• Primeira exposición na Lonxa Vella de Camariñas

    Este vindeiro sábado, 2 de Outubro, ás 12:00 horas, a Lonxa Vella de Camariñas acollerá a inauguración da instalación “Nit Mediterrània” do artista pitiuso Ángel Zabala. Esta estará constituída por unha única peza que invita a reflexionar sobre o drama da emigración ilegal e das duras condicións que sofren durante a viaxe os milleiros de persoas que atravesan o mar na procura de unha vida mellor.

    Deste xeito, a peza estará instalada no interior do edificio e poderase ver dende o exterior a través de un cristal instalado previamente. O artista escolleu a vila de Camariñas para exhibila debido a que esta é unha terra de naufraxios o cal potencia a sensibilidade da obra podendo acadar un maior impacto no espectador.

    A peza estará exposta de forma indefinida no edificio que nun futuro próximo acollera o Museo dos Naufraxios.

     

    AngelZabala_2.jpeg

    AngelZabala_4.jpeg

  • “Beti Donosti” nome da futura sala permanente do Auditorio do Mar.

    Nos últimos anos o Concello de Camariñas está a renomear diferentes espazos a partir dos seus habitantes máis senlleiros. Aconteceu co pavillón municipal que hoxe por hoxe leva o nome do xogador de balonmán Víctor Vigo, ou a sala do museo do Encaixe coa mestra de palillo Raquel Moreira.

  • O Concello de Camariñas proxecta transformar a Lonxa Vella nun Museo dos Naufraxios

    O goberno local de Camariñas pretende darlle vida á Lonxa Vella transformando o antigo edificio no Museo dos Naufraxios. Para iso, primeiro necesita que a Xunta de Galicia efectúe a transferencia da titularidade do inmoble, que se atopa actualmente baleiro e en estado ruinoso.