• Eu Son Camariñas, a preestrea este domingo 7 de abril

    Este domingo 7 de abril ás 18:00 horas da tarde será celebrada na Casa de Pedra a preestrea do video-clip "Eu Son Camariñas" por parte dos seus creadores. Despois de 5 meses de intensos traballos de deseño e creación audiovisua, xestións e grabacións o equipo de producción ten xa todo preparado para proceder a esta preestrea á que tan só se poderá acceder por medio do formulario da web do proxecto da web do proxecto habilitado para tal efecto. Unha preestrea exclusiva á cal asistirán tanto os seus protagonistas, creadores e representantes dos colectivos participantes no programa como ortavoces dos partidos políticos así como un selecto grupo de creadores audiovisuais invitados expresamente para facer unha valoración do gran proxecto promocional que ten en vilo a toda a cidadanía do Concello de Camariñas. Será esta gala a antesala da presentación oficial que, tal e como nos informan dende o equipo de producción de "Eu Son Camariñas", será celebrada por todo o alto nesta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas e da cal terán informados aos nosos usuarios e lectores convenientemtente. Eu Son Camariñas!

  • Fran Barcia desvela en Radio Nordés máis secretos do proxecto "Eu son Camariñas"

    Segue Radio Nordés Cadena Ser a interesarse polo proxecto "Eu son Camariñas" adicando entrevistas semanais a algúns dos artistas camariñáns que forman parte do elenco deste video clip. E seguen os seus protagonistas a desvelar con contagotas algunhas das claves deste traballo que sairá proximamente á luz. e hai un par de semana o que atendía a chamada de Radio Nordés era o gaiteiro xaviñán David Carril, este xoves 14 de marzo o encargado de manter o suspense nas ondas radiofónicas da Costa da Morte era Fran Barcia, o virtuoso acordeonista camariñán que, xunto a seu irmán Carlos, representan á parroquia de Camariñas neste proxecto audiovisual. Fran contáballe a Josiño de Radio Nordés algunhas das claves do video que se está a preparar, pero sen dar moitas máis pistas e mantendo a incertidume sobre este sorprendente traballo audiovisual. E nos dende aquí seguimos con esta tensión de saber algo máis deste proxecto audiovisual que ten a todo o Concello de Camariñas sumido nunha profunda intriga.

  • Búscanse participantes para o proxecto audiovisual "Eu Son Camariñas"

    Dende hai uns meses un grupo de profesionais do sector audiovisual está a traballar nun proxecto co propósito de elaborar un video promocional de todo o concello de Camariñas. O programa denominado "Eu son Camariñas" está protagonizado, tal e como adiantaba un destes protagonistas en Radio Nordés Cadena Ser, por un variado repertorio dos músicos máis virtuosos de toda Camariñas dos cales algún deles saíron da Escola Municipal de Camariñas para máis orgullo patrio. Este video será presentado polo  propio Concello de Camariñas próximamente e para elo realizarase un acto no cal se proxectará este traballo cinematográfico en rigurosa exclusiva que se está a realizar e ao cal estarán invitados todos os veciños do concello. Para rematar dito video clip os creadores do guión precisan incorporar a este proxecto varios participantes para completalo definitivamente, para o cal se pedíu expresamente a colaboración dos centros educativos do concello. Así estes comunícannos que se necesitan voluntarios que queiran aparecer neste ambicioso proxecto audiovisual no cal se precisan os seguintes perfiles: mariscadoras, percebeiros, mariñeiros, empresas, palilleiras, escolas, etc... así como todo aquel que teña algo orixinal que ofrecer, e se está directamente relacionado coa música ou o mar no noso concello moito mellor. Todos aqueles que desexen participar neste proxecto poden facelo enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 679 871 599.

  • O gaiteiro de Xaviña David Carril entrevistado en Radio Nordés Cadena Ser

    Este pasado venres 19 de febreiro era entrevistado no programa Vivindo a Costa da Morte da radio líder da Costa da Morte Radio Nordés Cadena Ser o gaiteiro xaviñán afincado en Londres David Carril. O presentador do programa, noso querido amigo Pepe Formoso charlaba xunto aos seus contertulios habituais do programa xunto ao artista xaviñán que contaba pausadamente as súas peripecias musicais pola capital do Reino Unido. Ademáis David desvelou públicamente na canle da Cadena Ser parte do proxecto audiovisual no que están a traballar un nutrido grupo de artistas e músicos do concello de Camariñas pertencentes a diferentes estilos musicais. O xaviñán daba en exclusiva a esta cadena os nomes de varios dos integrantes deste explosivo proxecto: Belem Tajes de Arou, unha das vocalistas e compositoras máis en alza de toda Galicia; Fran e Carlos Barcia, os nenos prodixio camariñáns e incombustibles integrantes da exitosa banda de folk Samarúas; E finalmente José María Pérez, un dos máis clásicos rockeiros da Costa da Morte, veciño da Ponte do Porto, que tivo a oportunidade de traballar para músicos de talla internacional durante a súa estadía en Londres. Todos eles acompañados do gaiteiro David Carril que expresamente se trasladou dende a cidade londinense durante todo este mes de febreiro e marzo para facer realidade un proxecto dirixido por un equipo cinematográfico de primeiro nivel. Un grupo de músicos heterogéneo que conforma un proxecto musical que proximamente verá a luz e do cal vos teremos convenientemente informados desde Camarinas.eu. 

  • A música chega as aulas do IES Pedra da Águia

    O IES Plurilingüe Pedra da Aguia acolleu o xoves 21 unha experiencia novidosa na que participou case todo o alumnado. Profesores da Escola Municipal de Camariñas trouxeron varios instrumentos musicais de corda, percusión e vento para achegar a música aos rapaces e animalos a tocar e a participar na Escola do Concello. Situando un instrumento en cada aula, os grupos de alumnos pasaron de forma rotatoria e en intervalos de 10 minutos para escoitar as explicacións e os acordes do piano, a batería e a guitarra. Finalmente, todos xuntos congregáronse no salón de actos para escoitar unha pequena actuación dos profesores, xa con todos os instrumentos. Dende o Centro queremos agradecer o interese da Escola Municipal de Camariñas por achegar a música ás aulas, unha experiencia que entusiasmou tanto ao alumnado como ao persoal docente.
  • FESTIVAIS FIN DE CURSO ESCOLAS CULTURAIS DE CAMARIÑAS DE BAILE LATINO E MODERNO E MÚSICA MODERNA

    O sábado 27 de maio o Concello de Camariñas comezará o peche de fin de curso das escolas culturais. Ás seis da tarde e na casa de pedra teremos unha exhibición dos alumnos e alumnas da escola municipal de baile latino e moderno. Ademais contaremos como invitados especiais coas galardoadas parellas de Club de Baile Deportivo NarónO domingo 28 de maio, tamén na Casa de Pedra, e neste caso ás cinco e media será a exhibición dos alumnos e alumnas da escola municipal de música moderna.
  • La cultura gallega se da cita en la Mostra do Encaixe de Camariñas 2017

    Representantes de la cultura gallega se darán cita en la próxima edición de la Mostra do Encaixe que se celebra en Semana Santa en Camariñas. Varios artistas pondrán música y voz en directo a los desfiles que tienen lugar todos los días en el certamen. El gaitero Óscar Ibáñez, la cantante de O Incio que representó a España en Eurovisión Lucía Pérez, el gaiteiro Cristian Silva acompañado del acordeonista Suso Iglesias, Andrea Pousa y la compañía de performance Pablo Méndez acudirán al certamen con distintas actuaciones.
  • Musica

  • Samarúas, folk camariñán en estado puro

    Como xa temos ilustrado nalgunha que outra ocasión pretérita, nesto da recreación da música tradicional pódese optar por dous eidos a libre elección: o do respeto escrupuloso e puntual da tradición folklórica ou o da fusión libre e modernizadora con outros estilos de máis recente extracción, todo elo na búsqueda da perpetuación futura dun arte inmortal. Neste último campo aos exemplos xa referidos dos míticos The Pogues (alá ata onde chegou o derradeiro dos dentes putrefactos e alcoholizados de Shane McGowan no seu combate eterno co maremoto de augas etílicas que inundaba o seu paladar) ou os máis modernos Dropkick Murphys polo bando céltico, poderíamos engadir por aquelo de poñer algún que outro exemplo illado o de Kortatu (non confundir con Re-Kortatu, o re-bautizado Mariano Rajoy, por aquelo da súa relación cos servicios sociais públicos) na canción "Jaungoikoa eta lege zarra", no que por un día e que sin servira de precedente deixaba de lado a deificación de etarras asesinos para atizarlle duro ao PNV a conta do seu catòlico lema ("Dios y Ley Vieja"), enténdese que por ser demasiado tibios aos seus exaltados ollos. Con todo, porque todo hai que decilo ca máxima dor do noso lacerado e maltreito corazón, tan allado polos duros embates da vida e cego en canto á núa apreciación da máis pura arte, a canción, como tantas e tantas (talento ao servicio do mal) do máis emblemático dos grupos do rock vasco dos 80, non deixaba de ter o seu certo mérito.
  • Cumpreanos musical no Café Bar Arnela

    Constitúe xa un clásico do verán camariñán a celebración do cumpreanos do xoven Francisco Barcia Trashorras no Café Bar Arnela. Xunto aos seus pais e amigos dos Panchos do Jolfendro unha tremebunda festa presidida sempre pola mellor música galega apodérase do local emblemático do Barrio de Corea. Nembargantes e como novidade frente a edicións precedentes este ano a celebración do seu vixésimo cumpreanos contou ca presencia dos seus compañeiros da Asociación Cultural Xacarandaina, de cuio grupo forma parte este xoven virtuoso da música (xunto co seu irmán que tamén toca varios instrumentos). Camarinas.eu estaba presente naquela noite de agosto de 2008 na que Fran cumpría 16 anos, estivo na do 2010 na que cumprío 18 e, obviamente, tiña que estar na do 2012 na que chegaba ao doble díxito. Sempre baixo o telón de fondo da mellor música tradicional galega, vaia dende aquí a enhoraboa polo seu 20º cumpreanos a un dos nosos máis firmes talentos musicais
  • Karina Tajes: unha estrela de Camariñas que pide paso

    Aínda baixo o impacto que para moitos supuxo ver a unha fermosa rapaza camariñana codeándose de ti a ti enriba dun escenario cunha estrela da canción da talla de Rosana, camarinas.eu, coñecedera da aspiración de Karinas Tajes de formar un grupo musical, propúxolle un ambicioso proxecto. Este pasaría pola realización dun book fotográfico no que a través da colaboración de tres xoves negocios da Vila das Palilleiras se resaltase toda a beleza de Karina Tajes. E así Diego Alonso encargouse das fotografías e do seu tratamento posterior; Montse Mosquera (Peluquería Montse, Travesía Muiño do Vento) brindouse para encargarse dos peiteados e Ana Soneira (Centro de Estética Ana, Rúa Casadillo) maquillou soberbiamente a Karina. O resultado: un fantástico e artístico book, con distintas paraxes de Camariñas como inmellorable telón de fondo que esperemos que axuden a esta talentosa e xove promesa da canción a atopar aos compañeiros que a axuden a abrirse paso no implacable e competitivo mundo musical. Condicións para elo, sóbranlle.
  • Karina Tajes, unha futura estrela de Camariñas

    Pois en Camariñas estamos que non paramos. Para sumar á excelente canteira deportiva que posúe o noso concello veñen a presentarse outras grandes promesas dentro de outros ámbitos culturais. Na literatura, por exemplo temos ao exitoso escritor Alberto Lorenzo con uns relatos de eloxio no seu blog "El espejo de Shion" e agora tamén no mundo da música abrirase paso sen dúbida Karina Tajes, unha gran cantante camariñana que con tan só 18 aniños foi quen de subirlle ao escenario do concerto que a popular cantante canaria Rosana realizou en Ponteareas e marcarse unha canción deixando ás multitudes asistentes coa boca aberta. Ademáis Karina está a facer unhas grabacións caseiras que logo colga en Youtube donde ela, acompañada da súa inseparable guitarra, interpreta algúns temas propios e outras versións dos seus artistas favoritos. De verdade, non vos perdades a traxectoria desta rapaza que seguro será meteórica. Camariñas, terra de artistas! ¡NORABOA KARINA!
  • Xoán Curíel na Casa de Pedra

    Chegaba o cantautor Xoán Curiel á Casa de Pedra despois de realizar xunto ao camariñán Álvaro Trillo unhas xornadas educativas cos chavales do IES Pedra da Águia e chegaba acompañado dunha banda de músicos espectacular na que destaca o noso querido amigo Álvaro Trillo á batería. E foi este pasado sábado 8 de outubro cando saudando a Álvaro éste lle recordaba a un redactor que escribe: "¿acórdaste? Este foi o noso primeiro local de ensaio xuntos". E era verdade aínda que xa non lembrábamos esto, pero ahí estaba Álvaro para recordárnolo como si dunha calculadora humana se tratara. A evolución musical que este gran músico camariñán experimentou dende aqueles tempos onde tantos afeccioados á música o comezamos a admirar foi meteórica. Tanto daba o estilo musical onde Álvaro se involucrara. A súa peculiar forma de entender o ritmo musical vai máis alá do que a moitos nos gustaría imaxinar e a súa visión do grupo como un todo é espectacular. Así, despois de todos os grupos nos que Álvaro colaborou chegoulle a hora de conectar cun grande da música como o grupo do comprometido cantautor Xoán Curiel no cal desvorda a calidade e a imaxinación de tódolos seus compoñentes. Deixámosvos cunha prova delo no concerto que este grupo bordou na Casa de Pedra este sábado 8 de outubro. Para camarinas.eu foi todo un placer e unha alegría inmensa volver a escuitar ao noso amigo e compañeiro Álvaro Trillo na súa batería. Noraboa Álvaro.
  • Xoán Curiel no IES Pedra da Águia

    O paso do grupo do cantautor Xoán Curiel por Camariñas onde milita o noso querido amigo Álvaro Trillo como batería e percusionista principal non só foi para demostrar a súa calidade musical no concerto celebrado na Casa de Pedra este sábado pasado se non que houbo algo máis. Os días anteriores a dito concerto, do cal tamén publicaremos un amplo reportaxe, os compoñentes do grupo estiveron cos rapaces do IES Pedra da Águia para realizar un taller sobre cómo facer música cos corpos dun grupo de xente perfectamente sincronizada  e a verdade é que todos quedaron contentísimos coa experiencia como ben podedes ler no espectacular blog do IES Pedra da Águia.
  • O Camariñán Álvaro Trillo en Concerto con Xoán Curiel

    Esta tarde de sábado a eso das oito da tarde todos os afeccioados camariñáns a boa música teremos a oportunidade de ver a un pedazo de grupo na Casa de Pedra de Camariñas. Trátase do conxunto musical do cantautor e gran guitarrista galego Xoán Curiel  que presentará o seu novo disco en Camariñas acompañado por grandes músicos contemporaneos entre os cales destaca un batería xoven, educado e calado: Estamos a falar do noso gran e querido amigo Álvaro Trillo, un dos mellores músicos que un redactor que escribe comparteu partitura na súa andaina musical. Un batería perfeccionista onde os haxa cun sentido rítmico apabullante e cunha amplia gama de estilos. A partir das 8 da tarde todos os amantes da música do Concello de Camariñas teñen unha cita ineludible para ver a catro monstruos da música interpretando os seus temas. Entre eles un camariñán, un amigo: Álvaro Trillo.
  • DCMC: Metal Sureño (Inmortalmente Tolos)

    Luis Esteiro co gran Peeper Keenan

    O pasado 31 de xullo de 2010 a vila luguesa de Viveiro acollía un dos concertos máis importantes da historia de Galicia: dentro da quinta edición do Resurrection Fest, o festival metaleiro máis importante da nosa comunidade, unha banda nacida no sur profundo de Estados Unidos, en New Orleans (Louisiana), a cidade dos pantanos, o bourbon, o barrio francés e o furacán Katrina, chegaba inesperada e sorpresivamente para tocar nunha pequena vila do norte galego. Esa banda era nin máis nin menos que DOWN, grupo emblemático e clave para entender a evolución do metal sureño formado pola acumulación de membros provintes de bandas míticas dentro do xénero máis tralleiro da escea musical norteamericana, tais como Pantera ou Corrosion Of Conformity. Coñecedor da visita de Down a terras galaicas, o redactor cultural de camarinas.eu Luis Esteiro Ramos presentouse o 31 de xullo en Viveiro co carnet de xornalista prendido da solapa e ca doble misión de coñecer en persoa aos seus ídolos musicais e de escribir un artigo de calidade que viaxase ás raíces do metal profundo do sur dos USA...
  • Actuacion de Eskarnio na Plaza da Festa de Camelle

     

    Eskarnio no Río d'Area de Camelle

    Un novo grupo ve a luz no Concello de Camariñas: a formación porteña Eskarnio
    Un novo grupo ve a luz no Concello de Camariñas: a formación porteña Eskarnio

    Despois de grupos como Ritual, Kelanse, Sobrecarga, Náufragos da Costa da Morte, Ronsel de Arnela, Materia, Los Lombardi e uns cuantos máis de cuio nombre agora non nos recordamos a nova banda que agora revoluciona o escenario musical do Concello de Camariñas provén da Ponte do Porto e chámase Eskarnio, grupo composto pola cantante residente en Lago de Enfrente Aline, Simón ao baixo, Moledo ás guitarras e Sergio como batería. Algúns deles son xa vellos coñecidos do mundillo musical camariñán como é o caso de Simón, antigo baixista de Sobrecarga, ou de Sergio e Moledo que xa fixeron os seus bolos musicais formando parte da alineación titular de Materia. Un novo grupo que surxe á vida nun concello pródigo en creatividade musical tal e como proba perfectamente á nomina de bandas de música moderna mencionada no comenzo desta crónica. Este sábado 19 de xuño, con motivo do San Xoán camellán, tocan a partir das 20:00 horas na Plaza da Festa de Camelle dentro das actuacións previstas no Festival Río d'Area xunto aos grupos Madialeva e A Crus de Baixar e prometen cargar os aires norteños do noso concello cos sons envolventes e hipnotizantes da súa música. Serán o perfecto aperitivo das fogueiras que cara ás 12 da noite se acenderán na Praia de Camelle porque alí "o San Xoán sempre cae en sábado". ¡¡Sorte a todos nesta nova singladura!!

     

  • Death Coast Music Club: Extreme

    Nuno para todos, todos para Nuno

    Unha banda clásica da década dos anos 90 e que xa forma parte da historia do Metal: Extreme
    Unha banda clásica da década dos anos 90 e que xa forma parte da historia do Metal: Extreme

    A sección cultural máis potente e completa da Costa da Morte engrosa un arquivo xa lexendario cun impresionante artigo dun dos maiores expertos audiovisuais desta Costa Atlántica dos nosos pecados, Luis Esteiro Ramos, adicado a un dos grandes grupos musicais da década dos 90: os bostonianos Extreme. O expoñente máis innovador do Funk Metal, a banda liderada por un dos mellores guitarristas de tódolos tempos, o virtuoso Nuno Bethancourt, perfectamente secundado na súas labores creativas pola potencia vocálica de Gary Cherone, o grupo en definitiva que mellor soubo reinterpretar o legado artístico de bandas míticas como Led Zeppelin, Queen ou Van Halen. Volve a sección de camarinas.e adicada ao mundo da música, o Death Coast Music Club, cunha documentada e emocionada a un dos grupos clave da década dso 90: Extreme.

  • Fotos Historicas: Naufragos da Costa da Morte, outro grupo para a historia musical de Camariñas

    Unha vez esvaecida no tempo e no espacio, pero sobre todo na mente dos seus fundadores, a idea daquel grupo camariñán portador das influenzas do mellor rock alternativo e que se chamaba Ritual, Diego Alonso Freire decidío non dar por rematada a súa carreira musical e así ao pouco tempo aparecía como guitarrista doutro grupo de tintes máis folk, máis tradicionais, que se dou en chamar "Náufragos da Costa da Morte". Un grupo que personalizaba a esencia federal do Concello de Camariñas aglutinando no seu seno a membros provintes das diferentes parroquias que o conforman: Roberto Más, Ramón Barba, Soledad Vidal e Juan José e Cándido Canosa, os cales deixaron para a historia musical da Costa da Morte un interesante legado que en formato mp3 reprodúcese nesta noticia. Outro legado, o fotográfico, salvouno do olvido no que esmorecía un dos membros daquel malogrado e prometedor grupo, o noso querido amigo Roberto Más, futuro membro, xunto a Soledad Vidal e Diego Alonso de "Ronsel de Arnela", o herdeiro directo da desaparición de Náufragos e que deixou para os anales o portentoso concerto da Festa da Praia do 24 de xullo de 1999 no Areal do Ariño de Xaviña actuando como teloneiros de Luar Na Lubre. Fotografías e música rescatadas do olvido polo gran museo mediático de historia contemporánea de Camariñas: camarinas.eu.
  • Fotos Historicas: The Third Is The Piggiest/Ritual - As orixes de camarinas.eu

    Corrían as lonxanas épocas de 1993 cando dous xóvenes camariñáns con algunha que outra inquietude artística e moito tempo libre daban os compases iniciais do que ía a ser un dos poucos grupos de rock que vío a Vila das Palilleiras en toda a súa historia.  Aquela aventura musical, que tería como baixista a Oscar Vigo Barcia (Oki de Monso) e como baterías a Xavier Blanco Vázquez nun primer momento e posteriormente a Álvaro, duraría pouco máis de dous anos e deixou un puñado de cancións para o recordo, pero pasando o tempo tería o valor de constituir a primeira colaboración artística entre os que serían os Pais Fundadores, os Founding Fathers, da páxina web máis vista da historia da Costa da Morte, camarinas.eu: Diegoalfr e Zhúkov. Despois dunha longa paréntese, volve cunha forza inusitada Fotos Históricas cas poucas imaxes existentes de tan histórica asociación, as cales parecían irremediablemente perdidas para sempre ata que o cariño dunha nai, a nosa querida usuaria Guadalupe Vázquez, fíxoas surxir da nada na que esmorecían.