• Inauguracion da nova lonxa de Camarinas

    ¡A báscula da lonxa nova pesa mal!

    O Patrón Maior diríxese aos asistentes en presencia da Conselleira
    O Patrón Maior diríxese aos asistentes en presencia da Conselleira

    Dando hoxe pola tarde un dos meus paseos rutinarios hacia ningunha parte puiden observar como no muelle novo se concentraban unha pila de coches de alta gama, traxes e moitas corbatas, ¡moitas, moitas corbatas!. E é que hoxe en Camariñas celebrábase unha inauguración moi esperada en todo o pobo. Tan esperada que ninguén se enterou: a inauguración das novas instalacións do muelle novo de Camariñas. A Conselleira de Pesca e outros políticos déronse cita nas mesmas para dar o pistoletazo de saída oficial á nova lonxa de Camariñas totalmente informatizada e cuns servicios para os mariñeiros e compradores sen parangón en toda a Costa da Morte.  Pulsa na foto para ver unhas instantaneas da inauguración da nova lonxa de Camariñas.

  • Fin do cursillo na Escola Ramon Noguera Oreiro

    Rematou o curso de Patrón Costeiro Polivalente

    O grupo de estudiantes do cursillo posa diante do Restaurante Puerto Arnela
    O grupo de estudiantes do cursillo posa diante do Restaurante Puerto Arnela

    Tendo aínda presente na memoria as escenas da gran película "El Hombre que mató a Liberty Vallance" subidas ao foro de grandes secuencias do cine polo noso redactor de cine Luis Esteiro, na sobremesa deste venres 23 de maio asistimos a un fruallo parecido, se non maior, no Restaurante Puerto Arnela onde se celebraba o final de curso polos futuros patróns costeiros polivalentes, sección máquinas.
    Pulsa na foto para ver a noticias completa e ver unha reportaxe gráfica da festa alí armada.

  • Un San Martino de sete kilogramos

    Un San Martiño de 7 kilos que quixo ser Jallejo

    O San Martiño máis grande só podía acabar no mellor restaurante: Hotel Rústico Puerto Arnela
    O San Martiño máis grande só podía acabar no mellor restaurante: Hotel Rústico Puerto Arnela

    Despois dunhas festas de San Xorxe na que non tivemos moita actividade en camarinas.eu (debido á predisposición para as festas desta redacción) a web máis visitada da Costa da Morte volve á carga con máis forza que nunca. Desta vez, o usuario redactor que mellor comprende a filosofía de camarinas.eu mándanos unha foto impresionante e un texto non menos espectacular adicado a este bicho de case que sete kilogramos pescado por un vello mariñeiro nunha das zonas de abundante pesca que existen nesta nosa destartalada Costa da Morte. Pulsa na foto para ler a noticia que nos manda o noso "Usuario Redactor" e unha foto aumentada do San Martiño de case sete kilos.

  • O muelle novo de Camarinas, o máis seguro de toda a Costa

    Máis de 40 barcos foraneos no muelle novo de Camariñas

    Os barcos de toda esta Franxa Atlántica saben que protexerse no Muelle Novo camariñán é o máis seguro
    Os barcos de toda esta Franxa Atlántica saben que protexerse no Muelle Novo camariñán é o máis seguro

    O temporal de vento, frío e mar con olas de máis de 8 metros na costa fixo que moitos dos grandes portos desta nosa Costa da Morte se quedaran pequenos ante tremendo temporal e algúns dos barcos que fondean nesas localidades decidiran atracar no muelle novo de Camariñas. Sen dúbidas o porto máis seguro de toda a Costa da Morte no que na tarde de hoxe se puideron ver atracados máis de 40 barcos de toda esta costa, aínda que faltan os de Muxía que se espera que cheguen a Camariñas antes de esta noite e así sumarse aos xa amarrados. Os barcos de Camariñas atópanse repartidos entre a lonxa vella e o espigón, co que non están ben protexidos. Xa vedes, Camariñas pasa a ser o novo porto refuxio da Costa da Morte. Pulsa na foto para ver unhas cantas fotos do mellor porto da Costa da Morte.

  • Jema, o barco de Mikel retorna ao mar

    Mikel e Luis o Pifo amosando dous magníficos exemplares de congrios

    Ulises retorna a Ítaca

    Ulises retorna a Ítaca. Mikel volve ao mar. Hai que olvidarse do romanceiro español (Rafael Alberti - Marinero en Tierra) e voltar ás odiseas homéricas. Despois de máis dun mes varado en terra dende que o 18 de decembro Mikel, quedara á deriva nunha noite de temporal dentro da ría, este martes 22 de xaneiro Jema o barco do Guerreiro Poeta de camarinas.eu volveu surcar os mares da Costa da Morte cargando de peixe na súa primeira singladura. Para ler a noticia completa e ver o video especial dun mariñeiro feliz pulsa na foto.
  • Fotos históricas de Camariñas: O Lubina, un barco histórico de Camariñas

    Corrían os últimos anos da década dos sesenta cando, recén construido nos astilleiros de Telleira (Cabana), chegou a Camariñas un barco que non tardaría moito tempo en facer historia, un barco de formas suaves e delicadas, cunha ponte situada na proa da nave, rompendo así co canon establecido ata entón, deixando desta forma máis espazo de carga na parte traseira, un barco que creou escuela tal e como se pode comprobar hoxe en día nun dos portos máis importantes da Costa da Morte, o de Camariñas, con embarcacións que seguen o exemplo do Lubina coma o Manuel de Lin, o Muro de Fontán, o Siro Segundo...
  • O duro traballo no mar en Camariñas

    Un bo lanse de xurelo español e francés

    Novas vacacións para o noso Top máis mariñeiro
    Novas vacacións para o noso Top máis mariñeiro

    Onte, dando un paseo polo muelle novo a eso das doce da noite poidemos comprobar que Ito, o noso Top Camariñas máis mariñeiro, comenzara as vacacións de nadal despois do primeiro trimestre de estudos do que será o seu último ano de carreira na mítica pero xa de por sí destartalada Facultade de Náutica da Coruña. Unhas vacacións que para Ito serán de duro traballo no barco familiar: o Gaviota.

    No video que podes ver no interior desta noticia aparecen todos os mariñeiros do barco "Gaviota" de Camariñas descargando un bo lanse de dúas clases de xurelo. Según os mariñeiros que alí nos atenderon este lance estaba composto por xurelo da "clase española" e outro da "clase francesa", obviamente non fai falta que vos digamos cal era o máis apreciado e o que máis valía,...exactamente, o noso patriótico xurelo español. Pulsa na foto para ver o video que será de especial agrado para os nosos emigrantes que non poden estar en Camariñas nestas datas tan especiais.

  • Jema, o barco de Mikel dixo basta

    Marinero en Tierra

    O patrón poeta non poderá gobernar a súa nave
    O patrón poeta non poderá gobernar a súa nave

    Recordando o libro de versos do gran poeta Rafael Alberti, tan querido e admirado polo noso Guerreiro Poeta, digno sucesor do mesmo cando colle na súa man dereita a pluma, Mikel durante unha semana terá que ser un mariñeiro en terra. Na foto podemos observar o estado no que se atopaba hoxe a embarcación de Mikel "Jema", despois de que onte ás once da noite e debido a un forte temporal que o sorprendeu no medio da ría e que deixou o pobo sen luz durante unha hora (cousas do cambio climático...según os entendidos, claro), estivera a punto de zozobrar e naufragar no medio da escuridade tenebrosa na que se convertira a súa querida e coñecida ría de Camariñas.

    E aquí é onde queremos resaltar o carácter camariñán de unión, solidaridade, e altruísmo que é un dos motivos que impulsan a actividade diaria desta páxina. Así, tivo que ser un mariñeiro novo pero tamén experimentado, Javi de Nita, o que acudira raudo a evitar que Mikel naufragara. Despois xa en terra e tras evaluar os danos que sufría o motor e que farán que estea varado máis dunha semana co que eso supoñe nestas datas próximas ao nadal, vitais para a economía familiar dun humilde e valente mariñeiro, despois de todo isto decimos chegou a avalancha de solidariedade e agradecemento do pobo de Camariñas por todo o que Mikel fixo nestes últimos meses. Ata seis mariñeiros lle ofreceron a súa axuda, prestándolle todo o que sexa menester: o motor, a embarcación, os aparatos, todo para evitar que Mikel non deixara os seus aparellos no medio do mar. Carlos "O Rubio", Juan "O Caracol", Pepe Tibursio, pai de outra usuaria de camarinas.eu, Domingos de Paca irmán do noso querido usuario Machote, Jose "Rancho Junior", o Jordo (home de Alba e tamén usuario de camarinas.eu), etc... camarinas.eu desexa que aínda que Mikel non teña a pluma na man para escribir nesta web, teña, sobre todo, a man nos tramallos para levar o pan a súa casa.

  • Camarinas: puerto refugio para os barcos da Costa da Morte

    Buques de varios pobos refúgianse en Camariñas

    Ademáis das xa habituais "parejas" e "vacas" do día que arrivan no noso porto tódolos días, esta semana poidemos ver barcos doutras localidades atracados no noso muelle novo debido ao temporal de mar que está a azoutar toda esta costa. No interior da noticia podes ver un video no que aparecen barcos de Laxe, Camelle, Muxía, etc.. no porto de Camariñas.

  • Preocupa la situación de los recursos pesqueros de alta mar

    Un informe de la FAO ( ORGANIZACIÓN DE LAS NACIONES UNIDAS PARA LA AGRICULTURA Y LA ALIMENTACIÓN)    pide reforzar la ordenación de la pesca en aguas internacionales. A pesar de que la proporción de poblaciones de peces que la FAO considera sobreexplotadas o agotadas ha permanecido estable durante los últimos 15 años, el estado de determinadas especies migratorias y de alta mar es motivo de seria preocupación, según advirtió hoy un nuevo informe del organismo de la ONU.
  • Héroes de Camariñas: O Nuestra Madre Loreto volve a salvar inmigrantes dunha morte segura

    O barco pesqueiro "Nuestra Madre Loreto" con base en Santa Pola (Alicante) e tripulación formada maioritariamente por camariñáns volveu, no día de onte, a demostrar a madeira da que está feita a xente mariñeira de Camariñas salvando dunha morte segura en alta mar a catro inmigrantes africanos. Esta proba de heroicidade súmase á que xa demostraron a mediados do mes de xuño cando, tras diversas peripecias, poideron desembarcar a 25 inmigrantes e un cadáver no porto de Trípoli (Libia).
  • Novos inmigrantes en Camelle

    Moito cambiou o panorama mariñeiro da nosa Costa da Morte dende que os nosos avós se embarcaban á aventura naquelas tarrafas e botiños en épocas non tan lonxanas.Sen dúbida que foi así este cambio ata o punto de que ata do outro lado do mundo, dende a lonxana Asia, chega xente a traballar nos novos e sofisticados buques que saen a faenar desde todos os portos desta costa.
  • Noticia da Cadena Ser sobre o barco de Camariñas "Gallego Jose"

    A Cadena Ser envíanos hoxe unha noticia na que di que según a Capitanía Marítma da Coruña o barco camariñán Gallego José, pertencente a unha das sagas máis míticas de mariñeiros de Xaviña (Os Jallejos) non ten a estabilidade óptima para seguir navegando. 
  • Firmas contra a piscifactoria de Arou

    A asociación para a defensa ecolóxica de Galicia (ADEGA) e veciños afectados polo plan sectorial de acuicultura de Galicia presentrán mañá centos de "alegacións" e miles de firmas para paralizar estas factorías. A noticia chegounos desde o rotativo lucense El Progreso. Nós desde camarinas.eu gustaríanos abrir o debate sobre o positivo ou o negativo destas factorías no noso litoral. As xentes deste Concello de Camariñas saben que o traballo aquí está escaso, moi escaso. Máis tamén sabemos que temos unhas paraxes naturais escepcionais con un atractivo turístico increible. Ábrese o debate: ¿Estas a Favor ou en Contra das piscifactorías na costa? Podedes empezar a constestar a esta cuestión pulsando en "Comentar o artigo"
  • Noticias do Mar: Marisqueo en Area da Vila

    Estába a redacción de recente creación de camarinas.eu a dar unha ronda na mañá deste 17 de agosto de 2007 polo Paseo Marítimo que discorre a carón da Praia de Area da Vila cando puidemos obsevar  como unha auténtica muchedumbre apelotonábase no citado areal camariñán para coller puñados de suculento e preciado marisco.
  • Despiste dun yate de nacionalidad holandesa

    O Holandés Errante embarranca na Vasa. Hoxe, a primeira hora da tarde, fumos testigos dunha historieta realmente cómica: un yate de nacionalidade holandesa introducíuse na Vasa de Camariñas pensando que había calado suficiente. O caso é que chegou ata casi o final da Vasa cando empezou a baixar a marea ata que quedou totalmente en seco. Ahora tócalle esperar a que suba a marea... Pois como siga con esta pericia náutica a este paso vaille tocar seguir a estela daquel lexendario buque da mesma nacionalidade condenado a vagar eternamente polos mares...