando un marisco areeiro dunha calidade excepcional. Así, na mañán deste mércores 30 de xullo de 2014 podíase ver no Areal de O Ariño a nova Presidenta da Cofradía Maior de Camariñas, Dolores Bermúdez, máis coñecida como Lola do Marisqueo por ser durante anos a presidenta deste colectivo, explicándolles a un grupo de turistas a forma de traballar das mariscadores así como a diferencia entre as distintas especies e variedades das mesmas. Un peculiar traballo no que se estreaba a nosa amiga Lola, á que dende aquí felicitamos polo seu novo cargo, no que terá que afrontar un importante desafío dado o gran legado deixado polo seu antecesor José Manuel Gerpe "Choniño" ao que desexamos o máis feliz dos retiros despois do exemplar traballo realizado. Os interesados en inscribirse nestas rutas guiadas deberán apuntarse no Punto de información Turística de Camariñas, chamando aos teléfonos 981 737 204/004 ou enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
  • Camariñas converte os seus recursos mariñeiros en valores turísticos de vangarda

    O Concello de Camariñas presentou esta mañá os proxectos “Camariñas, o mar todo” e “O Ariño” executados con fondos do europeos do Grupos de Acción Costeira - GAC3 Costa da Morte que teñen como obxectivo valorizar os recursos turísticos de Camariñas co mar como eixo central. No acto estiveron presentes o alcalde, Manuel Valeriano Alonso de León; o xerente do GAC3, Guillermo González Díez; o concelleiro de Turismo, Sergio Caamaño Fernández; e Pedro Tasende, xerente da empresa responsable da execución do proxecto “Camariñas, o mar todo”. Asistiron tamén empresarios do sector da hostalería, encaixe e marisqueo, todos eles implicados no desenvolvemento de ambas as dúas iniciativas.