• Presentación do catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man

    O próximo día 15 de Abril terá lugar no auditorio do CGAC a presentación ao público do catálogo da exposición Museo (do ermitán) Man.O acto estará presidido pola responsable do museo Man de Camelle, Andrea Serodio, e a comisaria da mostra do Encaixe e docente da Universidade de Vigo, Carmen Hermo, acompañadas por o director do CGAC, Santiago Olmo.

  • Obradoiro artístico “Formigas” no museo Man de Camelle.

    O próximo 25 de Abril o Museo Man de Camelle celebrará un obradoiro artístico titulado “Formigas” Nel, cada participante poderá intervir e transformar durante 4 horas a súa propia formiga de ferro de 18 a 25 que proporciona a organización do evento xunto coa pintura necesaria. Tamén se poderán empregar outros materias no proceso que terán que traer os participantes xunto coas ferramentas que precisaren.

  • Traslado do punto de información ao Museo do Encaixe

    Dende esta Semana Santa o punto de información e atención aos turistas do Concello de Camariñas estará situado no Museo do Encaixe. A medida ten como obxectivo permitir o funcionamento deste recurso todo o ano, sempre que a situación sanitaria o permita, e non so na época estival ofrecendo un servizo mellor e máis completo aos usuarios.

  • O CGAC cede a réplica da casa de Manfred Gnädinger ao museo Man de Camelle.

    O Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) cedeu ao Museo de Man a réplica da casa do artista que foi deseñada por CREUSeCARRASCO. Esta formou parte da exposición “Museo (do ermitán) Man” do CGAC de Santiago dende o 6 de Marzo até o 6 de Setembro de 2020. Posteriormente foi trasladada ao Museo do Mar de Galiza en Vigo onde permaneceu até o 10 de Xaneiro deste 2021.

  • O museo Man de Camelle busca colaboradores para o “Proxecto Man: A Costa da Morte na mirada”

    O museo Man de Camelle inicia a busca de persoas que coñeceran ou coincidiran con Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle, para realizar un documental sobre a súa vida e obra dentro da iniciativa “Proxecto Man: A Costa da Morte na Mirada”.

  • Inauguración no Museo Man de Camelle da exposición "De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo"

    O Museo MAN acolleu esta mañá a inauguración dunha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica.

  • O Museo MAN albergará unha exposición a favor da Fundación Vicente Ferrer

    O Museo MAN albergará o vindeiro sábado, 26 de setembro, unha exposición da Fundación Vicente Ferrer baixo o título ‘De Anantapur a Camelle pasando por el Mediterráneo’, o traballo artístico da III Ruta da Arte de Anantapur, un proxecto solidario que dá visibilidade ao traballo da Fundación Vicente Ferrer a través da creación plástica. A inauguración será o vindeiro sábado, 26 de setembro, no propio Museo e ás 12:00 horas. Será obrigatorio o uso de máscara sanitaria e o Concello porá a disposición das persoas asistentes xel hidroalcólico para a correcta desinfección das mans.

  • O Museo Man de Camelle no VI Congreso de Turismo Cultural de Córdoba

    A proposta do Museo MAN chegará a vindeira semana ao VI Congreso Internacional Científico-Profesional de Turismo Cultural de Córdoba, baixo a proposta ‘Museo MAN: Dinamizador turístico da Costa da Morte’, que será exposta por Andrea Serodio, responsable do Museo, e Carmen Hermo, da Universidade de Vigo, o xoves 20 de febreiro na mesa moderada por Rogelio Martínez.

  • Nova exposición de pintura no Museo Man de Camelle

    O Museo Man de Camelle acollerá a exposición “Arte + 3 Olladas”, que amosará as obras dos artistas Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo. Arredor de 50 obras que presentarán tres formas de ver a vida cotiá e o mar. A presentación da mostra terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 19:30. A ela acudirán os creadores das pezas que estarán alí expostas. A mostra exhibirá cadros e cadernos de viaxe, entre outros elementos.

  • A Praia de Arou renova no 2019 a súa merecida Bandeira Azul

    A praia de Arou, do Concello de Camariñas, está entre as 38 praias da provincia coruñesa galardoadas con Bandeira Azul este 2019. O distintivo garante que nas praias que o teñan exista información, educación e xestión ambiental, unha boa calidade da auga de baño, accesos sinxelos e seguros, e a presencia dun equipo de socorrismo axeitado. Este premio é concedido por un xurado internacional presidido pola Fundación Europea de Educación Ambiental (FEE), e outorgado en España pola Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC-FEE).

  • Inaugurada a exposición Imaginatio Mare no Museo de Man de Camelle

    Este pasado sábado 23 de febreiro de 2019 tiña lugar no impresionante Museo Man de Camelle a inauguración da exposición 'Imaginatio Mare' do artista catalán Joan Pascual Roca. Ademais do autor da obra estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua Rial xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro por Camelle Juan Carlos Canosa Marcote que presentaba a inauguración. Ata a última fin de semana de marzo poderase visualizar o traballo deste artista catalán, que a través da técnica da pintura con tinta chinesa invita ao expectador a somerxerse dunha maneira case existencial no ecosistema mariño. Ao remate do acto de inauguración o artista non quixo perderse a oportunidade de fotografiarse xunto a estatua do Alemán de Camelle en homenaxe a Man cun grupo de visitantes de Baleares.

  • Próximos obradoiros de entroido no Museo Man de Camelle

    O Museo Man de Camelle, de Camariñas, organizará os días 2 e 3 de marzo uns obradoiros polo Entroido. O obxectivo principal do programa é o fomento da aprendizaxe mediante a experimentación persoal. As persoas inscritas poderán realizar máscaras ou un bálsamo labial libre de tóxicos. Tamén haberá xogos. Este compendio de actividades permitirán poñer en práctica as artes prácticas, pero tamén poñer en valor o consumo responsable.

  • O Museo Man de Camelle prepara obradoiros de Nadal para crear elementos decorativos

    O Museo Man de Camelle ofrece unha alternativa de ocio para a época de Nadal, organizando unha serie de obradoiros creativos para deseñar elementos decorativos. Están pensados para todos os públicos e levaranse a cabo desde o 21 de decembro ata o 4 de xaneiro.
  • O museo Man de Camelle acollerá unha exposición colectiva inspirada no vento e no mar

    Desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro o museo Man de Camelle acollerá a exposición ‘Viento y Mar’, unha mostra colectiva na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. A exposición está organizada en colaboración coa Conselleria de Cultura, Participació i esports de Baleares e o Institut d’estudis baleàrics grazas ao vínculo existente con Antoni Torrres Martorel, unha persoa moi vencellada ao noso municipio desde o desastre do Prestige.
  • O Museo Man de Camelle entra a formar parte da prestixiosa ‘European Outsider Art Asociation’

    O Museo Man de Camelle vén de ser aceptado como integrante da ‘European Outsider Art Asociation’, unha asociación europea de museos de arte marxinal que conta con 89 membros en total dos que unicamente 8 son exposicións españolas. No mes de outubro os responsables do Museo Man de Camelle presentaron a candidatura para que a obra de Manfred Gnädinger entrase a formar parte desta asociación co obxectivo de aumentar a difusión da colección do artista alemán afincado en Camariñas.
  • Xornada informativa "Microplásticos e Cosméticos" no Museo Man de Camelle

    Dende o Museo Man de Camelle, baixo o mando do concelleiro camellán Juan Carlos Canosa Marcote, continúan co gran traballo que están realizando difundindo os valores de vida que practicaba o Alemán de Camelle, Manfred Gnädinger. Así, os responsables deste museo camellán, sen dúbida o máis importante dos museos da Costa da Morte, veñen de anunciar unha XORNADA INFORMATIVA MICROPLÁSTICOS & COSMÉTICA que terá lugar o vindeiro sábado 24 de marzo ás 17:00h no primeiro andar do Museo Man de Camelle. A continuación poderedes consultar toda a información relativa á xornada, que complementa perfectamente á exposición temporal sobre AS ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS que se está celebrando dende o 22 de marzo ata o 08 de abril de 2018.
  • Áreas Mariñas Protexidas: Exposición no Museo de Man de Camelle

    Comprometidos por continuar difundindo os valores que defendía Manfred Gnädinger, con esta exposición adicada ás Áreas Mariñas Protexidas que está prevista para o 22 de marzo de 2018, a dirección do Museo Man de Camelle quere achegar o incuestionable patrimonio, tanto natural como cultural, que atesouran as áreas mariñas que temos o deber e a responsabilidade de cuidar.
  • O Concello de Camariñas conmemmora os 15 anos da morte de Man, o Alemán de Camelle

    Este próximo 28 de decembro cúmprense 15 anos do pasamento de Man, o alemán de Camelle. Na súa honra o Concello de Camariñas quere adicarlle un día especial para conmemorar o seu pasamento con unha serie de actividades para manter viva a súa memoria. Da man do gran artista de Marín Antón Sobral, o día 16 de decembro celebraranse no Museo Man de Camelle as seguintes actividades de acceso gratuíto:
  • EXPOSICIÓN DE LA ESCUELA DE ARTE DE VIMIANZO EN EL MUSEO MAN DE CAMELLE

    El viernes 14 de julio a las 20:30 horas, tendrá lugar la inauguración de la exposición que estará abierta al público, del 14 de julio al 15 de agosto en horario de apertura del Museo (Martes a Domingo de 11h a 14h y de 17h a 20h). El visitante podrá disfrutar de las obras de algunos alumnos de esta escuela.  Una pequeña muestra de los trabajos realizados a lo largo de los seis años que lleva en funcionamiento la escuela.  Una pequeña parte dedicada a tema marítimo. Otra parte al erotismo en el arte. Encontrará obras personales y alguna interpretación de obras consagradas. En cuanto a técnicas encontrarán óleos y acrílicos, en dibujo, grafitos, acuarelables, acuarela y grabado. Como se puntualiza, son muchos los alumnos y las obras a lo largo de seis fructíferos años, y como es imposible mostrar siquiera una pequeña parte se podrá contemplar un vídeo con imágenes de más obra e incluso de momentos vividos en el aula y fuera de ella. En esta escuela municipal no al uso, el nivel conseguido es tan alto y la sala de exposiciones es un espacio tan magnífico que el disfrute de los sentidos de todo aquel que se acerque a disfrutarlo, está garantizado.
    Cartel exposición Escola de Arte de Vimianzo no Museo Man de Camelle
    Cartel exposición Escola de Arte de Vimianzo no Museo Man de Camelle
  • O Concello de Camariñas prepara un roteiro para coñecer o legado de Man

    O Concello de Camariñas prepara varias actividades durante o vindeiro mes de abril relacionadas co Alemán de Camelle. Os sábados 8 e 15 de abril levarase a cabo a actividade “Descubrindo a Manfred Gnädinger”, un roteiro de catro quilómetros para coñecer o legado do artista. A saída está prevista para as dez da mañá no Museo de Man e rematará despois das dúas da tarde no xardín museo que construiu o artista.