• Comeza o Nadal 2017 no Concello de Camariñas

    Como ven sendo habitual o Concello de Camariñas organiza un amplo programa de actividades co que encher o tempo de vacacións escolares neste período de nadal. A pesar de que o nadal 2017 no concello comezou oficialmente co acendido das luces navideñas este mércores 6 de decembro, o verdadeiro pistoletazo de saída deste auténtico batallón de actos lúdicos dará comezo o venres 22 coa Festa de Papá Noel que se celebrará na Casa de Pedra e onde os pequenos deberán levar as cartas cos seus desexos para entregárllas en man ao mesmísimo Santa Claus que pasará por Camariñas provinte desde a mesmísima Laponia finlandesa. Así e todo as diferentes actividades abranguen a música, o teatro, os espectáculos de animación ou o puro divertimento onde os mais cativos son os protagonistas. A guinda será a cabalgata onde as súas maxestades os Reis Magos percorrerán tódolos recunchos do concello levando ilusión e maxia a esportas para os nenos e maiores. Dende o concello fannos chegar a programación completa que, como se pode observar, cubre todo o territorio municipal sen deixar unha soa parroquia orfa de actos navideños. En fin queridos usuarios, outro ano máis comeza un nadal do Concello de Camariñas cheo de actividades para todos as edades. Feliz nadal!!
  • Acendido da iluminación do Nadal 2017 en Camariñas

    Estes días podemos ver por gran parte das rúas do concello a unhas cantas camionetas preparadas con diversos utensilios eléctricos e cos seus operarios afanados nas súas gruas. Estes, pertencentes a unha empresa de iluminación contratada para tal efecto, están colocando un gran número de adornos navideños luminosos ao largo e ancho do perímetro municipal. E é que o concello de Camariñas quixo adiantarse este ano a todos os da costa e púxose mans a obra para organizar o primeiro acendido simultaneo da iluminación de nadal en todo o municipio palilleiro. Así, ao estilo londinense, o primeiro evento de acendido navideño da Costa da Morte está programado para o 6 de decembro ás 19:00 na Praza do Concello, en pleno barrio de Corea. Dende o concello trasládannos a invitación a todos os veciños e veciñas deste primeiro acendido do alumeado navideño camariñán, no que contarán ademáis coa actuación das voces privilexiadas do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas que adicarán unhas alegres panxoliñas para celebrar que o nadal xa está en Camariñas. Alí, na praza do concello, habrerá tamén unha gran sorpresa lumínica... pero esto non o vamos a descubrir aquí. Todo aquel que desexe saber o secreto deberá ir ao primeiro acendido da iluminación que inaugurará o nadal no Concello de Camariñas.
  • Chegou o Nadal ao Colexio de Camariñas

    Despois de un trimestre no que traballamos moitísimo, este venres ímonos de vacacións a disfrutar do Nadal. A primeira actividade que fixemos foi un concurso de tarxetas de Nadal, cada alumno/a de primaria e de infantil fixo unha postal relacionada co Nadal. Entre todas elas foi elixida como gañadora a da nosa compañeira de 6º  Marta Antelo Moreira. Postal que será enviada nestes días a todas as familias que teñan nenos no Ceip O Areal.
  • Cabalgata de Reis Magos en Camariñas

    Por algunha estrana coincidencia do destino este ano de 2013 iniciouse en Camariñas con ata dous Días de Reis. O primeiro, cando na media tarde do venres 4 de xaneiro, por medio dunha exclusiva de Camarinas.eu, os máis de 200 socios do Club Náutico de Camariñas recibían o regalo tan longamente ansiado ao longo dunha travesía infernal: o desahucio xudicial definitivo dos okupas que mantiveron secuestradas pola forza as instalacións durante 364 días; o segundo, o tradicional e festivo 6 de xaneiro, data que como non podía ser menos tiña na xornada da súa víspera a cabalgata oficial dos Reis Magos.
  • Cabalgata de Reis Magos 2011 en Camariñas

    Un ano máis os caramelos inundaron as rúas de Concello de Camariñas e inxentes multitudes de veciños correron tras eles. E do mesmo xeito que de cargadas bolsas de sardiña donadas graciosamente por algún dos armadores camariñáns de antes, unha pequena procesión de veciños retornaban cara o fogar co producto da Cabalgata de Reis. O que antes se facía en humildes tractores buriáns reconvertidos en suntuosas carrozas alá polos 80 dou paso cos bos tempos de finais dos 90 e principios do 2000 a carromatos de xa máis envergadura e polo tanto maior custe pecuniario, ultramodernas construccións da última tecnoloxía. Agora, co gallo da crise cómpre aforrar ata o último peso e así reconvertidas cabalgaduras de orixe secular retornan ás rúas do concello ca nova década que comenza. Pese a todos estes cambios o chófer segue a ser de excepción: un ano máis chegado dende as entrañas profundas de Brañas Verdes Manuel Mouzo Lema foi o encargado de dirixir calmosa e experimentadamente a monárquica expedición oriental a través dun día de inagotables compromisos infantís. E así, cara ás 20:30 con exquisita puntualidade británica Manolo achegou ás Maxestades chegadas de Oriente ata aos ilusionados cativos camariñáns e entón alí todo foi repartir ilusión (e caramelos).