• Barcos de Camariñas no Porto de Coruña

    Mariñeiros camariñáns no Muelle de Oza

    Dous camariñáns e dous cabaleiros ante todo: Yoyo e Delmiro danse a man no Muelle de Oza, Coruña
    Dous camariñáns e dous cabaleiros ante todo: Yoyo e Delmiro danse a man no Muelle de Oza, Coruña

    Sempre foi tradición que cando as cousas non acababan de andar todo o ben que sería de desexar  polas nosas costas os barcos do cerco camariñán arrancharan os seus pertrechos e cambiaran de aires por unha temporadiña, normalmente cara o porto da Coruña.  Así na mañán deste xoves 8 de outubro de 2009 a corresponsalía itinerante de camarinas.eu na nosa querida capital provincial atopou pegadiños un ao outro no Muelle de Oza aos dous barcos máis recentes en chegar ao noso porto, o Muro de Fontán e o Cupido que, cousas da súa xuventude impetuosa, decidiron probar sorte alén dos nosos mares. Alí estivemos departindo un rato e coñecendo as principais inquietudes dun mariñeiro camariñán lonxe do seu fogar con Yoyo, Delmiro, Javi, Pedriño de Marisa, Domingos, Pedro, Jose, etc...

  • Cofradia de Pescadores de Camarinas

    Os permisos (de marisqueo) xa están aquí

    A Praia do Ariño de Xaviña, un paraíso natural e un dos areais máis fértiles de toda Galicia
    A Praia do Ariño de Xaviña, un paraíso natural e un dos areais máis fértiles de toda Galicia

    Pois envíannos dende a Cofradía de Pescadores de Camariñas unha copia da resolución da Consellería do Mar de data  4 de agosto pola que se abre un prazo de presentación de solicitudes de 15 días para a obtención de 21 novos e valiosísimos permisos de marisqueo a pé correspondentes á nosa Cofradía. Os solicitantes deberán acompañar o seu escrito da documentación recollida na citada resolución cuia copia íntegra reproduce camarinas.eu no interior da noticia, asemesmo permanece exposta no taboleiro de anuncios da Cofradía.

    Polo tanto, tal e como se facía eco esta web en recentes noticias, a fertilidade e riqueza do areal xaviñán do Ariño vese confirmada con esta importante resolución da Xunta de Galicia, que supoñe a concesión de 21 novos permisos cos que mariscar nun dos entronos naturais máis fecundos e pródigos de toda Galicia. Agora só queda esperar que a Xunta resolva este proceso selectivo ca correspondente ecuanimidade e xustiza e 21 novas familias podan pasar a engrosar a longa nómina de mariscadores da nosa Cofradía.

  • Noticias do Mar: O Cupido

    Un gran barco para a flota de Camariñas

    O Cupido, o novo gran barco que ven a engrosar a nómina lexendaria do cerco camariñán
    O Cupido, o novo gran barco que ven a engrosar a nómina lexendaria do cerco camariñán

    Este sábado 4 de xullo de 2009 foi un día moi importante para a flota camariñana xa que un barco de gran envergadura ven a engrosar a nómina dun dos portos clave de Galicia. Trátase do Cupido, barco adquirido en Pontedeume polo fillo do noso querido usuario Delmiro de Lin, bautizado na web reina da Costa Atlántica como Gavilán, que arrivou sen problemas ao porto que será o seu fogar durante os vindeiros anos ao longo da noite deste sábado e que posiblemente terá a tripulación cunha media de idade máis xoven de toda a Costa da Morte.

  • Noticias do Mar: Bolas de chapapote en Reira

    A sentinazo libre frente ao mar camariñán

    A chemical derivada da limpeza das sentinas dos grandes buques continúa arribando ás nosas costas
    A chemical derivada da limpeza das sentinas dos grandes buques continúa arribando ás nosas costas

    Un dos rasgos distintivos que caracterizan a un redactor de camarinas.eu ven constituido pola entrega en corpo e alma ao exercicio da profesión xornalística. Non se abandona a práctica do periodismo nen sequera despois dunha dura e extenuante xornada de traballo na que se cumpliron a raxatabla as férreas e inflexibles obrigais laborais, cando se pode un relaxar nas Praias de Reira mediante un bronceado de cor cobriza a un corpo masculino esculturalmente cincelado en bronce.

    Así, este venres 19 de xuño de 2009 estaba o mencionado redactor na Praia da Pedrosa cando unhas boliñas moldeables de cor negra viñeron a enturbiar o seu máis que merecido descanso. Dado que a estas alturas difícilmente algún poida achacar o orixe das citadas boliñas de fuel (poucas en número e que en modo algún afectaban o máis mínimo ao baño nas prístinas e transparentes augas de Reira) a aquel espinoso e interpretable asunto que se dou en chamar "Catástrofe do Prestige" e que deixou varias mareas de distintas cores ao longo da Costa galega, hai que acabar concluindo que estamos ante outro dos innumerables sentinazos que esta costa paradisíaca ven sufrindo dende tempos inmemoriais. Os sucesivos gobernos xuran e perxuran que se extreman as medidas de vixiancia, pero a limpeza ilegal dos depósitos dos buques en alta mar prosegue a bo ritmo. Polo que se ve, a negra pátina de fuel que tiñe as pedras das Praias de Reira proseguirá por longo tempo.

  • Noticias do Mar: Lago Dos

    O Lago Dos recibe ao Mago de Corea

    O Lago Dos engalanado cas bandeiras do Barça e do Cartagena recibirá a Juanillo este venres 19 de xuño
    O Lago Dos engalanado cas bandeiras do Barça e do Cartagena recibirá a Juanillo este venres 19 de xuño

    Estábamos este sábado no Café Bar Arnela tan tranquilamente tomando o seu correspondente (e obrigado) refrigerio cubateril, cando Carlos de Lin, Patrón do Lago Dos, nos comentou que lle gustaría ver publicada na web máis vista da Costa Atlántica a mostra de cariño e devoción da Familia Lin e por extensión de toda a tripulación do Lago Dos polo seu primo Juan Manuel Cabrejo Pasantes, Juanillo, que en forma de  dúas bandeiras do Cartagena dende hai uns días colgan da antena maior deste emblemático buque do cerco camariñán. 

     
    O caso era que o Mago de Corea chegaba a Camariñas cara a noitiña deste venres 19 de xuño e a Carlos e aos seus irmáns gustaríalles que aínda en terras levantinas Juanillo vira como dende o ascenso do Cartagena á Segunda División A a  súa bandeira ondeaba no Lago Dos desafiando dende o máis alto as augas da Costa da Morte, acompañada aínda por enriba da enseña do Barcelona, equipo dos amores de Juanillo. Aquí, en camarinas.eu non é que sexamos moi devotos do Barça, e por eso algún redactor preferiría que as bandeiras do Cartagena ondearan no buque patroneado por Manuel de Lin, acompañadas nestas horas de gloria por outra de heroica cor branca, xa que eso significaría... Pero, en fin, ben sabido é de todos que este mundo é un valle de lágrimas ao que se ven a sufrir. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica do Lago Dos engalanado.
  • Pesca Submarina en Camarinas

    O País das Grandes Capturas

    Oscar amosa a bordo da lancha as dúas rollizas lubinas resultado da súa pesca submarina
    Oscar amosa a bordo da lancha as dúas rollizas lubinas resultado da súa pesca submarina

    Un aguerrido remolcador surca as encrespadas olas do Mar de Alborán. Ou realiza oceánicas travesías a través do Atlántico ata as saharianas Illas Canarias. E a bordo do "Luz de Mar" unha tripulación composta maioritariamente por homes provintes das brumosas terras do norte, xente de Fisterra, Corcubión, Camariñas, sigue día a día as novedades da súa terriña a través dunha páxina web chamada camarinas.eu. Entre este grupo de morriñentos mariñeiros galegos atópase o noso querido amigo Óscar da Aldea, o cal antes de partir ás 5 da mañán deste mércores 27 de maio cos seus compañeiros cara terras andaluzas, visitou esta redacción para facernos chegar unhas espectaculares fotos de dúas lubinas xigantes capturadas baixo as augas de Reira, confirmando definitivamente a riqueza e fertilidade do mar camariñán.

  • O que nos faltaba...¡¡Sardiñas voadoras!!

    Manuel de Lin posa ca sardiña voladora no Muelle Novo de Camariñas este sábado 23 de maio

    Ata agora creíamos que víramos de todo no Porto de Camariñas: calamares xigantes, pulpos enormes, merluzas de 13 kilos, lubinas de sete kilos e medio...cando soubemos este sábado que as embarcacións Manuel de Lin e Lago 2 no medio das súas redes subiron a bordo este venres 22 de maio un certo número dunhas estranas sardiñas provistas cunha especie de alas que enseguida foron designadas como "sardiñas voladoras", xa que non deixan de presentar as aerodinámicas formas dun avión de combate.
  • Noticias do Mar: Pesca da Merluza

    Merluzas xigantes no Porto de Camariñas

    Nesta fotografía podemos apreciar a Manolo do Coral botando contas con tan fermoso exemplar
    Nesta fotografía podemos apreciar a Manolo do Coral botando contas con tan fermoso exemplar

    Practicamente xa dende os épicos inicios de camarinas.eu advertíamos da importancia crecente do Porto de Camariñas como un dos principais do sector pesqueiro galego, converténdose debido ao seu faraónico e impactante Muelle Novo no principal porto de refuxio da Costa da Morte onde embarcacións de toda esta Franxa Atlántica acudían en busca de protección cando os temporais viñan mal dados. Pero tamén como principal porto de descarga para grandes buques de arrastre de prácticamente toda Galicia gracias ás espectaculares instalacións da Nova Lonxa e á posición estratéxica da nosa vila.

    E como exemplo o da parella de barcos de arrastre Coral e San Martín de la Mar, con base en Riveira, que descargaron o mércores 6 de maio no noso porto unha merluza capturada no seu aparello de nada máis e nada menos que trece kilos de peso, constituindo unha plusmarca difícil de bater aínda que non de récord xa que no palangre téñense pescado exemplares aínda máis grandes. En definitiva, un exemplar espectacular, tal e como o demostran as fotografías do interior desta noticia, publicadas gracias á xentileza dos nosos amigos do persoal da Lonxa Nova de Camariñas.

  • Instalacion da Plataforma flotante de engorde de ameixa no Porto de Camariñas

    Provindo os redactores de camarinas.eu de antigas familias mariñeiras de Camariñas, era obvio que todo o atinxira ao mar acabaría tendo o seu propio espacio na web máis vista da Costa da Morte. Nace así Noticias do Mar , a sección que recollerá todas aquelas noticias que se produzcan na nosa vila e que estén vencelladas ao mundo da pesca, do marisqueo ou da acuicultura. Como é o caso da Plataforma de engorde de ameixa que na mañán deste martes os técnicos do Centro Tecnolóxico do Mar procederon a instalar en principio ata o 31/12/2011 no pantalán máis occidental do CNC ca colaboración imprescindible do persoal do mesmo. Pulsa na imaxe para ler unha noticia sobre o mundo do marisqueo que se aveciña.
  • A Xunta de Galicia instalará en Camariñas unha plataforma de engorde de ameixa

    Rastrexando como jabatos o mundo cibernético en busca de noticias que poder arroxar aos nosos innumerables lectores, hoxe na web da axencia europapress atopamos unha noticia que reincide na importancia do porto de Camariñas como un dos principais da Costa galega. Así, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que preside en funcións Carmen Gallego, nunha das súas últimas decisións decidío costear  o cultivo da ameixa no noso porto a través da instalación dunha plataforma flotante na que se atenderá a fase de preengorde da semente para logo rexenerar as zonas de producción do molusco.
  • Pesca do pulpo en Camarinas

    O Ranchito pesca un pulpo de casi 8 kilos

    ¿Acabará este enorme pulpo sendo devorado por algún político aloxado naquela casa amarela do fondo?
    ¿Acabará este enorme pulpo sendo devorado por algún político aloxado naquela casa amarela do fondo?

    Hai un tempo xa escribimos sobre unha posible invasión de calamares xigantes, pero desta volta foi un impresionante pulpo de casi 8 kilos o que acabou sendo capturado por un mariñeiro camariñan. E claro as comparacións ca mítica escena onde un cefalópodo xigante atacaba o "Nautilus", o submarino patroneado polo Capitán Nemo na mítica novela de Julio Verne "20.000 leguas de viaxe submarino", son inevitables. Ademáis o protagonista desta noticia é un vello clásico das páginas de camarinas.eu: nin máis nin menos que Jose "o Rancho Junior" que ten destacado tanto como improvisado buceador de perlas preciosas como experto home de mar. Pulsa na imaxe para ler a noticia dunha loita entre un terrible monstruo marino e un humilde e esforzado mariñeiro camariñán.

  • Novas obras na praia de Camelle

    A Praia de Camelle quedará limpia como unha patena

    A Praia de Camelle pasará a ser un dos principais areais da Provincia da Coruña
    A Praia de Camelle pasará a ser un dos principais areais da Provincia da Coruña

    Aquí en camarinas.eu gústanos rastrexar o ciberespacio na búsqueda de noticias referentes ao Concello de Camariñas e así no día de hoxe enterámonos que o Ministerio de Medio Ambiente ven de licitar unha iniciativa pioneira consistente na rexeneración de praias radicadas en núcleos urbanos como medio de facelas máis aptas e idóneas para o turismo. Tras un examen exhaustivo, o  areal elexido foi o de Camelle onde se invertiran preto dun millón de euros en seis meses e todo elo enmarcado no Plan E do Goberno Central para a reactivación da economía española nestes duros tempos de crisis. Pulsa na vista aérea de Camelle para ler a noticia completa e ver unha impresionante galería fotográfica que recorre a historia deste célebre areal camellán.

  • Noticias do Mar: Cerco de Camarinas, Semana de boas ganancias para o Cerco camariñán

    Despois dunha boa semana de capturas, un grupo de mariñeiros charla animadamente no muelle

    Pois xa que estamos en crisis perpetua, da gusto dar noticias como estas que fan recordar os mellores tempos da flota do cerco camariñana. Resulta que esta semana foi unha das máis exitosas para os barcos camariñáns no que se refire a capturas e ao valor destas no mercado, así poidemos constatar que foron moitos os barcos adicados á rede en Camariñas que fixeron un bo mes en tan so tres días de traballo.  Tres días, por outra parte, de intenso traballo, de pasar fríos e calamidades no mar que se ven recompensados con unha suculenta cifra económica e que fará que este pobo olvidado e deixado da man de Dios recupere sen axuda de nadie a súa propia vida.
  • Camarinas: Noticias do Mar

    Luns de traballo en terra no Porto de Camariñas

    Belén M, a embarcación do Rocco quedou limpia como unha patena tralos expertos cuidados de Manolo
    Belén M, a embarcación do Rocco quedou limpia como unha patena tralos expertos cuidados de Manolo

    Darse unha volta polo porto camariñán na mañá dun día laboral sempre é un placer para o paseante que pode desfrutar duns intres libres mentras o mariñeiro camariñán prepara con mimo e esforzo as súas embarcacións e aparellos para a dura loita cotidiana contra o mar. Desta maneira, nunha mañán de primeiros de ano, a do 5 de xaneiro do ano do noso Señor 2009, atopamos nun pequeno cachiño de terra, nun recuncho, na rampa do Espigón a dous grandes amigos de camarinas.eu e expertos homes de mar: Manolo "O Rocco" e Pedro "O Panadeiro". Alí poidemos compartir da man do Rocco as vivencias dun día de traballo en terra en Camariñas: pago de seguros, cambios de aceite, limpieza do casco, etc. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería fotográfica.

  • Pesca Deportiva en Camarinas

    Arturo de Genucha pesca dúas impresionantes lubinas

    Así de lozana e fermosa lucía a lubina capturada por Arturo en Reira o día 29 de decembro
    Así de lozana e fermosa lucía a lubina capturada por Arturo en Reira o día 29 de decembro

    O gran amigo de camarinas.eu Arturo Pasantes Alborés, máis coñecido en Camariñas como Arturo de Genucha, envíanos dúas impresionantes fotografías co resultado da pesca deportiva que o levou o luns 29 de decembro ata Reira: dúas exhuberantes lubinas de sete kilos e medio cada unha delas. Dous exemplares dunha beleza tal que merecían por si mesmos nin máis nin menos que unha portada de camarinas.eu. Ademáis, dado de que esta é unha das webs con maior grado de difusión da Provincia da Coruña (a Costa da Morte empézanos a quedar pequena para análises comparativos) publicámola ca esperanza de que  sexa un reclamo para incrementar o turismo no noso concello, un abundante e fértil paraíso natural para os amantes da práctica da pesca deportiva. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa.

  • Porto de Camarinas: Calamares Xigantes

    A invasión dos calamares xigantes

    Pedro e a súa nai Marisa amosan o calamar xigante ás portas da súa casa na Rúa Vulcano
    Pedro e a súa nai Marisa amosan o calamar xigante ás portas da súa casa na Rúa Vulcano

    A Costa da Morte está a ser atacada por unha oleada de calamares xigantes. Despois das capturas de enormes exemplares destes monstruos marinos provintes dos fondos abisales acontecidas en Muxía e das que se facía eco a prensa recentemente, desta volta tocoulle o turno ao porto de Camariñas. Cara as oito da tarde do luns 1 de decembro, frente as costas de Nemiña, concretamente no lugar coñecido como Muñís, os tripulantes do barco camariñán da familia Campaña Pensado "Muro de Fontán" observaban abraiados como entre as redes do xurelo subían a bordo nin máis nin menos que dez calamares xigantes. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha ampla galería fotográfica sobre tal suceso inexplicable.

  • Puerto Exterior de Camelle

    Seguimento ás obras no Concello: Camelle

    O bravo mar de Camelle terá no Puerto Exterior un enemigo imbatible nas súas acometidas
    O bravo mar de Camelle terá no Puerto Exterior un enemigo imbatible nas súas acometidas

    camarinas.eu no seu seguimento as principais obras públicas que se están levando a cabo no Concello de Camariñas fai nesta ocasión recalar o seu tour informativo na nosa querida vila de Camelle, a cal sen dúbidas foi agraciada cos dous últimos grandes proxectos faraónicos  desarrollados no noso municipio: o impresionante Centro Cultural de Man e o Puerto Exterior. Precisamente, este último cun orzamento cercano aos tres millóns de euros e cun plazo de execución estimado inicialmente en 18 meses, foi o que atraío a atención da web líder da Costa Atlántica. 

    A obra, financiada e executada dada a súa gran magnitude e orzamento pola Xunta de Galicia, foi adxudicada á empresa Construcciones López Cao, a mesma que xa dende hai uns bos cuantos meses leva a cabo a eterna obra do Paseo Marítimo de Camariñas. Sen embargo en Camelle estamos a falar dunha obra dunha gran complexidade técnica, na que se tiveron que mover preto de un millar de bloques de formigón de ata 55 toneladas moitos deles, e que estiveron aloxados na zona portuaria, no entorno da escola e no campo de fútbol, ca conseguinte polémica co noso querido párroco camellán Don Eulogio. Unha vez rematada a obra, Camelle gañará preto de 90 metros ao mar, tendo un dos portos máis importantes e seguros da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica do Puerto Exterior de Camelle.
  • Seguimento ás obras do paseo marítimo de Arou

    Continuando co seguimento ás obras que as diversas administracións públicas realizan en Camariñas tócanos mirar desta vez cara a nosa querida vila de Arou. Un pequeno e encantador pobo que verá a súa fachada marítima moi mellorada cas obras que está a levar a cabo o Ministerio de Medio Ambiente. Estas obras xa levan executándose hai uns meses nos cales se concluío a 1ª fase que tivo un presuposto de mais de 350.000 euros. Agora estase a realizar a segunda fase que ten un presuposto de 756.650 euros. A inversión total suporá máis de 1.100.000 euros que serán invertidos nesta preciosa vila de Arou.
  • Unha pesca increible en Camarinas

    Unha muller pesca un billete de 50 euros en Camariñas

    Este peixiño inanimado trouxo consigo 50 euros ben cremosos
    Este peixiño inanimado trouxo consigo 50 euros ben cremosos

    Pensábamos que dende que o noso usuario Mario pescara un calamar de cerca de 10 kilos en Fuerteventura xa viramos todo no relativo á pesca, pero o fondo do mar non para de mostrarnos máis curiosidades. Este luns pasado e en presencia de toda a parroquia calamareira que se concentra no Muelle Novo de Camariñas cada noite, unha coñecida muller camariñana trouxo dende o fondo do fangoso mar do novo peirao camariñán algo que non esperaba pescar en toda a súa vida. A pesca desta muller foi nin máis nin menos que un billete de 50 euros ben encartadiño.

    Hoxe poidemos falar con varios testigos do feito que nos xuraron que eles mesmos pensaban que era un algaso ou un cartón pero que cando a muller quixo limpar a potera douse conta, ao mesmo tempo que todos os alí presentes, que se trataba dun billete de 50 euros. Foi a millor pesca que capturou na súa vida seguramente e todos os calamareiros puxéronse nese momento a rastrear o fondo a ver si tiñan a mesma sorte. Non foi así. Desde camarinas.eu xa poidemos falar coa agrciada pescadora que nos contou toda a historia. Pulsa na foto para saber quen é.

  • Unha perla dentro dunha ameixa da Praia do Ariño

    Xa decía camarinas.eu que este tema do suposto cambio climático non só iba a traer beneficios ben cremosos para os novos gurús muchimillonarios defensores desta teoría os cales viven en Beverly Hills nas súas mansións de 100 millóns de dólares como o renovado político americano Al Gore no seu novo e pouco creible papel de ecologista en acción, e aquí está a prova: O víspera do Carme, o noso querido amigo e usuario Jose "O Ranchito" sentouse na mesa da súa casa para degustar unhas ameixas provintes da Praia do Ariño (Xaviña) cando no medio dun destes bivalvos lle apareceu pegada á súa carne unha preciosa perla. Tivo suerte o noso amigo Ranchito de non hincarlle os dentes pois hoxe estaríamos falando dun home con un par de muelas menos.