• Os reis magos poñen o broche de ouro ao Nadal 2018 en Camariñas

    Durante toda a xornada do sábado 5 de xaneiro, as Súas Maxestades de Oriente visitaron aos veciños de todas as parroquias do Concello de Camariñas. Especialmente aos nenos e nenas de todos os recunchos do municipio que, cheos de ilusión, recibiron á espectacular cabalgata real organizada para rematar un Nadal 2018 cheo de moitas novidades con respecto a outros anos. A comitiva real comezou a súa andadura polo Concello de Camariñas como dicíamos este pasado sábado 5 de nadal dende ás 11:30 horas pasando por Xaviña para despois dirixirse hacia Arou, Camelle e Ponte do Porto, e rematar finalmente en Camariñas, cunha puntualidade británica, ás 19:30 horas nun Pavillón Municipal de Camariñas totalmente ateigado de raparigos que, acompañados dos seus familiares, non quixeron perder a oportunidade de pedir eses agasallos tan deseados persoalmente aos seus queridos Reis Magos. Finalizamos así este Nadal 2018 que, a pesares do intenso frío reinante en todo Camariñas, estivo repleto de actividades emocionantes para o desfrute dos nosos pequenos. Noraboa a todos os organizadores.
  • A cabalgata de Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello de Camariñas

    Este vindeiro sábado, 5 de xaneiro, a espectacular Cabalgata das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que o Concello de Camariñas ten preparada para celebrar este santo día, percorrerá todas as parroquias do concello. Comezará a súa particular singladura real pola meirande parte das rúas municipais a partir das 11:30 horas e rematará no pavillón municipal de Camariñas. Neste pavillón será onde se celebre a pertinente recepción oficial dos Reis Magos a partir das 19:30 horas da tarde deste sábado 5 de xaneiro deste xeado comezo de ano 2019.
  • Ampliación do horario de peche dos locais de hostalaría de Camariñas durante a campaña de Nadal

    O Servizo de Interior e Espectáculos Públicos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia deu o visto bo á solicitude do Concello de Camariñas para ampliar o horario de peche de todos os locais de hostalaría do municipio durante a campaña de Nadal 2018-2019. O goberno local dirixido pola alcaldesa Sandra Ínsua realizou esta petición co obxectivo de que a veciñanza celebre as festas de Nadal, dado que son datas nas que o ocio nocturno comeza máis tarde. Así, ampliarase unha hora o horario de peche dos establecementos de hostalaría os días 21, 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro de 2018 e 4 e 5 de xaneiro de 2019.
  • Un mercado de Nadal e Belén Vivente na praza de San Xurxo de Camariñas

    O Concello de Camariñas instalará este domingo, 23 de decembro, o espírito de Nadal na praza de San Xurxo. Alí levarase a cabo un Mercado de Nadal e un Belén Vivente no que se poderán gozar de diferentes propostas de ocio típicas desta época
  • Papá Noel visitará todas as parroquias do Concello de Camariñas

    Papá Noel, ese entrañable gordinflón tan querido polos nenos nestas derradeiras navidades, estará en Camariñas e o concello habilitou un espazo para que instale a súa caseta de madeira en todas as parroquias do concello. Este mércores San Claus comezará as súas entrevistas cos nenos en Camariñas, na Praza do Concello a partires das 18:00 horas deste tarde. En Arou pasará revista aos nenos este xoves 20 de nadal. O venres será o turno dos pequerrechos de Camelle. O sábado Papá Noel visitará a Ponte do Portol e finalmente o noso querido gordinflón entrevistarase cos máis pequenos da parroquia de Xaviña. En todas as parroquias Papá Noel comezará a recibir aos nenos e nenas do Concello de Camariñas dende as 18:00 horas finalizando así ás 20:00 horas de cada día nos que Santa Claus se atope en Camariñas. Despois o noso entrañable Papa Noel continuará a súa visita a todos os nenos do mundo. E vos? Portástedevos ben? Chega a Navidad!
  • O Museo Man de Camelle prepara obradoiros de Nadal para crear elementos decorativos

    O Museo Man de Camelle ofrece unha alternativa de ocio para a época de Nadal, organizando unha serie de obradoiros creativos para deseñar elementos decorativos. Están pensados para todos os públicos e levaranse a cabo desde o 21 de decembro ata o 4 de xaneiro.
  • Chega o Nadal 2018 ao Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas presentou a súa programación cultural para este Nadal, chea de opcións para que os máis pequenos o pasen en grande nestas festas. A maxia, os contacontos, os espectáculos teatrais ou cómicos e a ilusión ocupan a variada oferta de actividades elaborada polo goberno local. O pistoletazo de saída douse na tarde noite deste festivo e constitucional xoves 6 de decembro co acendido das luces de nadal por parte da alcaldesa Sandra Ínsua na Praza do Concello de Camariñas. Ademáis disto, celebrouse un encontro de corais na que as nosas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar tiveron unha actuación moi destacada. Así abriu o nadal en Camariñas, con acendido dunha iluminación espectacular e con boa música das panxoliñas das nosas mulleres do coro. ¿Que máis se pode pedir?
  • Camariñas inaugura o Nadal co acendido da iluminación e cun encontro de corais

    O Concello de Camariñas inaugurará este xoves 6 de decembro, as festas do Nadal, e farao por medio do acendido da iluminación e do VI Encontro de Corais. Así, a praza da Insuela acollerá, ás 18.00 horas, o prendido das luces do Nadal. Como parte do acto levarase a cabo tamén un encontro de corais no que actuarán a Polifónica San Salvador de Pazos, a Rondalla de Cariño e a agrupación Brisas do Mar de Camariñas.  Desde o Concello animan a todos os veciños e veciñas a tomar parte nesta actividade que suporá o inicio das festas de Nadal no municipio camariñán.