• Temporal de nordeste en Camariñas

    Problemas no porto de Camariñas debido ao temporal de nordeste

    Nunha vila costeira do Sur de Galicia, nun paradigmático barrio mariñeiro, os seus veciños esperaban ansiosos e ilusionados ás cacharelas de San Xoán: durante dúas semanas completas, grandes e pequenos, acarrearan leña en cantidades inxentes cara o borde do coqueto paseo marítimo, alí onde se formaba ca baixamar o típico areal de fango e verdín e ata foran quen de sumar á xigantesca pira que estaba en cernes dúas embarcacións abandoadas que dende tempo inmemorial xacían moribundas ao carón das súas pedras. Todo estaba listo para que, apenas faltando dúas horas para o inicio da explosión piroplástica, unha grúa baixara ao areal e dende alí apilara a madeira enriba dos vellos buques condeados e empezara a festa: o bar do barrio poñería a comida (churrasco e xurelos) e a música unha banda local especializada en versionar a Elvis e aos Stray Cats. O Sur profundo dos Estados Unidos no Sur clásico das Rías Baixas.
  • Barcos das Rías Baixas en Camariñas

    Varios barcos das rías baixas recalan en Camariñas en busca da preciada sardiña

    O xoves 20 de xunio da primavera máis xélida da historia recente do mundo un destacamento marítimo de Portosín tomaba ao asalto as instalación do Muelle Novo de Camariñas. Facía de improviso e con certas prisas abrumado pola chegada inminente da data crucial da noite do 23 de xuño. Acudían na procura da tan preciada sardiña de San Xoán, baixo a cifra mareante dos 130 euros/caixa que chegou a acadar o tan preciado manxar nas lonxas don contornos na data de autos. Sen embargo as perspectivas non eran boas: expulsados das augas da súa terra, un Barbanza a mar aberto, pola escaseza do producto chegaban a outros mares nos que o panorama non era moito mellor. Contan os mariñeiros antigos que no ano corrente do Noso Señor de 2013 a sardiña tarda en vir, que as redes voltan baleiras para terra, posiblemente debido a unhas desacostumadas e xélidas temperaturas que convirten as augas nun océano glacial ártico. Un mar xeado a unha temperatura inusualmente baixa que conleva a inexistencia de capturas e a ruina completa da economía dunha vila mariñeira.
  • Nova lancha de salvamento no porto

    O Gardamar Concepción Arenal con base en Santa Cruz de Tenerife suple ao Salvamar Altair

    Semanas movidas estas últimas no depauperado vello espigón camariñán. Ao sainete da desaparición e posterior recuperación (parcial) dos arcos da Danza de Camariñas, hai que sumar a ausencia da embarcación de Salvamento Salvamar Altair. Ésta actualmente atópase noas astaleiros do Freixo, non moi lonxe de Noia, onde está sendo sometida a un intensivo proceso de pulido e repintado que a deixará en óptimas condicións de rescate para finais da vindeira semana, momento no que retornará ao seu porto base para continuar ca súa indispensable labor de salvamento. Pero mentras esto non acontece as autoridades marítimas dispuxeron a súa substitución interina pola embarcación Gardamar Concepción Arenal, con base no porto de Santa Cruz de Tenerife. De maior envergadura e tonelaxe, parece que mentras non retorna a Salvamar a seguridade polos nosos mares está asegurada.
  • Nova Ordeación da Zona Portuaria

    Novas directrces (máis ben novas prohibicións e multazos) no Porto de Camariñas

    Tamén aconteceu nunha vila costeira das Rías Baixas hai tres ou catro anos. Chegou un bo día seguido dun reximiento de asesores pero sobre todo de xornalistas da televisión e radio autonómica. Neste concreto punto do litoral pontevedrés prometeu un xigantesco porto deportivo de 15 millóns de euros (ou 30, aquí non estamos moi seguros, pero seguramente tanto dé) e un megamoderno e polifuncional pabellón de remo, xa que ata dous dos clubs galegos máis senlleiros neste ramo tiñan acomodo na citada vila, polo demáis un dos principais centros turísticos de Galicia, de ahí o do porto deportivo. Xa uns cantos anos antes o que entón era conselleiro de política territorial e obras públicas, agora presidente autonómico, fixera a mesma promesa. Pero ahí estaba precisamente a principal diferencia: onde o entón conselleiro fixera a súa estelar presentación aportando unha coqueta maqueta, pero rudimentario prototipo ao fin e ao cabo, este novo visitante, benvido e agasallado Mr. Marshall das vilas costeiras, amosaba unha moderna aplicación informática para a cal foi necesario habilitar unha espaciosa aula da Cofradía de Pescadores. Tan puntillosa e vanguardista era a presentación do proxecto que en verdade facía imposible que nas mentes dos mariñeiros presentes non surxira a crencia certa de que os cartos xa estaban en camiño. E esa foi en definitiva a gran aportación pola que pasou a historia: non polas multimillonarias inversións en si, senón polas ultramodernas presentacións das mesmas. Sen dúbidas foi por elo que unha vez abandoado o seu posto de presidente portuario, o enigmático visitante foi premiado cun mullido e confortable sillón como altísimo cargo dunha deputación provincial.
  • O camariñán Duardo de Lisa protagonista do programa de TVE Jara y Sedal

    Rastrexando polas ondas cibernéticas, dando un dos nosos clásicos repasos periódicos, atopamos unha pequena xoia visual que de seguida pasamos a reproducir. Ten un tempo xa, posiblemente uns anos, e nela un clásico dos programas divulgatvos na segunda canle da Televisión Española, Jara y Sedal, elixe como protagonista a un dos nosos veciños. Baseado o episodio en cuestión no mundo da pesca, a elección non podía ser máis acertada cando os reporteiros televisivos, supoñemos que tras preguntar aquí e alá pola vila, acudían na busca do noso querido amigo Duardo de Lisa. Baixo a súa cobertura embarcábanse no que hoxe en día sería dado en chamar un exercicio de pesca extrema, á caza das lubinas no entorno febril e aguerrido de Reira, quedando para os anales como un exemplo perfecto e acabado de dominio dos tempos dunha embarcación nun entorno certamente desfavorable e hostil, en canto sabio coñecemento do medio, perfecto manexo dunha lancha e hábil práctica da pesca deportiva. Un observa a Duardo e pensa en Messi tumbando rivais a base de requiebros imposibles. Un vídeo documental que aínda hoxe, pasados xa uns anos, non deixa de abraiar.
  • Pesqueiros Camariñas por Carlos Carril

    Pesqueiros de Camariñas, traballando fronte ao Cabo Vilán

    As andanzas marítimas de Camarinas.eu non se limitan aos plaxios, as okupacións, os escándalos e os pufos navieros senón tamén e sobre todo ao universo do mariñeiro camariñán: un mundo dinámico e en constante progresión que non se detén ante nada e que convirte a base de esforzo e  ilusión ao noso porto nun dos punteiros de Galicia. Desta volta e gracias ao noso colaborador Carlos Carril Ageitos pasamos a reproducir dous documentos dun valos inestimable en canto testimonio da profesionalidade e destreza da flota camariñana en plena acción pesqueira. O primeiro dos vídeos data de 2012 e recolle a tres das nosas embarcacións, o Cupido, o Cuarto Cabo Naval e o Gaviota faenando á altura de Cabo Touriñán. Cara ao final do documento e xa na zona da Coruña son barcos con base en Malpica os que desenrolan as súas artes pesqueiras. O segundo dos vídeos é xa máis actual, da recente campaña do verdel no País Vasco,  e os que aparecen en Ondárroa son o Lago Dos, O Argentino e o Rio Bao a caza e captura do verdel, caballa ou xarda, tal e como lle queiramos chamar. Testimonios dun valor documental único e que proban a fortaleza do noso sector máis emprendedor e enérxico na actualidade.
  • Barcos de Camariñas na campaña do verdel en Ondarroa

    Contan que conformada maiormente por area, a illa de Nantucket (Estado Soberano de Massachussets, USA) contempla impotente como cada pouco tempo suntuosas vivendas de todo tipo, segundas residencias unhas, casas familiares mariñeiras de toda a vida outras, desaparacen ante os embates furiosos dun mar que nunca cesa, constatando os seus habitantes como a non moito tardar un día esvaecerase o que foi o gran porto baleeiro das obras de Herman Melville. Un imperio do efímero chamado irremisiblemente a desaparecer. Pola contra, sólidamente asentada sobre un leito rochoso de case imposible destrucción outra vila mariñeira, a así chamada das Palilleiras ou dos Encaixes, parece encamiñada a pervivir ata o fin dos tempos e xunto a ela a súa flota invencible. De volta no fogar, un dos integrantes da exitosa e decidida armada camariñana na Campaña do País Vasco relata en exclusiva para Camarinas.eu as súas impresións sobre unha viaxe no tempo (a das grandes campañas marítimas de antaño) e no espacio (a traslación xeográfica das máis exitosas técnicas de pesca a cargo do máis experimentado continxente profesional que viron os mares).
  • Camariñas: Un pobo fantasma

    Jema, o barco do noso amigo Mikel preparándose para trasladarse ata o País VascoAo final cumpríronse as profecías de Camarinas.eu basadas en analoxías literarias e Camariñas acabou parecéndose á Nantucket de metade do século XIX: unha vila pantasma na que a meirande parte da súa poboación masculina anda embarcada por mares estranos. Daquela tratábase de travesías á procura da caza da balea que podían chegar a durar ata catro anos, cando por fin se emprendía  camiño de regreso cas bodegas repletas de aceite de balea e outros derivados do gran leviatán marino. Desta volta a campaña non chegará ata os Mares do Sur nin ás augas antárticas nin ao Oceano Índico, tampouco será necesario circunnavegar o globo terráqueo, pero con todo un deixe de amargura e melancolía anda esparcido nestes días pola outrora tan bulliciosa e chea de vida Vila das Palilleiras.
  • Nova campaña do verdel no País Vasco

    Barcos do Porto de Camariñas aprestándose a emprender unha nova campaña do País VascoAo longo desta derradeira semana podía vislumbrarse no porto camariñán un tráfego e movemento desacostumado, tan parecido ao que se adueñaba a mediados do século XIX de Nantucket, Massachusetts, cando a súa flota de baleeiros se aprestaba para unha nova campaña de caza e captura de cantidades inxentes do gran leviatán marino. Desta volta as embarcacións da Vila das Palilleiras non estarán soas e así un número apreciable de barcos e lanchas de Camelle, Arou e Santa Mariña os acompañarán na súa ruta cara o Golfo de Vizcaia. Van todos eles na procura do verdel, o leviatán dos nosos tempos, unha especie que procrea en grandes cantidades, da que é doado acadar un tope diario e que por elo soe ser especialmente rentable.
  • Desembarques superiores aos 100 kg

    O porto de Camariñas consolídase como o porto máis importante da Costa da MorteSegundo a axencia de comunicación Europa Press o Goberno de España incluíu ao Porto de Camariñas na relación de portos autorizados para realizar desembarques superiores a 100 quilogramos de especies de augas profundas procedentes das subzonas I e XIV do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) e das augas comunitarias situadas dentro das zonas do Copace. Tal e como anuncia este luns o Boletín Oficial do Estado (BOE), o noso porto pasa a formar parte da lista de portos españois cuxos peiraos pesqueiros poden desembarcar estas especies. Entre estes portos están o de Avilés, o de Cangas do Morrazo, o de San Sebastián, o de Xixón, o de Hondarribia, o da Coruña, o de Las Palmas de Gran Canaria, o da Punta Umbría, o de Santander ou o de Santa Cruz de Tenerife.
  • Capturas masivas de Melva na Lonxa

    O noso querido amigo Juan, un ods protagonistas das capturas masivas de melva

    Despois de centos de anos o Porto de Camariñas vira chegar practicamente todo tipo de capturas masivas a bordo dos barcos acollidos á súa protección. E nembargantes nas primeiras horas deste xoves 15 de novembro de 2012 unha especie un tanto desacostumada, cun historial non demasiado lonxevo na súa lonxa, facía unha entrada triunfal a bordo de ata seis embarcacións camariñanas. Tratábase da melva, un peixe azul da mesma familia que o atún ou a xarda, dunha carne firme e compacta, cun tamaño medio de 55 cm, aínda que en ocasións poidan chegar algúns exemplares ao metro, e cunhas propiedades nutritivas moi apreciadas, en especial como excelente fonte de proteínas e minerais como o magnesio, o fósforo, o ferro e o iodo, e vitaminas.
  • Roubo de redes no Espigón Camariñán

    Manuel de Lin xunto ás redes do Riobao Uno no espigón camariñán

    Primeiro, contan os máis vellos do lugar, na época de Franco podíase durmir ca porta da rúa aberta. Despois, chegaron os anos oitenta e unha vaga de roubos en domicilios maiormente vinculados ao consumo de estupefacientes xa obrigou a pechar as portas, encher de reixas as ventanas dos baixos e primeiros pisos e de alarmas galpóns e garaxes. Pero a cousa aínda se ía levando ata que chegaron os tempos nos que se rouba á plena luz do día nasas no porto, bicicletas ás portas mesmas das casas e redes enteiras ou por partes amparados polas sombras da noite.
  • O Canario, novo barco en Camariñas

    O Canario xa luce figura no Muelle do CurbeiroContinúa a racha de boas noticias para a flota camariñana e así nunhas épocas nas que a meirande parte dos portos galegos vai a menos, o noso segue a engrandecer a súa importante nómina naviera. Así seguindo a estela daqueles buques que nestes últimos anos foron recalando en Camariñas desta volta o recén chegado é o "Canario", embarcación procedente de Fisterra e adquirida por un dos nosos veciños para traballar nestas augas. Unha boa noticia económica para este concello que se espera sexa rubricada en breve coa chegada de dous barcos máis. En efecto, segundo informacións ás que tivo acceso Camarinas.eu dúas embarcacións xa foron mercadas por sendos veciños dunha Vila das Palilleiras que deste xeito ve como a flota do seu porto se convirte na máis importante da Costa da Morte e unha das máis punteiras de Galicia. Neste sentido debe ensalzarse a un empresariado marítimo camariñán que a pesares dos tempos de crise que vivimos, non dubida en arriscar invertindo na vila da súa alma, construindo traballosamente a Camariñas do futuro.
  • O Praia de Traba, portador da Virxe

    O Praia de Traba levará a Virxen do CarmenSeguimos aquí en Camarinas.eu a nosa cruzada particular a prol da nosa Festa do Carmen tan mancillada hai uns anos atrás nos que cáseque se vío obrigada a suspenderse por culpa dos intentos reiterados de sabotaxe política perpetrados por unha derrotada patrulla borracheril e alcohólica, cuadrilla chiquitera que máis pronto que tarde xa pode ir contando co seu inevitable e xusto final ("El juicio está cerca y es inminente"). Unha festa que este ano contará coas mellores orquestras do panorama musical galego, cos mellores fogos de artificio que nunca se viron pola Costa Atlántica, co mellor Mercado Medieval Mariñeiro que foi parido por estas terras e polas outras, e finalmente coa nosa insustituible procesión, única e auténtica, dos mariñeiros de Camariñas. Procesión que será patroneada pola nosa Virxen nos altares do barco camariñán "Praia de Traba" propiedade de Juan Carlos Campaña Carril, fillo da nosa querida amiga Sofía, e a súa muller Alba acompañados dos seus fillos Diego e Anxo. Un barco que dous anos despois da súa chegada ao noso porto merecía xa levar e protexer á nosa Virxen no día máis grande do ano para todo aquel que sexa da Vila das Palilleiras e teña sangue nas venas e un corazón no peito. Para un mariñeiro camariñán de toda a vida como o noso querido Jordo, non pode haber maior orgullo neste mundo.
  • Aparece o corpo de Ovidio Lema Pérez, rematan as labouras de búsqueda

    Cumpríronse os peores augurios e cando faltaban escasos minutos para as 13:30 horas o grupo de voluntarios de Protección Civil de Camariñas atopaba, no medio do argazo, o corpo sen vida de Ovidio Lema López. Fíxoo non moi lonxe do lugar que predixeran os mariñeiros da zona: prácticamente ao carón das rochas nas que pescaba acompañado do seu cuñado, un sitio onde as mareas soen acumular grandes cantidades de algas mariñas. Unha vez recuperado o corpo, foi trasladado ata a Lonxa de Camariñas onde o médico forense certificou a causa da morte para despois ser trasladado ata Coruña onde terá lugar a autopsia. Ponse fin desta maneira, en menos de 24 horas dende que tivera lugar o fatal acontecemento, nunha das paraxes máis inhóspitas e inclementes da costa galega, ao dispositivo de salvamento que movilizou dende as 16:00 horas deste mércores 25 de abril a ducias de persoas, dous helicópteros, a lancha Salvamar Altair e ata os buzos da Guardia Civil e que permite, dentro do terrible do suceso, evitar unha agonía de días ou meses de búsqueda infructuosa do corpo á súa familia. Así pois, nada queda máis que trasladar o noso máis sinceiro pésame e apoio á muller e fillas de Ovidio Lema López nestes tráxicos momentos. Descanse En Paz.
  • Desaparece un pescador no Areal de Trece en Camariñas

    O entorno da Praia do Trece podería haberse voltado a cobrar o seu tráxico tributo de morte na tarde deste desapacible mércores 25 de abril de 2012. Aínda baixo os efectos da cicloxénese explosiva Petra, nun dos días cunha das peores bajas de mar que se recorde, Ovidio Lema López, de 50 anos, natural de Dor e propietario do Cafe Bar O Descanso estaba a pescar co seu cuñado Manuel Martínez Romero nunha pequena punta que se adentra no mar ao carón do Cemiterio dos Ingleses cando sobre as 15:30 horas un forte tombo tirou cos dous veciños do noso concello á auga. Ao parecer segundo testemuñas ás que tivo acceso Camarinas.eu sería un chaquetón militar o que ao enchouparse arrastraría rápidamente a Ovidio cara ao fondo mentras que o seu cuñado Manuel a pesares de fracturarse un pe debido ao forte traumatismo provocado polo golpe de mar conseguío saír da auga e tras percorrer unha determinada distancia neste estado lamentable dou aviso a unha muller que neses momentos se atopaba na pista que une Reira con Santa Mariña a cal rápidamente puxo en alerta ao 112.
  • Videos da campaña no País Vasco

    Ata mares lonxanos chegou desta volta a Flota de CamariñasNacido orixinariamente nunha familia da nobleza polaca e tras escapar polos pelos do reclutamento militar ruso, o que finalmente chegaría a ser un dos maiores escritores en lingua inglesa de tódolos tempos comenzou con 17 anos a súa andaina mariñeira no porto de Marsella. Posteriormente, Joseph Conrad acadaría o título de Capitán da Marina Mercante británica e navegaría de forma asidua e un tanto convulsa polos mares do sureste asiático: India, Borneo, Australia, China... viaxes que serviron de fondo a algunhas das máis sobresaíntes novelas da historia da humanidade (Nostromo, El Negro del Narcissus, Tifón, etc...). Advertido recentemente por Camarinas.eu sobre o enrolamento dun dos seus redactores navieros na Flota camariñana que ven de facer a campaña do Verdel no País Vasco, éste á semellanza á súa maneira do bo facer artístico dun Herman Melville, dun Joseph Conrad, deixa para a historia dous vídeos que documentan a que foi a derradeira singladura colectiva da escuadra dun porto de leyenda.
  • Barcos camariñáns no País Vasco

    Foto tomada por Reira de barcos de Camariñas aprestándose para marchar cara o País VascoCon tan só 20 anos, ávido de aventuras e sin chegar a sospeitar o máis mínimamente o lugar que a posteridade lle tiña reservado na historia da literatura universal, un xoven Herman Melville partía a bordo dun ballenero da flota de Nantucket cara as paradisíacas illas dos Mares do Sur. Fruto das súas viaxes nun primeiro momento escribiría obras como "Taipí, un Edén Caníbal", onde describía a súa estancia cunha tribu de aboríxenes das Illas Marquesas ou "Omú", que recolle as súas peripecias en Tahití tras desertar dun barco australiano. Anos despois chegaría "Moby Dick" e a gloria eterna... Este sábado 25 de febreiro de 2012, pasados hai xa moito os seus 20 anos, ca ilusión dun xoven petimetre e ca intención de describir en camarinas.eu tódalas incidencias da súa viaxe, un redactor da web máis vista da Historia da Costa da Morte partía cos últimos barcos camariñáns cara a campaña do Verdel no País Vasco.
  • Afundimento dunha lancha en Camariñas

    Esta mañá acaecía na Ría de Camariñas un terrible suceso que a punto estivo de costar dúas xóvenes vidas. A eso das 11 da mañá o noso amigo Toñito de Corea acompañado do seu cuñado procedían a levantar as nasas preto dun baixo da costa camariñana cando debido a un brusco viraxe a lancha de fibra na que estaban a traballar volcou repentinamente tirando pola borda aos dous veciños do noso concello. A situación era moi crítica para os tripulantes que se atopaban a mercede do xélido mar que cada vez golpeaba máis forte. Momentos despois como un anxo salvador apareceu a embarcación "Mary" propiedade de Jose de Flores que rescatou aos náufragos das entrañas do mar e dunha morte segura. Acto seguido o héroe salvador coa axuda da embarcación de Santiago de Santa Mariña púxose a remolcar a embarcación sinistrada ata a rampla das instalacións ocupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas. Alí entre gran número de mariñeiros que se personaron para interesarse polo estado dos seus amigos e coa axuda inestimable do noso usuario Mikel patroneando a súa embarcación Gema, procederon ao volcado e reflotamento da embarcación. Un terrible accidente que non pasou dun susto pero que pudo rematar moito peor si non fora pola intervención decisiva e milagrosa de Jose de Flores, Santiago de Santa Mariña e Juan Pasantes.
  • A Xunta de Galicia pecha o criadeiro de ameixa de Camariñas

    Estase a instalar a máis pura desolación no Muelle Novo de Camariñas. Primeiro, foron as inversións muchimillonarias prometidas no seu día a bombo y platillo por Álvarez-Campana (¡¡ay, xa decíamos nos: si de Presidente de Portos de Galicia estuvera un Campaña!!) xunto aos seus mariachis locais para ver si estes por unha vez lograban gañar as eleccións municipais e que nin para eso serviron, inversións que ninguén nunca verá,  volatilizadas na máis pura farsa, despois o intento de golpe de estado no que anda enfrascada unha minoría radical e violenta nesa mesma explanada do Muelle Novo (mesmos cans pero con distintos collares, con perdón para os cánidos), aferrados desesperados como un cravo ardendo a un bar-restaurante, e agora o despido de seis traballadores e o peche dun servizo básico para o sector do marisqueo en Camariñas e en Galicia. Non, polo que se ve non corren moi bos tempos para a explanada do Muelle Novo. En todo caso, aquí en camarinas.eu procedemos a publicar a nota de prensa remitida polo Concelleiro de Urbanismo, Desenvolvemento Empresarial, Mar e Traballo, Sergio Caamaño: