• Barco accidentado na costa

    O barco cormelán remolcado polo Salvamar AltairEran as 10 da mañá deste mércores víspera do sorteo de nadal da lotería nacional española cando na redacción de Camarinas.eu se recibía unha alarmante chamada sobre as dificultades que un barco pesqueiro con base en Corme estaba a pasar a 14 millas do Cabo Vilán. A embarcación de nome Hermanos Istillarty sofrira esta mañá un grave incendio eléctrico que deixaba sen comunicacións e a mercede do impetuoso mar a esta embarcación adicada segundo expertos mariñeiros camariñáns que por alí se atopaban á captura da merluza e o peixe sapo. O barco cormelán chegaba ao porto de Camariñas as 12 e media da mañá remolcado polo Salvamar Altair e con tódolos seus tripulantes en perfecto estado. Ao final os danos non foron tan importantes, polo menos polo que se podía apreciar a simple vista, e a redacción de Camarinas.eu aproveitou a ocasión para realizar unha pequena reportaxe dos barcos de Malpica atracados no noso porto e das obras paralizadas dende hai máis de 5 meses da nova, innecesaria e tan publicitada cara de atraque do muelle novo.

    {phocagallery view=category|categoryid=796|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

  • Execución sumaria do "LORCHO"

    Os nenos do barranco onde apareceu Fuise para sempre. Eran as 11 da mañá cando na redacción de Camarinas.eu se recibía a chamada dunha atenta usuaria da nosa web que nos alertaba do avistamento dun pequeno cetaceo que vagaba malferido e á deriva entre as correntes próximas ao barranco da Calle Vulcano sita no paradigmático Barrio de Corea en Camariñas. Cando chegaron os pertrechos e as cámaras de Camarinas.eu 7 horas depois a eso das 8 da tarde (cousas de estar o Café Bar Arnela cerca do lugar de autos) xa o pequeno ser mariño acostumado a pescar xoubas polos arredores do barrio camariñán estaba xa inmerso no medio dun cheiro insoportable e en avanzado estado de podredume, así como con graves síntomas de ser terriblemente axusticiado. Un ser alegre e xovial acababa de ser salvaxemente moido a paus literalmente polos pandullos próximos. Os nenos que xogueteaban arredor da zona do sinistro non podían conter as lágrimas (como pode verse na portada desta noticia) por ver á súa querida mascota que tanto se acercaba á costa para xoguetear con eles no medio de semellante charco de sangue.
  • Obras no Muelle Novo

    As obras no espigón do Muelle Novo xa están en marchaPois aínda que cun pequeno retraso as obras de ampliación do peirao de Camariñas xa están marcha. A primeira fase do programa de actuacións 2010-2014 prometido polo Presidente de Portos de Galicia na Cofradía un 10 de abril de 2010 arrancou unhas semanas atrás cando todos aqueles que facían o seu imprescindible paseíño diario ata a punta do Muelle Novo (tocar a parede e media volta) viron cortadas en seco as súas aspiracións paseísticas ao interpoñerse no seu camiño unhas ordenadas vallas metálicas que anunciaban o pronto comenzo dunha obra que, si ao final é executada tal e como foi prometida, cambiará para sempre a face do porto camariñán e ampliará dun modo importante as súas prestacións. Orzamentada en máis de 3.000.000 de euros e financiada con fondos FEDER (o noso querido e incauto contribuinte alemán) a obra que aumentará a carga de atraque do Muelle Novo foi adxudicada a unha UTE (Unión Temporal de Empresas) formada polas constructoras SATO e OYS.
  • O Gaviota abandona Camariñas

    Imaxe tomada este xoves 24 de marzo cando o Gaviota saía de Camariñas por última vezO pasado xoves 24 de marzo de 2011 a flota naviera da Vila das Palilleiras sufría unha importante pérdida cando un dos barcos máis antigos dentro do prolífico cerco camariñán, o emblemático Gaviota, deixaba para sempre o noso porto con destino a Portosín. Antes que el foron outros os que partiron, o mítico Lubina cara Malpica alá polo ano 1988, tamén o Serviola, igualmente propiedade do armador Manuel Campaña Martínez, despois tocoulle o turno ao José Ramona, o Sirena del Mar, non hai moito era o Gallego José o que abandonaba Galicia para tentar novos destinos en Asturias. Outros son os que chegan, da man dunha nova xeración de patróns, o Muro de Fontán, o Cuarto Cabo Naval, o Cupido, o Rio Bao, facendo que mentras flotas doutros portos desta Costa da Morte dos nosos pecados languidezan nun crepúsculo triste e polo que se ve irreversible, Camariñas luzca cada día un aspecto máis activo que fai do noso peirao un dos máis importantes de Galicia.

    Barco producto camariñán ao 100%, construido no Asteleiro da Ponte do Porto, vaise tras 25 anos de servizo primeiro como naseiro despois como redeiro. Nel por exemplo foron tomadas as fotos que un lonxano 29 de outubro de 2007 ilustraban unha das máis míticas entrevistas realizadas ao longo da historia de camarinas.eu, o Top Camariñas adicado a Evaristo Antelo López, Ito, así que cando este pasado xoves 24 de marzo unha agradecida chamada telefónica nos poñía en aviso que nese mesmo momento desatracaba do porto camariñán para sempre o Gaviota, un pequeno chispazo de emoción percorría o corpo xornalístico de camarinas.eu. E alí estábamos nos, captando a última imaxe dunha embarcación que durante un cuarto de século formou parte do prolífico, cambiante, renovado universo do cerco camariñán.

  • Apoio do CNC a Felipe de Lin

    Noso querido amigo Pepe sostén un par de ostras do Lady GinaSemana intensa esta última no Club Náutico de Camariñas. Vaiamos por partes, en primer lugar, despois de máis de cinco anos de abandono absoluto, de oídos xordos, mirar para outro lado e trabas burocráticas, finalmente chegou a autorización de Portos de Galicia para o izado a terra dos dous buques antaño propiedade do enésimo aventureiro marítimo británico chegado ás costas do CNC: o Lady Gina e o Plus One. Durante o longo tempo transcurrido de estadía náutica de ámbalas embarcacións dou tempo a que se criara nos seus baixos un auténtico e impresionante viveiro de moluscos bivalvos de tamaño máis que considerable e sabor e aptitudes nutritivas en absoluto recomendables. Así o atestigua o par de exemplares que, semellante a orellas arrancadas a un morlaco bravío por un xove e ilusionado novillero despois dunha meritoria faena, ensinaba a cámara este pasado xoves 3 de marzo o noso querido amigo Pepe, a carón do carro que suxeitaba con seguridade pasmosa a forza e peso dunha embarcación sorprendente.
  • Bandidismo no Muelle do Curbeiro

    O destartalado Muelle do Curbeiro foi nesta ocasión o obxecto das maquinacións do Imperio do Crimen contra Camariñas

    A ola de bandidismo á que está sometida Camariñas parece non ter fin: cabazos embestidos en fuxidas aloucadas por camións kamikazes, estadios patrimonio histórico-futbolístico nacional reventados por hooligans sedentos de sangue, santuarios do madridismo violentados nas sombras da noite, templos do barcelonismo saqueados por mor dunha máquina tragaperras, plenos tumultuosos e vociferantes... A derradeira mostra desta vaga de crimen que azouta unha vila tranquila e remota aconteceu na prácida mañán do pasado venres 11 de febreiro cando un colaborador habitual de camarinas.eu se dispoñía a dar polo Muelle do Curbeiro o seu clásico paseo  matutino co que baixar unha comida nutritiva e abundante adiantada ás horas do mediodía debido ás inaprazables obrigas laborais.
  • Ornitólogos nas Pedras do Canzorro

    Camarinas.eu atopou unhas das posibles causas que explicarían os retrasos na execución da 3ª Fase do Paseo Marítimo

    O Porto de Camariñas esconde no seu seo sorpresas insondables e recónditas. Frustrada en datas recentes a formación no Muelle do Curbeiro dunha barrera coralina co afundimento dos restos decrépitos do barco chatarra, agora podería desbotarse ca execución da 3ª Fase do Paseo Marítimo o que viría a constituir un auténtico paraíso para a fauna animal nas Pedras do Canzorro, a tradicional praia das masas humildes de Camariñas. Esta pasada semana podíamos contemplar como un equipo de expertos ornitólogos dotados de aparatos da máis alta precisión telescópica se tiraban ata dúas horas estudando os hábitos e modus vivendi das alladas gaivotas e dos famentos e escuálidos araos que habitan cotidianamente nas miserables pedras do Canzorro, unhas rocas que segundo o prometido nesta vila antiga e noble un 9 de abril de 2010 a estas horas deberían xacer baixo o entullo de centos de toneladas de terra e grava.
  • Novo rescate en Alta Mar

     O Dasorch atracado nos pantaláns do CNC pouco despois da súa chegada ao porto camariñán

    Refuxiados ao calor da caseta de vixilancia dos pantaláns do Club Náutico de Camariñas, un grupo de varóns de diversa idade mataban a tarde do luns 24 de xaneiro charlando sobre as incidencias do eterno combate mortal entre Real Madrid e Barcelona. Dende a outra cara da ría chegaban os asubíos desesperados do vento ululante e reproducían, con sonido agudo e repetitivo, o que parecía unha mortal descarga artillera en toda a lonxitude dun frente de guerra, encollendo o corazón dalgún canciño impertinente e ladrador presente nas inmediacións. Os varóns referidos esperaban, rexubeiros, o retorno do Salvamar Altair dunha nova misión de rescate: a 48 millas para fóra do Vilán desta volta era un iate francés o que, desbordado pola intensidade do vento e presumiblemente cunha vía de auga, enviaba un agónico S.O.S.
  • Intervención Urxente no Barco Chatarra

    Salvamento Marítimo tivo que acometer un achicamiento urxente no Barco Chatarra este domingo 9 de xaneiro

    O verbo "achicar" suele ter dúas acepcións distintas dentro do léxico e gramática de Camariñas. Por un lado viría a designar aquela acción consistente en extraer un líquido dun receptáculo sólido cara fóra mediante bombas, cubos ou calquer outro utensilio que fose útil para tal menester, mentras que no significado xa propiamente camariñán viría a supoñer a acción repetitiva de extraer líquidos, maiormente de diverso contido alcohólico, dun recipiente acristalado cara o interior do aparato dixestivo humano, paixón a que se entregaría en corpo e alma a práctica totalidade da poboación adulta masculina do concello, así como tamén gran parte da femenina. A utilización do citado verbo na primeira das acepcións mencionadas puídose ver in situ no Paseo Marítimo de Camariñas na soleada mañán deste domingo 9 de xaneiro do ano que recén comenza, cando por mor da abundante choiva caída sobre a Vila das Palilleiras na noite precedente, a Guardia Civil observou que un certo sobrepeso ameazaba con levar cara o fondo ao Barco Chatarra que dende hai xa uns cuantos anos esmorece no maior dos abandonos atracado no Muelle do Curbeiro.
  • Porto Refuxio da Costa da Morte

    Este domingo vivimos o maior verbooking de barcos atracados no porto camariñánPosiblemente o Porto de Camariñas rexistrou este luns 8 de novembro de 2010 o maior cheo da súa historia. Ante o aviso dun novo temporal (o que seríe o terceiro no que vai de ano) barcos chegados dende toda España provocaron un overbooking naviero que nin os máis vellos do lugar recordan: embarcacións de Camelle, Laxe, Ribeira, Muxía, A Coruña, Bermeo, Asturias, etc... decidiron acollerse ao calor do porto camariñán por mor dunha nova cicloxénese explosiva chegada esta vez dende Irlanda (é decir, provinte do Noroeste) que se ben amortiguada e perdendo forza espérase que chegue ameazante cara ás 18:00 deste desapacible luns. Por haber, ata atopamos un catamarán entregado á arte da pesca da merluza. Todo o cal ven a confirmar aquelas noticias publicadas nos primeiros días de camarinas.eu onde xa constatábamos con orgullo e satisfacción como o noso porto se convertira nun dos máis seguros de toda a costa galega, achegándose cara o mesmo barcos de toda España cando os elementos viñan mal dados. A elo contribúe sen dúbidas a posición privilexiada, estratéxica, de Camariñas como auténtico corazón da Costa da Morte, o cal foi debidamente evaluado por Portos de Galicia á hora de incluir no Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI unha ampliación do peirao exterior camariñán orzamentada en máis de tres millóns de euros, obras que deberían comenzar teóricamente cara ao final deste exercicio 2010. E boa falta que van facer.
  • Rescate dun iate en Alta Mar

    Johnny Boyer amosa o espello de man gracias ao cal posiblemente salvou a súa vida en alta mar
    Johnny Boyer amosa o espello de man gracias ao cal posiblemente salvou a súa vida en alta mar

    Unha historia moi particular

    Na mañán do luns 16 de agosto de 2010 arrivou aos pantaláns do Club Náutico de Camariñas un iate portador tras de si dunha historia moi particular, rocambolesca máis ben. A embarcación arrivaba co seu mástil partido, o seu motor estropeado e o seu timón roto, probablemente sin papeles de ningunha clase e sin seguro. Sin VHF a bordo, nin chivato, teléfono móvil, linterna, focos, bengalas ou calquer outro medio material co que facerse visible ou audible no medio do proceloso mar. Chegaba remolcado pola lancha Salvamar Altair, tras ser avistados cara as 10:00 horas por un pesqueiro fisterrán que dou o correspondente aviso os reflexos solares provocados cun pequeno espello de man polo patrón da embarcación, bautizada como Falco e de 6,65 metros de eslora. A súa procedencia era o porto galo de La Rochelle e o seu destino as Illas Azores. O seu patrón, un xoven francés chamado Johnny Boyer (polo que se ve nada que ver co ministro dos duros tempos do Felipismo), chegaba sin un só peso, non xa para pagar os preto de 200,00 euros correspondentes ás tarifas de salvamento ou un longo amarre nos pantaláns do CNC, senón nin tan siquera para facer unha simple chamada telefónica. A súa primeira intención foi abandonar ao mellor postor toda a súa bagaxe e retornar en bicicleta, único obxecto de certa entidade a bordo do iate, cara a Francia. Finalmente, tras unha pequena transacción mercantil pola que a embarcación pasou a mans dun dos rescatadores da Salvamar Altair, logo de lograr encasquetar a algún bo samaritano a bicicleta e de desfacerse de forma parecida dos demáis pertrechos, tras ser agasallado suculentamente cunha comida no restaurante do CNC e recibir pródigamente de mans do seu Presidente 100,00 euros como estipendio, púxose en marcha cara á cidade da Coruña. E así foi como no breve lapso dunhas poucas horas Camariñas asistío a unha historia moi particular, rocambolesca máis ben.

  • Iate de luxo averiado en Camariñas

    Vacaciones en el Mar

    O Deseo, un iate perfecto para perderse polos mares tropicais na máis luxosas das vacacións
    O Deseo, un iate perfecto para perderse polos mares tropicais na máis luxosas das vacacións

    Estaban todos contentos os tripulantes de nacionalidade mexicana do iate  de superluxo "Deseo" pola victoria apabullante da súa selección de fútbol no Mundial de Sudáfrica 2010 sobre unha selección francesa que quedou sumida na máis tenebrosa das revolucións carnívoras, cando nas primeiras horas da tarde deste luns 21 de xuño notaron que algo non marchaba ben a bordo. Ata entón todo fora pracidez e tranquilidade na ruta que o Deseo, iate de aproximadamente uns trinta metros de eslora, levaba dende a localidade inglesa de Fulham ata o seu porto de destino en Palma de Mallorca. En principio achacaron os problemas a unha complicación relacionada cos motores ou cos tubos do gasoil e así o facían saber aos veciños congregados no Muelle Novo de Camariñas ás 15:30 horas da tarde, hora da súa chegada a porto. Pero finalmente sobre as 18:00 horas reemprendían de novo a súa singladura, trala intervención providencial do percebeiro camariñán Toñito  que foi o que tras uns pequenos buceos deixou claro que fora un groso cabo perdido que se enredara nunha das hélices da nave o causante da pequena avería que o obrigou ao Deseo a alterar o seu rumbo. Un rumbo de luxo, queridos usuarios, de ensono diríamos nos, perfecto para montar en alta mar, máis alá das 12 millas marcadas pola lexislación, "la tierra al margen de la ley" da que falaban os Simpson, unhas desas pequenas festiñas que fixeron mundialmente famosa a camarinas.eu. ¡¡Ay, quen fora muchimillonario!!

  • Area da Vila: Recoleccion de berberecho e ameixa

    Dende a estrada que conecta á Vila de Camariñas cun mundo proceloso e descoñecido parecían un pequeno exército de formigas en movemento, pero xa chegados a pe de praia podíase constatar que se trataba de esforzados mariscadores pertencentes á Cofradía de Camariñas que, nun continxente maiormente femenino, levaban a cabo na praia de Area da Vila as indispensables labouras de recolección de ameixa e berberecho para o seu posterior traslado cara ao areal xaviñán de A Vasa, onde tras o seu correspondente engorde final, estes sabrosos moluscos bivalvos estarán listos nun tempo non moi lonxano para a súa captura definitiva. Un exército de rastrillos, barreños, botas de goma, luvas de látex, cubos e traxes de neopreno afanábase tenaz nas primeiras horas da tarde baixo un ceo plomizo. O caso é que a pesares dalgunha que outra visita ocasional fóra do horario establecido, este célebre areal camariñán segue a ser un viveiro inagotable para a cría de moluscos, chegando incluso a abraiarse as propias mariscadoras da Cofradía da riqueza e fertilidade dun criadeiro natural que parece non agotarse nunca. Camarinas.eu consciente da importancia socioeconómica do sector do marisqueo a pe para un Concello volcado nas artes do mar estivo presente en Area da Vila e captou unha amplia galería fotográfica.
  • Proxectos para o Porto de Camariñas

    A realización da nova fachada marítima supoñe a culminación dun longo viaxe iniciado a mediados dos anos 90
    A realización da nova fachada marítima supoñe a culminación dun longo viaxe iniciado a mediados dos anos 90

    "Este é o Porto que Camariñas quere"

    Agora que se cumpre unha semana da presentación en sociedade do proxecto que revolucionará o Porto de Camariñas ata o exercicio 2014, camarinas.eu quere rescatar do olvido o proxecto co que a mediados dos anos 90, recén rematada a construcción do Muelle Novo, xa se pretendío rediseñar dende un Concello de Camariñas comandado daquela polo equipo de Bautista Santos Ramos a fachada marítima da Vila dos Encaixes. Sin ánimos de entrar en comparacións inútiles ou polémicas absurdas, xa que se trata dun proxecto pensado para outras épocas e dende o que se pretendía dar resposta a outras necesidades, destacaba no mesmo a execución de impresionantes recheos ata o Muelle do Curbeiro e o Poso do Muelle (que desta forma desaparecería sepultado), a realización dun porto de atraque dende a punta do Espigón vello ata a do Espigón novo, pero sobre todo construcción dun faraónico contradique que dende a Punta da Carnicería se introduciría na Ría e que conlevaría que as instalacións do Club Náutico de Camariñas se desprazasen ata os novos terreos que se gañarían ao mar nos ámbitos marinos do Barrio de Corea. Un proxecto do que se falaría longos anos, que tiña un lema que rezaba "Este é o Porto que o Concello de Camariñas quere" e que camarinas.eu, como auténtico museo de historia contemporánea de todo o que atinxe nestes días á nosa vila, procede a publicar para xeral coñecemento da poboación.

  • Captura dun mero de 50 kilogramos no Porto de Camariñas

    Meros xigantes no Porto de Camariñas

     Antonio Parada é o autor das imaxes que inmortalizan as descomunais capturas do buque riveirense Coral
    Antonio Parada é o autor das imaxes que inmortalizan as descomunais capturas do buque riveirense Coral

    Aquí en camarinas.eu pensábamos que xa o víramos todo: San Martiños de sete kilos, lubinas descomunais, pulpos e calamares xigantes, merluzas monstruosas, sardiñas voadoras, perlas en ameixas da Praia do Ariño... Capturas impresionantes pola súa calidade e variedade que falan ben ás claras da riqueza e fertilidade do mar camariñán, cuestión que fácilmente pode constatarse facendo un simple percorrido pola nosa sección "Noticias do Mar", onde están recollidas todas e cada unha das novas de impacto acontecidas no ámbito náutico-pesqueiro dos portos do concello nestes dous últimos anos e medio. Pero todo o anterior vese superado polo novo récord que en canto ao peso da captura foi establecido por un vello coñecido destas páxinas, a parella de arrastre constituida polos buques Coral e San Martín de la Mar, con base en Riveira e asiduos ao porto de Camariñas, o máis seguro e fiable da Costa da Morte e cuarto no ránking galego en canto a volume de capturas, que veñen de desembarcar na nosa vila o día 31 de marzo de 2010 un mero de nada máis e nada menos que de 50 kilogramos. Captura inmortalizada para a posteridade polo membro da tripulación e fotógrafo aficcionado Antonio Parada. Como católicos fieis e devotos que son cóntannos que "a idea era facerlle un agasallo ao cura de Camariñas, pero pareceunos moi pequeno...". En fin, Don Jesús, haberá que esperar a que superen esta plusmarca os nosos amigos do Coral.

  • Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI

    O día 10 de abril de 2010 pasará á historia da Vila de Camariñas con letras de ouro. Posiblemente, un dos días máis importantes da súa historia, senón o máis importante. Asesmesmo o día que acabou ca lenda negra de que os gobernos populares na Xunta de Galicia non invertían no Concello de Camariñas. Porque a impresionante batería de investimentos que na soleada e radiante mañán deste primaveral sábado de abril foi presentada na Lonxa Nova da Vila dos Encaixes deixará obras por un valor  nunca antes visto, 11,2 millóns de euros, a inversión máis grande acometida por goberno algún na historia do Concello, e dotará a Camariñas dunhas impresionantes instalacións pesqueiras e náutico-recreativas culminando asemesmo o acondicionamento do borde marítimo ca construcción da fase do Paseo Marítimo que vai dende o Canzorro ata a Punta da Carnicería. O principal responsable deste milagro inversor que en tres anos revolucionará a nosa vila: Jose Manuel Álvarez-Campana, Presidente de Puertos de Galicia.
  • Os restos do naufraxio do Buque Mercante Kea chegan ao porto de Camariñas

    Os numerosos veciños da Vila de Camariñas que habitualmente saen a pasear polo seu espléndido paseo marítimo puideron observar ao longo desta última semana como ao final do mesmo, en terreos pertencentes ao antigo espigón, esmorecían esvaídos con serios desperfectos no seu casco, sobre todo pola banda da popa, os restos do que foi un bote de salvamento. Trátase dos restos do buque mercante abanderado de conveniencia nas Illas Barbados Kea, que na súa ruta dende a imperial San Petersburgo ata a caribeña Santa Marta (Colombia) foi a naufragar o pasado 30 de marzo de 2010 a 160 millas do Cabo Vilán, cando un forte golpe de mar fixo que se desprazase a súa carga o que provocou o seu inmediato afundimento.  O naufraxio trouxo consigo a desaparición de dous dos mariñeiros dunha tripulación total de 24 homes, os cales na data presente aínda están a ser intensamente buscados polos servizos de salvamento. O que si se atopou finalmente no mar pola lancha Salvamar Altair foi o bote de salvamento que xace ferido de morte no espigón camariñán. Aquí en camarinas.eu, como a pesar dos nosos antecedentes familiares, o que é saber de mar non sabemos moito (máis ben nada), decidimos visitar os restos do Kea acompañados dunha auténtica fiera marina: o noso gran amigo e usuario "O Rancho Junior", o cal procedío a impartirnos unhas sabias leccións maxistrais que fixeron todo máis fácil de dixerir.
  • Mareas Vivas en Camariñas

    O eterno ciclo da vida

    Juan Camariñán non deixou pasar as mareas vivas máis impresionantes do ano sin sacar unhas cantas fotos
    Juan Camariñán non deixou pasar as mareas vivas máis impresionantes do ano sin sacar unhas cantas fotos

    Ao longo desta primeira semana de febreiro puidemos asistir a un deses espectáculos cos que a natureza de vez en cando nos sorprende: tratábase das grandes mareas vivas de inverno provocadas pola tracción gravitatoria do plenilunio despregada na súa máxima intensidade. Máis coñecidas suelen ser as de finais de agosto e aquelas que coinciden ca Semana Santa, sen embargo as acontecidas nesta semana que remata chegaron a alcanzar guarismos de 0,10 cando o normal é que anden no 0,40. Nembargantes a longa lingua de terra que este cíclico espectáculo marino nos permitío vislumbrar non era todo o agradable visualmente que un quixera: longos anos de infiltración de todo tipo de detritos residuais convertiron as virxinais areas brancas nun fango verdoso malolente en verán e nun limo escuro pestilente en inverno. Para devolver as cousas ao seu estado natural e completar a impresionante obra do Paseo Marítimo sería ideal un dragado en condicións da dársena. Cousa difícil de conquerir ca quiebra radical e completa á que as diferentes administracións públicas parecen encamiñarse a pasos axigantados. Polo tanto mellor contentarse con comprobar o cumprimento inexorable do eterno retorno da vida cunhas cantas fotos das mareas vivas máis xigantescas do ano da man de Juan Camariñán (inverno) e Zhúkov (verán).

  • Naufraxio do barco Leixón no Porto de Camariñas

    Esta venres 27 de novembro sobre as 9 e media da mañá a redacción de camarinas.eu recibía a chamada sobrecolledora dun usuario desta web que anunciaba estrepitosamente que o Leixón, barco propiedade do noso querido amigo Jesús Pensado Suárez e con matrícula 3ª CO-5-007-93, estaba a sufrir unha grave vía de auga en pleno porto de Camariñas e que o seu afundimento era inminente.  Ao momento dirixímonos ata o porto de Camariñas, concretamente a zona do espigón e alí xa vimos que o barco, en trámites de traspaso aos fillos do propietario, estaba completamente afundido. Ao parecer a embarcación viña de faenar polas proximidades da costa de Camariñas e sofreu un trance cando se lle abrío unha vía de auga co que, a toda máquina, regresaron a porto axudados por outra embarcación, dándolle tempo soamente de salvar os aparellos. Pulsa na imaxe para ver un video do naufraxio do Leixón no porto de Camariñas.
  • Simulacro de Salvamento Maritimo en Camariñas

    Mañán de salvamentos no Muelle Novo

    O operativo de salvamento espera o desembarco dos feridos procedentes da lancha Salvamar Altair
    O operativo de salvamento espera o desembarco dos feridos procedentes da lancha Salvamar Altair

    Na mañán deste sábado derradeiro día do mes de outubro de 2009 estaba previsto no Muelle Novo de Camariñas a posta en práctica dun simulacro de salvamento marítimo no que participou a lancha Salvamar Altair, os membros de Protección Civil de Camariñas, diversos mariñeiros e percebeiros e incluso chegouse a movilizar un par de ambulancias para dotar de máis realismo á cuestión e que co sonido das súas espeluznantes sirenas levantaban literalmente o pueblo no aire. Nos chegamos tarde, mal e arrastro, pero eso non vai a impedir que, como siempre, publiquemos as mellores fotos. Porque temos aquí en camarinas.eu unha nova cámara Canon que saca unhas fotos de la leche. En fin, alí leváronse a cabo tres exercicios pero como desto do salvamento o que é saber non sabemos muito (máis ben nada) pois preferimos calar para non decir algunha que outra chorrada e facer que as nosas impresionantes 120 fotografías falen por nos. Va por ustedes.